Recitar textos literarios Con frecuencia, os textos literarios transmiten ideas e emocións que fan reflexionar o público lector sobre determinados comportamentos e actitudes, e animan a cambialos. Atrevédesvos a organizar un recital de textos literarios que contribúa a fomentar o amor pola natureza e a necesidade de coidala? 1 BUSCA na biblioteca ou en Internet poemas e outros textos literarios que che gusten e que falen sobre a natureza e sobre a necesidade de protexela. 2 SELECCIONA o texto ou os textos con que che gustaría participar no recital e compárteos coa clase. Entre todas e todos seleccionade o texto ou o fragmento que vai recitar cada un procurando que non haxa repeticións. Agrupade os textos por temáticas e decidide a orde en que se vai recitar cada texto. 3 PREPARA a recitación do teu texto seguindo os seguintes pasos. 1. Busca o significado das palabras ou das expresións que non coñeces para entender ben o texto. 2. Fíxate nos signos de puntuación: onde cómpre facer pausas?, como de longas teñen que ser?, hai signos de interrogación ou de admiración?, como debemos ler a oración nestes casos?... 3. Reflexiona e decide. Que partes do texto che gustaría destacar? Por que? Que emoción vas intentar transmitir? Como o vas facer? 4. Le en voz alta o teu texto, tendo en conta o traballo feito nos pasos anteriores, ata que o memorices. 5. Ensaia a recitación diante doutros compañeiros e compañeiras, e pídelles que a valoren. Como poderías mellorala? 4 CONVIDADE o alumnado de Primaria do colexio ao voso recital de textos literarios. Podedes facer carteis indicando o lugar, o día e a hora en que se vai celebrar, e apegalos en diferentes partes do colexio. 5 RECITADE os vosos textos diante do alumnado. Que vos pareceu a experiencia? P A S A Á A C C I Ó N 1 Se queredes, podedes ler un mesmo texto entre varias persoas. X o v e s á s 1 2 h o r a s n a a u l a d e 5 . º A G R A N R E C I T A L L I T E R A R I O P O L A N A T U R E Z A Non o perdades! 19
RkJQdWJsaXNoZXIy