Pode desaparecer unha illa? PREGÚNTATE SOBRE O TEMA Por que motivos podería desaparecer unha illa? Como lles afectaría iso ás persoas? E aos demais seres vivos? Onde podería producirse tamén este fenómeno: na costa ou no interior dos continentes? Por que? Que podemos facer as persoas para solucionar este problema? Organizade un debate sobre o tema. Antes de nada elixide a persoa que vai moderar o debate. Escoitamos e falamos ESCOI TA CON ATENCIÓN Que libro le Sabela? De que trata? Que información sorprende máis a Breixo? E a ti? Por que? Que relación hai entre a desaparición da Atlántida e o que pasa agora con algunhas illas de Indonesia e Oceanía? PENSA E COMENTA Gustaríache vivir nunha illa? Por que? Di polo menos dúas vantaxes e dous inconvenientes de vivir aí. S I T U A C I Ó N D E A P R E N D I Z A X E Reflexionamos e opinamos
RkJQdWJsaXNoZXIy