75 UNIDADE 1. Pode desaparecer unha illa? BREIXO. Ei! Ola, Sabela. Vés xogar connosco? SABELA. Grazas, Breixo, agora non. É que estou superintrigada con este libro e quero ver se o acabo. BREIXO. A ver… Como se titula? SABELA. O misterio da Atlántida. BREIXO. E de que trata, que te ten tan intrigada? SABELA. Pois fala dunha illa moi antiga, chamada Atlántida, que segundo parece desapareceu. BREIXO. Que desapareceu? Si, ho! Que pasa, que era de sal e diluíuse no mar ou que? Ha, ha, ha! SABELA. Non, sabichón. En moitos escritos antigos, mesmo de filósofos tan importantes como Platón, refírense a ela…, aínda que ninguén di onde se atopaba nin figura en ningún mapa da época. Por i so, moi tos pensan que é só unha lenda. Pero neste libro explícase que si que hai a posibilidade de que existise e desaparecese a causa dunha subida brusca do nivel do mar por mor dalgunha erupción volcánica submarina ou dalgún terremoto. BREIXO. E iso é posible? SABELA. Éche! De feito, agora estaba lendo que na actual idade tamén hai i l las que desapareceron ou que están a punto de facelo. BREIXO. Pero que dis? SABELA. Como o oes. Segundo parece, o aumento do nivel do mar, provocado polo desxeo dos polos e o quecemento global, fixo desaparecer, por exemplo, algunhas illas de Indonesia e polo menos cinco das illas Salomón, en Oceanía. BREIXO. Recoiro! E a xente que vivía nelas, que fixo? SABELA. Moitas non estaban habitadas, pero nas que si o estaban, as persoas que vivían aí tiveron que deixalo todo e marchar a vivir a outro lugar, claro… BREIXO. Miña nai! Escoita, penso que, se non che importa, deixo o balón e vou onda ti acabar de ler o libro, que é superinteresante! SABELA . Ha, ha, ha! Xa sabía que ías acabar enganchado. Pois aquí te espero! Non tardes. BREIXO. Nin un minuto! Deica agora! UNIDADE 2. De quen é o mar? VOZ EN OFF. Mar Aberto, un podcast para somerxerte nos problemas de mares e océanos. Con Mariña Veiga e Cibrán Ríos. MARIÑA. Nos últimos trinta anos, o consumo de peixe duplicouse en todo o mundo. Segundo a FAO, a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura, o noventa por cento das reservas de peixes padecen sobreexplotación, é dicir, captúranse máis peixes do s que na cen e , po l o t an t o, a s poboa c i ón s non t eñen tempo de se rexeneraren. CIBRÁN. Se todo cont inúa así, moi tas das especies que forman parte da nosa dieta, como a pescada, o bacallau e o atún, desaparecerán en poucos anos. E preguntarédesvos: non hai leis que regulan a actividade pesqueira? Pois si. Desde 1982 existe a Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos do Mar, que contén unha serie de normas e de leis acordadas entre máis de 130 países para regular a explotación dos recursos mariños. O problema é quen se encarga de facer cumprir estas leis. MARIÑA . En principio, os países con saída ao mar son os responsables de que a explotación de recursos que se leva a cabo desde a súa liña de costa ata a uns 370 quilómetros mar aberto se faga de acordo con estas normas e leis. Aínda as í , o mar é moi to má i s extenso. . . Daque l a , que pasa coas zonas que non pertencen a ningún país, as chamadas augas internacionais? CIBRÁN. Po i s que , ao se ren augas « l i b res» , n i nguén se quere facer responsable. E iso permite que algúns barcos, de xeito ilegal, capturen alí máis peixes dos que están permitidos, mesmo especies protexidas, ou que utilizan técnicas moi agresivas co medio mariño que están prohibidas, como o uso de explosivos. MARIÑA . Solucións? Ademais de esixirlles aos gobernos do mundo qu e s e i mp l i qu e n n a p ro t e cc i ón d e ma re s e océanos, podemos intentar facer un consumo máis res - ponsable de peixe comprobando, na medida do posible, que sexan peixes capturados en augas próximas, que non se atopen en perigo de extinción e que sexan adultos. CIBRÁN. E isto é todo por hoxe. Agardamos que a información deste podcast vos resultase interesante e que volvades oírnos a vindeira semana nun novo episodio de Mar Aberto. Deica logo! MARIÑA. Aburiño! UNIDADE 3. É verdade ou é lenda? MONITORA . Bo día a todos e a todas! Por fin chegou o momento que tanto agardastes: hoxe ides facer a vosa primeira inmersión no mar! NENAS E NENOS. Ben! Fantástico! Que marabilla! MONITORA . Pero antes de mergullarnos, gustaríame facervos unha advertencia importante. Oístes falar algunha vez de Ofidia? NENAS E NENOS. Ofidia? Non. Non nos soa. Quen é? MONITORA. Ofidia é o monstro mariño máis temido polos submarinistas. Segundo contan, vive nas profundidades Gravacións
RkJQdWJsaXNoZXIy