Este libro é unha obra colectiva concibida , deseñada e creada no Depar tamento de Edicións de Santillana / Obradoiro, baixo a dirección de Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo. Na súa elaboración par ticiparon: Ánxela Carril Caldelas Rafael For tes Otero Paula López Hor tas Sagrario Luna Rodríguez Irene Penas Murias Afonso Toimil Castro ILUSTR ACIÓN José María Lema EDICIÓN EXECUTIVA Afonso Toimil Castro DIRECCIÓN DO PROXECTO Ana María Guerra Cañizo As actividades deste libro non deben ser realizadas en ningún caso no propio libro. As táboas, esquemas e outros recursos que se inclúen son modelos que deberán ser trasladados a un caderno. 1 E S O Lingua e Literatura
Unidade COMUNICACIÓN FERRAMENTAS LINGÜÍSTICAS Temas de hoxe A comuni cac i ón e os textos Competenc i a l ectora Expres i ón ora l e escr i ta Vocabul ar i o Or tograf í a Gramát i ca 1 6 Xogamos? A comunicación Volver á casa, Ledicia Costas Presentámonos Os dicionarios Normas xerais de acentuación A palabra. Clases e constituíntes 2 26 A escena! A comunicación oral. Tipos Arbigaldo o mago, Carlos López Realizar unha entrevista As palabras no dicionario Acentuación de ditongos, tritongos e hiatos Os sintagmas 3 46 Iguais e diferentes O texto como unidade de comunicación Bolboreta, María Reimóndez Elaborar un cartel Os dicionarios dixitais O acento diacrítico A oración. Suxeito e predicado 4 66 Nas rúas O texto e os seus tipos O Xordo de Churide, Héctor Cajaraville Escribir unha biografía Sentido literal e sentido figurado Sons e letras Clases de oracións O B S E R V AT O R I O L I N G Ü Í S T I C O : Diversidade cultural e lingüística 8 6 O galego e a lusofonía 8 8 5 90 O mar de todos A narración O Lorcho, Manuel Núñez Singala Narrar en directo A connotación. Palabras tabú e eufemismos O son B. A grafía b O substantivo 6 110 Club de lectura A narración persoal e xornalística Envío das caixas, Paula Carballeira Escribir un correo electrónico Palabras monosémicas e polisémicas O son B. A grafía v O adxectivo cualificativo 7 130 A música das palabras A descrición A lingua e as robots, Daniel Asorey Describir un ser fantástico Palabras sinónimas e antónimas A grafía h Os determi- nantes (I) 8 150 Cousas de familia A descrición de persoas e de lugares Ambiente de velorio, Rosa Aneiros Elaborar un retrato A grafía x. O dígrafo ll Os determinantes (II) O B S E R V AT O R I O L I N G Ü Í S T I C O : Variación lingüística (I). Niveis e rexistros 1 6 8 Variación lingüística (II). Dialectos 1 7 0 9 172 Campioas e campións O diálogo A vella gravadora, María Solar Celebrar un debate Palabras homónimas Signos que limitan enunciados Os pronomes 10 194 Polo planeta! A exposición Reciclar ben Facer unha exposición oral Hipónimos e hiperónimos A coma e o punto e coma O verbo 11 214 En Rede Linguaxe e Internet Co corazón nun puño, Eva Mejuto Escribir unha conversa en Rede Os dous puntos e a raia A conxugación verbal 12 234 Día das Letras Os xéneros xornalísticos Tanxugueiras, palabra do ano 2021, xa está… Elaborar unha reportaxe O campo léxico e a familia de palabras As parénteses e as comiñas Outras clases de palabras O B S E R V AT O R I O L I N G Ü Í S T I C O : Usos e actitudes lingüísticos 2 5 4 O galego na actualidade 2 5 6 Índice SUXEITO A REVISIÓN* 2
S I T U A C I Ó N D E A P R E N D I Z A X E EDUCACIÓN LITERARIA S I T U A C I Ó N D E A P R E N D I Z A X E L i teratura Banco de textos Un espazo para todos? (Facer sinais con pictogramas para colocalos no centro) A literatura Sara, Elvira Riveiro Tobío Unha biblioteca extraordinaria, Carlos López Taylor, Berta Dávila Porfilla un libro (Facer un vídeo en que se recomenda a lectura dun libro) Tes enxeño? (Participar nun concurso de lipogramas) A literatura popular As tres verdades máis grandes…, Antonio Reigosa Fisterra, Canción popular Dúas coplas populares Un karaoke na aula (Elaborar unha lista de reprodución de cántigas) Está claro? (Realizar unha infografía dun contido académico) Os recursos estilísticos Unha volta á cidade, Gianni Rodari Consumo, María Reimóndez Lóstrego, Santiago Freire Dálle publicidade (Elaborar slogans que conteñan recursos estilísticos) Todo un plan! (Elaborar un proxecto de revista escolar) Os xéneros literarios Encontro no bosque, Manuel Lourenzo Flor de toxo, Pura Vázquez O pintor hipocondríaco, Emma Pedreira Do anuncio ao texto literario (Escribir un microrrelato literario a partir dun anuncio) Anímate! (Preparar a imitación dun personaxe e presentala) Os grandes temas literarios Carballos de Carballido, Eduardo Pondal Prego a unha fonte, Eduardo Blanco Amor Repasando a axenda, Carlos Negro Sar, Ana María Fernández De que vai? (Identificar temas universais e tópicos literarios en cancións e poemas galegos) Atrevédesvos? (Escribir un relato de suspense, gravalo en vídeo e editalo) Os personaxes literarios Investigando personaxes, María Canosa A directora Trunchbull, Roald Dahl Protagonista ou antagonista? (Crear un personaxe fantástico e convertelo en protagonista ou antagonista dunha historia) Que dicir? (Escribir unha entrada dun blog) A narrativa A historia do espírito de contradición, Gloria Sánchez Un relato sorprendente, Héctor Cajaraville Estache ben o conto! (Escribir unha narración breve para participar nun concurso) Non esaxeras? (Elaborar a túa propia caricatura) Os subxéneros narrativos Os tres herdeiros, H. Harguindey e Maruxa Barrio Os montes Oural e Dourán, Mini e Mero Reencontro, Anxo Fariña Seres míticos galegos (Realizar unha presentación dixital de seres da nosa mitoloxía) Practica! (Representar un soliloquio sobre unha inquietude persoal ) O cómic ou banda deseñada Cousas de indianos, Antonio Seijas Con imaxes (Elaborar un cómic a partir dun texto narrativo) Todo un honor! (Realizar un mural dixital sobre mulleres galegas sobresaíntes) A lírica A gaita galega, Valentín Lamas Carvajal Aromas, An Alfaya Hai moitos ollos…, Antonio G. Teijeiro A vida é dura ou branda?, Baldo Ramos Anicada…, Ana Romaní Dádelle ritmo (Preparar o recitado dun poema a ritmo de rap) Con sentidiño! (Preparar un vídeo de boas prácticas en Internet) A lírica. Formas e tradicións Cántigas de desafío, Popular A lúa da nena pobre, Pepe Cáccamo Cans, Manuel María Romance da lavandeira, Popular Oda á filloa, Marica Campo Cambio de molde (Reescribir un poema empregando unha estrofa distinta) Detectives en acción! (Elaborar unha guía antitrolas para detectar noticias falsas) O teatro Carabela na Illa de Plásticos, Paula Carballeira Acto primeiro, Manuel Núñez Singala Ábrese o pano! (Organizar a representación dun texto cómico) A P É N D I C E S : Cadros gramaticais 2 6 0 Verbos regulares 2 6 0 Verbos irregulares 2 6 5 SUXEITO A REVISIÓN* 3
4 Aprender lingua é un longo camiño que se percorre CONSTRUÍNDO MUNDOS máis equitativos, máis xustos, máis sostibles. Para conseguilo propoñémosche un itinerario con diferentes fitos. Itinerario didáctico A partir dun TEMA DE HOXE, próximo á túa realidade e intereses, poderás traballar as destrezas comunicativas. #Polo planeta!, #O mar de todos, #Iguais e diferentes ou #A música das palabras son algúns deses temas. Moitos están relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e farante partícipe da construción dun mundo mellor. A competencia lectora, o coñecemento dos diferentes tipos de textos e a súas características, os contidos léxicos, ortográficos e gramaticais convértense en aprendizaxes ao servizo da túa competencia comunicativa. As PROPOSTAS DE TRABALLO da sección NA PRÁCTICA vanche ofrecer a posibilidade de aplicar todo o que vas aprendendo. Un espazo para todas as persoas?, Con sentidiño!, Detectives en acción!… son exemplos de situacións que serven para contextualizar e integrar as túas aprendizaxes e que che van permitir, por exemplo, elaborar sinais de pictogramas para facer o teu centro máis inclusivo, elaborar unha guía para detectar noticias falsas… APERTURA DE UNIDADE 1 CONTIDOS Lingua 2 SITUACIÓN DE APRENDIZAXE Lingua 3
5 OBSERVATORIO LINGÜÍSTICO 7 E ao final de cada trimestre vas coñecer a relación que manteñen os falantes coa súa lingua, a través dun observatorio lingüístico en que che propoñemos contidos como a diversidade cultural e lingüística, os usos e as actitudes lingüísticos dos falantes de galego, as variedades lingüísticas da nosa lingua ou a relación do galego coa lusofonía. As características da linguaxe literaria e dos diferentes xéneros, así como o achegamento ao cómic ou banda deseñada forman parte dos contidos que irás adquirindo este curso. Estes contidos vanche dar a posibilidade de realizar un produto ao finalizar cada unidade. Situacións relacionadas co teu mundo vanche servir de contexto ás túas producións. Vas elaborar unha lista de reprodución de cántigas populares, escribir un microrrelato partindo dun anuncio, facer unha presentación dixital de seres da nosa mitoloxía… todo a partir de situacións que te van conectar co mundo da literatura. Propoñémosche a revisión persoal da túa aprendizaxe a través de preguntas, da utilización dun porfolio persoal e da aplicación dos coñecementos a un texto. CONTIDOS Literatura 4 SITUACIÓN DE APRENDIZAXE Literatura 5 PECHE DE UNIDADE 6
1 U N I D A D E L I T E R AT U R A. C o n t i d o s Que é a literatura? Características das obras literarias Funcións da literatura S I T UAC I Ó N D E A P R E N D I Z A X E Porfilla un libro L I N G UA. C o n t i d o s A comunicación Presentámonos Os dicionarios Normas xerais de acentuación A palabra. Clases e constituíntes S I T UAC I Ó N D E A P R E N D I Z A X E Un espazo para todas as persoas? 6
A L I N G UA PA R A C R E A R O programa «Girl STEM: derrubando estereotipos» ten por obxectivo promover, entre o alumnado feminino, os estudos nos eidos STEM (polas súas siglas en inglés, Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas). Coñecías esta iniciativa? Que sabías dela? Investiga e toma notas. – Busca información en Internet. – Fíxate ben en que consiste o programa, quen lle dá apoio, que actividades se están levando a cabo… Escribe un breve texto en que expliques con detalle a información da túa pescuda. A L I N G UA PA R A CO M PA R T I R Que datos sobre Dhaunae de Vir che resultan máis curiosos? Paréceche interesante a súa vida profesional? Por que? Que lle preguntarías a Dhaunae de Vir nunha entrevista? Comenta coa clase. – Que sabes sobre os deportes electrónicos? – Es afeccionado ou afeccionada a eles? – Segues as competicións nalgunha plataforma? En cal? A L I N G UA PA R A E X P R E S A R M E M E L L O R Estas son algunhas palabras e expresións que podes utilizar para falar do mundo dixital: ciberespazo cibernauta navegador buscador aplicación portal transmedia realidade virtual / aumentada / mixta intelixencia artificial Busca entrevistas con Dhaunae de Vir en Internet e leas para coñecela mellor. Xogamos? # Dhaunae de Vir Datos biográficos: pasou a súa infancia e mocidade no concello lugués de Cer vantes, na comarca dos Ancares. Tras rematar os seus estudos de ADE e de Enxeñaría Informática, trasladouse a Londres. Traxectoria profesional: empresaria, deseñadora e produtora de videoxogos, series en liña e xogos de rol. É unha recoñecida especialista en deportes electrónicos, ademais de ser tamén moi afeccionada a eles. Conta co prestixioso premio BAFTA New Talent, concedido pola Academia do Cine e a Televisión Británica. Realiza un g ran labor en dar visibilidade aos traballos das mulleres na industria do videoxogo. Así mesmo, forma parte do Comité de Sabias da Cátedra Feminismos 4.0. 7 P l a n d e T a l e n t o D i x i t a l , D i g i t a l e n t 2 0 2 0 A SOC I AC I ON DE EMPR E S A S GALEGAS DE SOFTWARE LIBRE DERRUBANDO ESTEREOTIPOS P R O G R A M A PA R A I N C E N T I VA R O TA L E N TO ST E M N AS R A PA Z AS
COMUNICACIÓN A comunicación Que é a comunicación? A comunicación é o proceso polo que un emisor lle transmite unha mensaxe a un receptor. Nun acto de comunicación , que consiste no intercambio de información entre dúas ou máis persoas, inter veñen varios elementos: o emisor, quen elabora e transmit e a mensaxe; o receptor, a persoa que recibe a mensaxe; a mensaxe, a información que se comunica ; a canle, a vía ou medio polo que se transmite a mensaxe; e o código, o sistema de signos que permite elaborar a mensaxe. O código Un dos elementos fundamentais da comunicación é o código, un conxunto de signos que permite transmitir e recibir mensaxes. As palabras, os xestos, os sinais, etc., que empregamos en cada caso para compoñer mensaxes son os signos que forman os códigos. Os códigos poden ser verbais ou non verbais. Por exemplo, se nos preguntan se queremos algo e negamos coa cabeza , estamos transmitindo unha infor - mación a través dun código non verbal: utilizamos un código xestual . Pero se, en lugar diso, contestamos «Non, grazas», empregamos un código verbal. Tipos de códigos Signos que os forman Exemplos Verbais Signos lingüísticos: palabras. Linguas ou idiomas, lingua de signos, braille. Non verbais Imaxes, movementos, olores, sons. Xeroglíficos, código morse, sinais de circulación, sistemas de comunicación dos animais… Linguaxe e lingua O código principal de cantos se utilizan na comunicación humana é a lingua . Unha lingua é un código verbal compartido por unha comunidade de falantes. Está integrada por sons e grafías que se combinan segundo unhas nor - mas det erminadas, e permít enos expresarnos de xeito oral ou por escrito. Trátase do sistema de comunicación máis potente e f lexible que existe, capaz de transmitir mensaxes moi elaboradas e complexas. A capacidade dos seres humanos para comunicarse mediante signos e, polo tanto, mediante códigos, é a linguaxe. Linguaxe e lingua son dous conceptos diferentes. A nosa capacidade para comunicarnos a través dun código, sexa do tipo que sexa (verbal , xestual , de movementos, imaxes, etc.), é a linguaxe. A lingua é un dos múltiples códigos que podemos utilizar para poñer en práctica esa capacidade. 1. 2. 3. A danza das abellas Os códigos dos animais non sempre son acústicos. As abellas, por exemplo, utilizan danzas e movementos corporais para comunicar o lugar e a distancia a que se atopa a fonte de alimento (as flores). Mensaxe Canle Código Receptor Emisor 8 L I N G U A
1 Proposta de traballo 2 NA PRÁCTICA Investiga e interpreta. Busca en Google-Imaxes o código internacional de bandeiras náuticas. Descifra a seguinte mensaxe e escríbea no caderno. Proposta de trabal lo 1 Escolle unha das dúas imaxes de abaixo e resolve as cuestións. Inventa un diálogo e identifica os distintos elementos que se poden recoñecer no acto comunicativo. P i d e v o l u n t a r i o s p a r a r e p r e s e n t a r o t e u d i á l o g o d i a n t e d a c l a s e e p a r t i c i p a n o d i á l o g o q u e e s c r i b i s e n outras compañeiras ou compañeiros. Reflexiona e responde as preguntas que se formulan debaixo da imaxe que escolliches. Imaxina que a nena ou un dos rapaces ten dificultades para oír, pero sabe ler nos labios. De que maneira a máscara sanitaria complica a comunicación para ela ou para el? Que forma de comunicación podería facilitar o diálogo entre eles? Trátase dunha forma de comunicación verbal ou non verbal? Que vantaxe e que inconveniente teñen as plataformas de comunicación en liña? Coñeces estoutras canles de comunicación virtual: o foro, o blog e a conversa en Rede? Infórmate e define cada unha brevemente. Que prefires: o ensino telemático ou o presencial? Razoa a resposta. Entre toda a clase, inventade un código secreto para comunicarvos por escrito. Elixide unha figura xeométrica para representar cada letra do alfabeto. Nunha cartolina grande, escribide as letras e, ao seu carón, o símbolo correspondente. Apegade a cartolina nunha parede da aula. Xogade en grupo ás mensaxes secretas. Cada grupo escribirá a súa co alfabeto xeométrico. Ao rematar, intercambiarédelas co equipo veciño. Gañará o equipo que antes adiviñe a que lle tocase. Proposta de traballo 3 A B 9 L I N G U A
COMPETENCIA LECTORA Deume un bico na fronte, revolveume o pelo de xeito agarimoso e foi facer un recado. Eu continuei xogando, marabi l lada con aquel reino. Faltábanme aínda sete energilunas. Eran necesarias para activar a aeronave e voar ata o seguinte mundo, un reino ambientado nun bosque misterioso. Nadei , procurei burbullas de osíxeno, collín centos de moedas, falei con sereas, matei ducias de inimigos… Tamén morrín un par de veces, pero iso non me preocupaba demasiado por - que sempre resucitas e tes oportunidades ilimitadas para intentalo de novo. De súpeto, oín a chave na porta , apaguei a tele a toda velocidade, corrín ao meu cuarto e sentei no escritorio. Finxín que estaba facendo os deberes de inglés. Canto me arrepinto agora de todo iso. –Todo ben? –preguntoume mamá despoi s de petar suavemente na porta . –Todo xenial –contesteille, forzando un sorriso. Horas despoi s, xa na cama e con toda a casa en silencio, era incapaz de conciliar o sono. Ocorréuseme ir ao salón , poñer a tele moi baixiña e xogar un anaco máis. Só ata que me empezasen a pesar as pálpeb ra s . S e n t e i n o s o f á c o m a n d o n a m a n , t a p e i m e cunha manta e continuei a aventura que dei xara a medias. A aeronave cruzou o ceo ata chegar ao reino do b o squ e . Habí a f l ore s e xó t i ca s , mo i t a s á rb ore s , unha esfinxe e coellos que corrían por todas as par - tes. Parecía tan real que era coma se estivese alí , respirando o aire puro daquel lugar. Daquela sentín que me empezaban a picar os brazos e as pernas. Estaba Volver á casa –Cantas horas levas xogando á videoconsola? O ín a mamá formul ar a pregunta , mai s estaba tan c on c entrad a no qu e su c edí a na p ant a l l a qu e non contestei . Premín o botón de di sparo para lanzar o sombreiro polo aire e matar un Koopa Troopa que viña directo cara a min . Zas! Morto. –S of í a , acabo de facerche unha pregunta –insi stiu algo molesta . –Corenta e cinco minutos –disimulei eu sen apartar a vista da pantalla . S abí a qu e o l ími t e e ra unha hora . Pa ra mamá e ra unha especie de barreira temporal . Coma se me fosen saír antenas ou se me fosen pixeli zar os brazos ao pasar dos sesenta minutos co mando na man . Por iso mentín . Naquel momento non me pareceu unha mentira de especial importancia . Fixérao tantas veces que xa era un costume. A ver, quen non dixo algunha vez unha pequena trola deste tipo cando está xogando á videoconsola? A verdade é que non sabía canto tempo levaba . Máis de tres horas, iso seguro. –Creo qu e deb er í as ir parando. Por hoxe xa e stiv o ben . –S ó un chi s c o má i s . At a qu e remat e e st e mundo . Mira, que bonito, é un reino mergullado nun lago –dixen , tratando de abrandala un pouco. Sabía que lle ía gustar aquela fase, era preciosa . Había sereas, criaturas mariñas xigantes, pei xiños sobre o s qu e p o dí a s v i a xar, f ont e s d e au ga , i l l a s… E todo iluminado polos lampexos do sol na auga . –Pois si que é bonito –admitiu–. Quince minutos e paras, vale? –Prometido. 10 L I N G U A
A AUTORA Ledicia Costas ( Vigo, 1979) é avogada por formación e soñadora por vocación. Na súa adolescencia viu publicada a súa primeira obra (Unha estrela no vento) e xa non puido deixar de escribir ata chegar a converter o seu xeito de entender a vida na súa profesión. Devoradora de libros desde moi nena, cre que esas lecturas da infancia marcaron o seu futuro. Encántanlle as historias de bruxas, fantasmas e cemiterios, e confesa ter fotos en moitos de diversas partes do mundo. Entre os numerosos premios recibidos, hai que destacar o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (Escarlatina, a cociñeira defunta), o Lazarillo de Creación Literaria (Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta) e o Losada Diéguez (Un animal chamado néboa). 1 t an m e t i d a n o xo go qu e n on l l e d e i imp o r t an c i a , pero chegou un momento en que o proído resultaba imposible de aturar. Mais a miña voz soaba metálica , semellaba a dun robot. Todo empezou a dar voltas ao meu redor. A sensación era rarí sima , coma se estivese en caída libre dentro dunha espiral de cores. Berrei chamando pola miña nai , pero non acudiu . Sentinme moi soa , á intemperie. Lembro que perdín o sentido. Cando acordei , xa non estaba no salón da miña casa . Camiñaba p or un b o squ e m e sto , ond e habí a f l ore s e xó t i ca s , coel los, moitas árbores, unha esf inxe e energi lunas. Un Koopa Troopa corría directo cara a min con int e n c i ó n s s o s p e i t o s a s . S a q u e i o m e u s o m b r e i r o , lanceino polo aire e deille de cheo. Zas! Morto. Desde entón , vivo neste bosque, agardando que alguén acenda a videoconsola e xogue comigo. Boto de menos a miña nai , os meus amigos, o instituto… Boto de menos a vida de verdade. Teño frío e medo. Mamá, podes oírme? Quero volver á casa. Mamá? Mamaaaaá! Ledicia Costas OBTER INFORMACIÓN 1 Responde. Como se chama a protagonista? En que ocupa gran parte do seu tempo libre? Canto tempo lle permitía súa nai xogar coa videoconsola? Era moi estrita a nai cos límites? Por que o cres así? 2 E xplica o significado destas expresións do texto. Era incapaz de conciliar o sono. Sentinme moi soa, á intemperie. Estaba tan metida no xogo que non lle dei importancia. Dixen, tratando de abrandala un pouco. 3 Cres que estas afirmacións poden aplicárselle á protagonista? Xustifica en cada caso. É unha rapaza de palabra. É unha apaixonada da lectura. É moi afeccionada aos videoxogos. É unha rapaza sincera. C O M P R E N S I Ó N E A N Á L I S E D O T E X T O 11 L I N G U A
A DEBATE Falade sobre a vosa experiencia cos videoxogos. Tratade cuestións coma estas: Canto tempo dedicades a xogar á semana. Se, con frecuencia, vos deixades levar e estades moito tempo xogando. Se o uso da videoconsola vos creou problemas na casa ou no centro onde estudades. COMPETENCIA LECTORA S O M O S L I N G U A Nomes especialmente suxestivos Koopa Troopa e energi lunas son nomes que contribúen a transpor - tarnos aos universos fantásticos dos videoxogos. En parellas, inventade nomes enxeñosos e creativos para personaxes, lugares, obxectos, vehículos ou máquinas. Ademais, dicide que é e explicade brevemente a súa función no xogo. INTEGRAR E INTERPRETAR A INFORMACIÓN 4 Di o que ocorre en cada escena e explica o que acontece entre estes dous momentos da historia. 5 A narradora protagonista conta os feitos e, á vez, realiza comentarios ou expresa opinións sobre eles. Anota exemplos do texto en que suceda isto último. 6 Localiza as referencias temporais do texto e explica como discorre o tempo na vida real e na mente da protagonista mentres xoga. 7 A autora deixa a historia aberta, sen pechar, para que lectores e lectoras imaxinen como podería seguir. Continúaa ti por escrito e despois lea na aula. 8 Que conclusión poderías extraer tras a lectura do texto? Explícaa na clase. REFLEXIONAR E VALORAR 9 Cres que é adecuado xustificar unha mentira dicindo que todas as persoas menten nalgunha ocasión? Arguméntao. R E P A R A N A L I N G U A D O T E X T O Localiza no texto termos relacionados cos videoxogos. Copia do texto palabras con x e dítallas ao teu compañeiro ou compañeira. Le o último parágrafo do texto e explica por que todas as formas verbais están en presente. L É X I C O O R T O G R A F Í A G R A M Á T I C A 12 L I N G U A
TÁBOA DE VALORACIÓN EXPRESIÓN ORAL Presentámonos 1 Sigue estes pasos para preparar a presentación: 1 Pregúntalle ao teu compañeiro ou compañeira por datos básicos da súa vida: nome, idade, detalles da súa infancia e da súa familia, lugar de nacemento, localidades en que viviu, centros en que estudou... Toma nota desta información. 2 Recolle información, tamén por escrito, sobre outros aspectos importantes e curiosos que che conte esa persoa. O seu carácter. As súas afeccións. Os seus puntos fortes. As súas ilusións. Algunha anécdota. Algún recordo especial. 3 Elabora un guión para organizar o material reunido. Baséate nos asuntos tratados nas actividades anteriores. Ademais, remata cun comentario en que destaques o que máis che chamou a atención do teu compañeiro ou compañeira. 4 Sitúate nun lugar visible da clase e comeza a falar seguido, sen ler, o teu guión. Ten en conta estas recomendacións: Mantén o contacto visual coa túa audiencia e sorrí mentres fas a presentación. Intenta non estar inmóbil e facer certos movementos sen que resulten esaxerados. Pon entusiasmo nas túas palabras e, nalgúns momentos, dirixe a mirada cara á persoa da que estás falando. Escoita o audio e responde. Quen abre o acto que se está celebrando? A quen lle cede a palabra a continuación? Explica os motivos polos que Lois realiza a presentación do seu irmán nese acto. Conta, de forma resumida e organizada, a información que extraeses da presentación do personaxe. Por que razón o protagonista non falaría del mesmo como o está facendo o seu irmán? Cres que é frecuente que aconteza iso? Por que? Nalgunhas situacións resulta necesario presentar unha persoa en público. Vas preparar a presentación na clase dun compañeiro ou compañeira. El ou ela fará o mesmo contigo. Ten en conta os criterios da táboa porque serán os que os demais utilicen para valorar a túa presentación. Contido Estrutura Recursos lingüísticos Linguaxe non verbal A presentación recolle datos biográficos e outros detalles de interese. A información está organizada, segue unha orde axeitada e desenvólvese con claridade. Emprego un vocabulario preciso e variado e inclúo fórmulas expresivas con toques orixinais e de humor. Utilizo un volume de voz adecuado e coido a entoación e as pausas para manter a atención dos oíntes. PASO A PASO 13 L I N G U A
Os dicionarios O léxico dunha lingua recóllese nos dicionarios; por iso, cando temos dúbidas de como se escribe unha palabra ou sobre o significado desta , temos que recorrer ao dicionario. Un dicionario é un li bro en que se reco l l en e se def inen as pal abras dunha lingua . Á hora de buscar no dicionario, ademai s da orde al fabética cómpre t er en conta que os substantiv os aparecen sempre en singul ar, os adxectiv os en masculino singular e os verbos en infinitivo. A información nos dicionarios Nun dicionario podemos atopar, ademais da definición da palabra , información sobre a súa orixe, a súa categoría gramatical , se é unha palabra monosémica ou polisémica, se ten significados figurados, sinónimos, antónimos, etc. feliz. (Do lat. felix, -icis) adx. 1. Que ten felicidade: Son feliz. 2. Que causa felicidade, dito dun pensamento, dunha frase ou dunha expresión: Tivo unha idea feliz. Non facer feliz algo a alguén. 1. fr. coloq. Desagradarlle ou non parecerlle conveniente. Ademais dos dicionarios xerais, existen dicionarios especializados: de idiomas, de sinónimos e antónimos, de dúbidas, de ideas afíns, etc. 1. 2 1 Busca no dicionario estas palabras e contesta. noite cadeira Cal é a orixe destes dous vocábulos? Son palabras dun só significado ou de varios? Inclúe a entrada algún exemplo de uso? E algún sinónimo e antónimo? 2 Contesta coa axuda dun dicionario. Que categorías gramaticais pode ter a palabra ben? Escribe oracións en que esa palabra pertenza a categorías distintas. A palabra lámpada é monosémica ou polisémica? Escribe oracións que ilustren a túa resposta. A C T I V I D A D E S VOCABULARIO Os dicionarios Proposta de trabal lo NA PRÁCTICA Le as seguintes frases feitas e localízaas no dicionario. Debes facelo así: Indica o significado de cada frase feita e mantén unha conversa cun compañeiro ou cunha compañeira en que as utilicedes de xeito natural. Fai un arquivo no ordenador coas frases feitas que utilices durante o curso e ordénaas alfabeticamente. Busca o primeiro substantivo que aparece na frase feita. Se non hai substantivo, busca o verbo e, se hai máis dun, terás que buscar outra vez polo primeiro que aparece. 14 L I N G U A
1 A centúa, cando cumpra, as palabras das seguintes tres columnas. forceps portatil ancora parasito crater xersei caixons rapaz ferver xeito xamais textil peixe xoves femur Fíxate de novo nas tres columnas e descubre, en cada unha delas, a palabra que non segue a mesma regra de acentuación ca o resto. 2 I ndica o significado destas parellas de palabras e explica por que é importante acentualas graficamente. sabia / sabía maña / mañá habito / hábito 3 Completa os refráns coas palabras do recadro. Ten en conta a rima. beberei voces frío capitán mágoas Cando non hai can, o raposo é . Uns comen as noces e outros levan as . Nunca digas: desta auga non . As nubes que deitan bágoas anticipan moitas . Non ten tino quen malla en ferro . 4 P onlles acento gráfico ás palabras que o precisen. Xustifica a resposta en cada caso. axilmente dixenllelo hockey presteillo pasamans ganster 5 R epasa as normas de acentuación. Despois, copia o ditado engadindo os acentos gráficos que faltan. A mudanza Quizais era inevitable que a sensacion de vertixe me invadise nese momento. No corredor, as caixas amoreabanse esperando para viaxar ata o noso novo destino, unha vivenda duplex no centro da Coruña. Decidin botar unha ultima ollada ao meu cuarto coma quen se despide dun amigo… ali deixaba boa parte da memoria da miña infancia. Pechei a porta con coidado, case acariñandoa, e ceibei un longo suspiro. O U T R O S C A S O S D E AC E N T U AC I Ó N Os adverbios rematados en -mente, por seren palabras graves, non levan acento gráfico ( facilmente, gravemente…). Os estranxeirismos seguen as regras xerais de acentuación (vermú, béisbol, hándicap…). As palabras compostas seguen as regras xerais, tanto se se escriben xuntas (balonmán…) coma se van unidas por guión (tráxico-cómico…). Os verbos unidos a pronomes átonos, para os efectos da acentuación, funcionan como unha palabra soa (déullela, vendino…). Normas xerais de acentuación A maior í a das pal abras da nosa lingua cont eñ en unha sílaba que se pronuncia con máis intensidade ou forza –a sí laba tónica– e outras que se pronuncian máis suaves –as sílabas átonas–. Segundo a posición da sílaba tónica, distínguense tres tipos de palabras: agudas, graves e esdrúxulas. Palabras agudas. Son as que teñen tónica a última sílaba (vol-cán , in-ca-paz…). Acentúanse graf icament e cando son po li sí l abas rematadas en v ogal (so f á) , en v ogal + n (i rmán) , en v ogal + s (l u c e cú s) ou en v oga l + n s (a l gún s) . Non l e v an acento gráf ico se son monosí l abas ou rematan en ditongo decrecente (non, vicerrei, ademais). Palabras graves. Son as que t eñen tónica a penú l t i ma s í l a b a (t ú - n e l , p r i - m a - v e - ra… ) . L e v an acento gráfico cando rematan nunha consoante distinta de -n ou -s (réptil, álbum), en grupos consonánticos distintos de -ns (tríceps) e en ditongos decrecent es seguidos ou non de -n ou -s (amábeis). Palabras esdrúxulas. Son as que teñen tónica a ant e p enúlt ima sí l aba (f á- bu- l a, re-c ón-di - t o…) . Estas palabras acentúanse graficamente sempre. ORTOGRAFÍA Normas xerais de acentuación 1 15 L I N G U A
GRAMÁTICA A palabra. Clases e constituíntes A palabra e as súas clases Como xa vimos, os sons, que son as unidades máis pequenas da lingua , agrúpanse para formar unidades maiores dotadas de significado. Esas unidades son as palabras. Sons Palabra Sons Palabra m-a-g-o mago p-e-n-s-a-r pensar As palabras son conxuntos de sons dotados de significado. Ao analizar as palabras, podemos obser var que hai diferenzas entre elas polo seu signi f icado (nomean enti dades, accións, cali dades…) , po l a súa forma (son variables –habilidoso, habilidosa, habilidosos, habilidosas– ou invariables –e, por –) e pola súa función no enunciado. Esas diferenzas son a base para establecer distintas clases de palabras: substantivos, adxectivos, verbos, adverbios… Nos cursos anteriores estudamos as distintas clases de palabras. Lembraremos no seguint e cadro as mái s impor t ant es e, ao longo do curso, iremos afondando en cada unha delas: Clases Concepto Substantivos Son palabras variables que nomean persoas, animais, cousas, sentimentos e ideas: Brenda, lapis, público… Adxectivos cualificativos Son palabras variables que nomean calidades ou estados propios dos substantivos: simpático, marabillosa… Determinantes Son palabras variables que acompañan o substantivo concretando o seu significado. Segundo o xeito en como o concreten, distinguimos entre artigos (o, a, os, as; un, unha, uns, unhas); demostrativos (este, esa, aquela…); posesivos (meu, teu, seu…); indefinidos (bastante, poucos, algún…); e numerais (catro, sétimo, vixésimo primeiro…). Verbos Son palabras variables que designan accións, procesos ou estados situados nun tempo determinado: adiviñar, cometer, dicir… Adverbios Son palabras invariables que expresan circunstancias de lugar, tempo, modo ou cantidade, ou indican afirmación, negación ou dúbida: detrás, agora, especialmente, máis, tampouco, non, talvez… Pronomes persoais Son palabras variables que nos permiten nomearnos a nós mesmos, ás persoas con que falamos ou aos seres e ás entidades sobre os que tratamos, sen empregar un substantivo: nós, vós, elas… Elementos de enlace Son palabras invariables que serven para relacionar entre si outras palabras. Distinguimos entre conxuncións (e, pero…) e preposicións (a, agás, con, de, deica, en, por…). 1. C O N E C TA C O T E M A Fíxate nas seguintes palabras e di a que clase pertencen. – maxia – nosoutras – incrible – descubrir Explica o que teñen en común os termos baixamar, maremoto, marisco, mariñeiro, marea, marítimo e submarino. 16 L I N G U A
1 Os constituíntes da palabra. Os morfemas Os morfemas son as unidades mínimas que, dentro da palabra , achegan significado. Hai tres clases fundamentais de morfemas: Raíz ou lexema. É a parte que nos indica o significado básico da palabra. Palabra Raíz Palabra Raíz mago mag- pensar pens- Morfemas f lexivos ou desinencias. Engádense á raíz para expresar o xénero, o número, a persoa , o tempo… Raíz + Morfemas flexivos Raíz + Morfema flexivo mag- -a + -s pens- -o A s palabras que resultan da unión dunha raí z cun mor fema f l exivo son formas da mesma palabra , non palabras diferentes. Mor fema s d er ivat iv o s ou af i xos. En gád ense a unha p a l abra ou á ra í z dunha palabra . Morfema derivativo + Palabra Raíz + Morfema derivativo re- compoñer mestr - -ía O resultado da unión entre unha raíz ou unha palabra e un morfema derivativo é unha palabra diferente. Formación de palabras. A derivación e a composición A der ivac ión e a c ompo si c ión s on dous do s pr inc ipai s método s d e qu e dispón a lingua para formar novas palabras. A derivación Son palabras derivadas as que se forman a partir doutras engadindo un sufixo ou un prefixo. Po r e xemp l o , p re a c ord o é unha p a l abra d e r iv ad a qu e c ont én un pre f i xo (pre-), e esplendoroso é unha palabra derivada que contén un sufixo (-oso). A composición Son palabras compostas as que conteñen dúas ou máis raíces. Na formación dunha palabra composta poden inter vir raíces de varias clases de palabras. Por exemplo, a palabra quebracabezas fórmase por composición a par tir do verbo quebrar e do subst antiv o cab e za s. Tamén é compost a a palabra balonmán, que está formada a partir dos substantivos balón e man. 2. 3. Parasíntese É un procedemento de formación de palabras que combina á vez a prefixación e a sufixación. Son parasintéticas, por exemplo, as palabras descamisado e atardecer. des- + camis + -ado a- + tard + -ecer Tamén se consideran parasintéticas as palabras formadas á vez por composición e derivación: botafumeiro, paraugueiro… Palabras variables e palabras invariables As palabras que están formadas por unha raíz que admite un ou máis morfemas flexivos chámanse palabras variables: habilidosa, túneles, gardaches… Se unha palabra non admite un morfema flexivo, denomínase palabra invariable: alí, enriba, ou, para, quizais… 17 L I N G U A
GRAMÁTICA 18 L I N G U A NA PRÁCTICA 1 X ogade, na aula, a dicir en voz alta unha palabra de cada clase seguindo esta orde ou outra inventada. substantivo artigo adxectivo preposición verbo conxunción pronome persoal posesivo adverbio. Exemplo: lapis - as - fermosa - de - xogar - e - ela - - súa - quizais. 2 E scribe a raíz común a cada serie de palabras. neno, nena, nenos, nenas. listo, lista, listos, listas. colliades, colleremos, colliches, collo. Copia os diferentes morfemas flexivos. 3 I ndica a palabra a partir da cal se formou cada unha. follaxe fornada cultural 4 S egmenta estas palabras nos constituíntes que as forman: raíz, morfemas flexivos e morfemas derivativos. antigás floraría mestra bisnetas gardalama porco botella guitarrista submarino carteiro leoa videoclub Clasifica os morfemas derivativos, se os hai, en prefixos e sufixos. 5 F orma palabras unindo cada raíz cun sufixo. -idade -ante -al -able agrad- tranquil- norm- domin- Engádelles un destes prefixos ás palabras resultantes: a-, in-, pre-, des-. 6 R elaciona as columnas e escribe palabras compostas. xirar falante auga cesto balón sol alto neve 7 E scribe palabras formadas pola estrutura indicada. substantivo + substantivo verbo + substantivo 8 A partir das palabras vento, terrestre e prohibir, forma un substantivo que sirva para nomear cada imaxe. Indica que palabra formaches por prefixación, cal por sufixación e cal por composición. A C T I V I D A D E S Proposta de trabal lo Recoñecer as clases de palabras axuda a entender mellor o funcionamento da lingua e, xa que logo, contribúe a que cada falante se exprese mellor. A continuación, propoñémosvos este xogo para realizar en parellas. Lembrade o cadro das clases de palabras e anotade tres exemplos de cada que podedes localizar neste libro, nun xornal, etc. Despois, escribide cada palabra nun papel e metédeas todas nunha caixa. A continuación, cada parella collerá ao chou dez palabras da súa caixa e indicará, en cada caso, se a palabra é variable ou invariable, e a que clase pertence, coma na imaxe da dereita. O resto da aula, atentamente, terá que dicir se as dez respostas son correctas ou non. Gañan as parellas que non cometan ningún erro na súa participación. cantar: palabra variable . Pode ser un substanti vo ou un verbo.
1 A R A S A A C ENTRADA AULA DE XADREZ VESTIARIO Un espazo para todas as persoas? Un bordo na rúa, unha escaleira dun edificio ou dun autobús poden complicar a mobilidade de moita xente. Pero tamén hai outros obstáculos que poden dificultar a comprensión da súa contorna a persoas que descoñecen o idioma ou teñen unha discapacidade motriz ou intelectual. Facer que un centro educativo resulte inclusivo é un dereito fundamental de todo o alumnado sen excepción. Todos ides colaborar para que o voso o sexa. Só teredes que realizar SINAIS CON PICTOGRAMAS e colocalos no voso centro. 1 F acede unha reunión e organizádevos en grupos colaborativos. 2 V isitade o portal https://arasaac.org/ e seleccionade o galego na vosa consulta. O PUNTO DE PARTIDA 3 R ealizade listaxes organizadas dos pictogramas que deberiades elaborar. Non poden faltar estas tres clases: Persoas: directora, xefe de estudos, enfermeiro… Instalacións: aseos, secretaría, sala do profesorado, aula de informática, salón de actos, laboratorio, ximnasio, escaleira, rampla… Localización e rutas: primeiro andar, esquerda, dereita, de fronte… 4 R epartide o número de carteis que fará cada un e respectade estes criterios: Tamaño en A4 e forma horizontal. Deseños esquemáticos de obxectos e figuras. Fondo claro e uniforme. Textos breves en maiúsculas e nunha fonte de fácil lectura e de gran tamaño. Plastificade os carteis. MANS Á OBRA SITUACIÓN DE APRENDIZAXE 5 I nstalade os vosos pictogramas en sitios estratéxicos. Tede en conta estas recomendacións: Elixide lugares ben iluminados. Colocádeos a 1, 20 de altura, aproximadamente, para que poidan velos persoas de baixa visión, de escasa estatura ou usuarios de cadeiras de rodas. 6 I nformade da vosa iniciativa a todo o persoal do centro, ás familias e á ANPA. Podedes facer o seguinte: Organizade un percorrido para difundir a vosa acción. Preguntádelles aos asistentes a opinión que lles merece. Animádevos a colaborar activamente en labores de mantemento e nas seguintes implantacións de sinais. O BROCHE FINAL AVALIACIÓN Sobre a preparación: Valorastes as achegas dos demais? Puxestes entusiamo e esforzo para que todo saíse ben? Sobre a presentación: Son atractivos e claros os carteis? Conseguistes a adhesión doutras persoas? 19 L I N G U A
Que é a literatura? Un texto literario pode comunicar mensaxes diversas: unha historia , un sentimento, un razoamento… Pero, independentemente da mensaxe, o que converte un texto en literario é que nel se fai un uso especial da linguaxe para procurarlles ás lectoras e aos lectores un pracer estético. A literatura é unha forma de expresión artística baseada na linguaxe. A palabra literatura tamén designa o conxunto de obras literarias que se escriben nunha lingua –literatura galega , literatura inglesa…– ou nunha época –literatura medieval , literatura actual… Características das obras literarias As obras literarias conteñen dous trazos básicos: Of recen un uso especial da linguaxe, que se caracteriza pola utilización de recursos estilísticos (comparacións, metáforas, xogos de palabras, repeticións...). Por exemplo, neste texto, o uso de recursos axuda a darlle máis intensidade e expresividade á mensaxe: A lúa , redonda coma un quei xo, v iña con el . E un fato de estrel iñas r identes choscában l le o ol lo. O mundo era fermoso. Xosé Neira Vil as, Xente no rodicio 1. 2. LITERATURA A literatura SITUACIÓN DE APRENDIZAXE Ao voso xeito Nos textos literarios atopamos tantas sensacións, sentimentos e emocións coma na vida real, porque a literatura ten esa capacidade de transportarnos e de facernos vivir e sentir experiencias. Seguro que lembras algún momento en que, lendo un libro, che veu un sorriso aos beizos, sentiches rabia polo que lle ocorría a un personaxe ou ansiaches saber como remataba a historia. Agora vas ter a oportunidade de compartir esas experiencias cunha compañeira ou cun compañeiro. Porfilla un libro Ao final deste apartado ides porfillar un libro e crear un booktrailer para recomendárllelo a outros lectores e lectoras. A linguaxe literaria O autor dunha obra literaria intenta sorprender os destinatarios e captar a súa atención utilizando a linguaxe dun xeito distinto ao habitual. Ese uso particular da lingua constitúe a linguaxe literaria. A linguaxe literaria usa distintos procedementos para embelecer a expresión e comunicar de forma orixinal. Eses procedementos chámanse recursos estilísticos ou literarios. Comparación Personificación 20 L I T E R A T U R A
1 Lévannos a un mundo de ficción. O autor inventa os personaxes, os lugares, as accións… Ese mundo ás veces parécese ao mundo real e outras veces é totalmente irreal e fantástico. Ás veces, por facer festa , o señor Merl ín sa ía á eira e, nunha copa de c r i s t a l che a de a u ga , v erqu í a dú a s ou t r e s got a s do l ic or que e l chamaba «dos pa íses». E con aquel aber to sor r iso que l le ench ía a f ranca faciana como enche o sol a mañá , preg untábanos de que cor quer iamos ver o mundo. E sempre que a min me tocaba responder, eu d icía que de azu l . Álvaro Cunqueiro, Merlín e familia (adaptación) Funcións da literatura A función fundamental da lit eratura é crear unha obra de ar t e a través do uso estético da linguaxe. Pero, ademais, a literatura pode cumprir outras funcións que enriquecen a cultura dunha sociedade: Pode ser vir de fonte de coñecemento sobre outras épocas ou modos de vida . Pode transmitir as tradicións e os valores dun pobo. Pode ter unha función pedagóxica e comunicar ensinanzas. Pode exercer unha función de compromi so, cando se denuncian os aspectos negativos dunha sociedade. Ademais destas funcións, cómpre destacar outra que resulta fundamental: a literatura tamén se def ine pola súa función lúdica, dado que proporciona entretemento e gozo estético a través da palabra . Habitualmente, nas obras literarias conviven varias funcións. Por exemplo, unha novela ambientada no pasado pode axudarnos a coñecer aspectos históricos (font e de coñecemento) e transmitirnos unha ensinanza (función pedagóxica) mentres nos entretén (función lúdica). 3. 1 Escribe o fragmento literario de Xosé Neira Vilas usando a linguaxe non literaria. 2 Indica, nestes versos de Helena Villar Janeiro, con que se identifican as follas de outono. 3 C omo é o mundo de ficción que presenta o texto de Álvaro Cunqueiro? Que outros trazos da linguaxe literaria atopas nel? 4 E xplica que finalidade da literatura predomina neste texto. Sara Sa lvagarda das pa labras agachadas na arca rara da a lma ; ámbar a cara ; as mans, lavanda. Elvira Riveiro Tobío 5 A que chamamos literatura xuvenil? E literatura electrónica? Razoa a resposta. A C T I V I D A D E S Tárdase meses en acuñar o ouro que espa l la o vento. 21 L I T E R A T U R A
Unha biblioteca extraordinaria A bibliot eca do cast elo de Gl edamoar tiña fama de ser a mái s extraordinaria de cantas se coñecían . A couza poñíase a ler os libros e esquecíase de comelos, de tan belas como eran as historas narradas neles. Ao longo da súa vida , a raíña fora adquirindo libros ben curiosos. Nos seus andeis, a biblioteca de Gledamoar albergaba a novela mái s longa xamai s escrita . Non ch egaba a v i da dunha persoa para terminala . O mago Bracalte afanouse en buscar e conseguir o elixir da eterna mocidade só para poder lela enteira , sendo ata o día de hoxe a única persoa en logralo. Durante anos a raíña creu que lle roubaran unha das súas xoias: o libro máis pequeno do mundo. Non llo roubaran; era tan pequeno que non se vía á primeira ollada e non resultaba fácil localizalo. Foi imposible lelo durante anos; fíxose necesario que o mago Bracalte inventase o microscopio. Unha vez que tras meses de arduo traballo Bracalte o inventou, puxo o libro baixo a lente e leu o título: O príncipe admirado. Abriuno e poñía : Oh! E iso era todo. Bracalte agarrou un enfado tremebundo. –Pasei meses inventando este cacharro para isto! Maldición! Pero pasoul l e deseguida , porque v iu que o microscopio podí a ser empregado para moitas outras cousas. A raíña ía repasando coa súa man o lombo dos seus tesouros de papel e tinta . Tomou un en cuxa portada se lía : Memorias do pirata Barbilán. A raíña sorriu , porque este volume tiña unha historia singular. Resulta que no medio dunha das súas abordaxes a un gal eón , o pirata Barbi l án perdeu unha man . Fí xosel l e un gancho de ferro for xado; pero a man seguía t endo v ida , e agarrou unha pluma de ganso e un tinteiro e dedicouse a escribir as memorias do que fora o seu propietario. A raíña tiña especial predilección por un libro que, se un tirano o ceibaba á fogueira e o queimaba por completo, o libro rexurdía das súas cinzas. Outro dos seus favoritos era unha historia de aventuras que lle mercara a un rei veciño. Trataba dun cabaleiro que loitaba contra unha serpe de mar xigante. Ao lelo por primeira vez, quedou fascinada . Tanto que á semana seguinte quixo relelo. E comprobou estupefacta que a hi storia cambiara . Agora trataba dunha pr incesa de mar qu e loit aba contra un xi gant e, o cal cant aba belas cancións a unha serpe e a un cabaleiro. Cada vez que o lía , a historia era diferente. Carlos López , Expedición Tilovonte (adaptación) LITERATURA 1 Q ue peculiaridade teñen os libros que ten a raíña na biblioteca? Cal che sorprende máis? Por que? 2 D á dúas razóns para xustificar que este texto é literario. A que xénero literario pertence? Por que o sabes? Que función da literatura predomina? 3 O narrador di que hai tiranos que botan libros á fogueira. Por que o farán? Que pretenden con iso? Achega unha opinión ao respecto. 4 I ndica como se adoitan clasificar os libros nas bibliotecas e di en que sección da biblioteca estará clasificado o libro a que pertence este texto. 5 Entre toda a clase elaborade unha listaxe de libros que vos parezan extraordinarios e xustificade a escolla. 6 E n parellas, investigade nomes de bibliotecas famosas ou importantes do mundo; dicide por que son coñecidas e onde se atopan. 22 L I T E R A T U R A
Taylor O edificio onde vive semella o máis alto do mundo, e a súa rúa a máis longa de todas, e a escola é un xigante rañaceos. Todos din que Nova York é unha cidade importante, na que todos os homes camiñan con présa a un lugar importante, e todas as mulleres camiñan con présa a un lugar importante, e ata os gatos camiñan con présa para ir deitarse a un lugar importante. Pero Taylor aínda non cumpriu nove anos e séntese formiga dentro dese mundo enorme, no que os nenos non poden saír sós para xogar nos parques. Berta Dávil a , A pel do mundo 1 1 E xplica, en dúas liñas como máximo, de que fala este texto. 2 Anota o sentimento ou a emoción que che provoca a súa lectura. 3 Sinala as características da linguaxe literaria que atopas. Pensa e explica que efecto produce a repetición dalgúns enunciados e que cres que se pretende ao facelo. 4 Dirías que unha das funcións deste texto é a lúdica ou a denuncia? Por que o cres? Achega enunciados para apoiar a resposta. 1 Buscade información en Internet do que é un booktrailer e de como se fai. Despois, elixide o libro que ides presentar. 2 Elaborade un pequeno guión do que queredes contar no vídeo. Incluíde algunha cortina de presentación e frases curtas que interpelen ao receptor. 3 G ravade o vídeo de acordo co que tedes programado. Revisádeo e editádeo tendo en conta que a duración máxima sexa dun minuto. Porfilla un libro En parellas, ides elaborar unha PRESENTACIÓN EN VÍDEO dun libro para recomendar a súa lectura. SITUACIÓN DE APRENDIZAXE PRESENTACIÓN E COMENTARIO. Vede na aula os vídeos. Despois comentade que libros dos porfillados por outras parellas vos gustaría ler e por que. 23 L I T E R A T U R A
RkJQdWJsaXNoZXIy