247268

3 Ruta de aprendizaxe para construír un mundo mellor Seguro que moitas veces soñaches con vivir nun mundo mellor. A boa noticia é que ti podes construír ese mundo. Ao longo do curso vas compartir cos compañeiros e coas compañeiras moitas ideas para conseguilo. Non esquezas que tes nas mans un poderoso instrumento: a lingua que empregas para comunicarte. Para conseguilo, en cada unidade vas seguir esta ruta: Ao final de cada trimestre implicaraste nun proxecto de traballo en equipo relacionado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible: un reto en que poderás achegar o teu gran de area para construír un mundo mellor. Apúntaste? 1 A partir dunha situación de aprendizaxe, próxima a ti e ao mundo que te arrodea, debaterás cos compañeiros e coas compañeiras, escoitarás unha gravación relacionada co tema e expresarás as túas ideas e opinións. 3 Tamén coñecerás con máis profundidade tres Ferramentas de Lingua indispensables para comunicarte: o vocabulario, a ortografía e a gramática. E descubrirás trucos infalibles para gozar ao máximo da literatura e analizar con fiabilidade a información que te arrodea. A continuación pasarás á acción e aplicarás as túas habilidades e os teus coñecementos na elaboración de propostas, orais e escritas, con que poderás transformar a túa contorna. 2 En cada unidade lerás diferentes tipos de textos: contos, narracións, textos teatrais, fichas, informes, entrevistas..., a partir dos cales comprenderás o mundo que te arrodea e desenvolverás a túa creatividade. Ao acabar comprobarás o teu progreso. Poderás aplicar o que aprendiches, organizar as ideas e, sobre todo, valorar a túa aprendizaxe. Non te preocupes se non o fixeches tan ben como esperabas: para aprender cómpre tempo. E lembra: ti podes facelo! 5 4

RkJQdWJsaXNoZXIy