247268

Aninovo en Kiribati –Bos días! Que tal foi a viaxe? O meu nome é Carmucha e quero dar vos a benvida á Il la de Arousa . Son mari scadora de a pé e vouvos ensinar en que consiste o noso oficio. Gústavos o marisco? Un siiiiiiiiiiiiiii entusiasta atronou na praia . Era un día solleiro de primavera e o alumnado de 5.º reloucaba de contento con aquela excursión que os levara a un areal inmenso cheo de algas e de cunchas. Abandonar as aulas –coas súas fraccións, acentos, divisións, nomes de serras e ditongos– sempre era unha noticia estupenda! Carmucha sorriu desde as súas botas e o seu traxe de augas. –Vexo que sodes de bo dente. Hoxe imos aprender a diferenciar as cunchas dos distintos moluscos e tamén as ferramentas para apañalos. Este é un salabardo e aí tedes un angazo e mais un sacho. Ser ven para coller ameixas e berberechos. –A min sábenme os berberechos! Comeríaos a centos! –berrou Brais. –Pois atrás dos berberechos haivos moito traballiño. Por riba , os bancos marisqueiros deben afrontar ameazas como a contaminación , o furtivismo, os recheos, os incendios, as especies invasoras, as mareas vermellas… –E o bibitaken kanoan boong… Viráronse todos, sorprendidos, cara a aquela voz que non sentiran nunca . As pal abras saíran da bo ca de Marí a , a nena nova que chegara habí a uns meses ao colexio. A mestra dicía que viña de lonxe e que entendía moi ben galego porque a súa avoa era de Mazaricos, pero xamais falaba . C l a v e s d e L E C TURA As intervencións dos personaxes Nos contos, é habitual que os personaxes falen no medio do relato. Estas intervencións van precedidas dunha raia (–), e poden servir para romper fragmentos longos de narración, anunciar cambios que fan avanzar a historia ou introducir explicacións relacionadas coa acción. Localiza no texto as diversas intervencións dos personaxes e di que función cres que realiza cada unha. C O N T O COMPETENCI A INTERCULTURAL 8

RkJQdWJsaXNoZXIy