252761

A DEBATE Falade sobre a vosa experiencia cos videoxogos. Tratade cuestións coma estas: Canto tempo dedicades a xogar á semana. Se, con frecuencia, vos deixades levar e estades moito tempo xogando. Se o uso da videoconsola vos creou problemas na casa ou no centro onde estudades. COMPETENCIA LECTORA S O M O S L I N G U A Nomes especialmente suxestivos Koopa Troopa e energi lunas son nomes que contribúen a transpor - tarnos aos universos fantásticos dos videoxogos. En parellas, inventade nomes enxeñosos e creativos para personaxes, lugares, obxectos, vehículos ou máquinas. Ademais, dicide que é e explicade brevemente a súa función no xogo. INTEGRAR E INTERPRETAR A INFORMACIÓN 4 Di o que ocorre en cada escena e explica o que acontece entre estes dous momentos da historia. 5 A narradora protagonista conta os feitos e, á vez, realiza comentarios ou expresa opinións sobre eles. Anota exemplos do texto en que suceda isto último. 6 Localiza as referencias temporais do texto e explica como discorre o tempo na vida real e na mente da protagonista mentres xoga. 7 A autora deixa a historia aberta, sen pechar, para que lectores e lectoras imaxinen como podería seguir. Continúaa ti por escrito e despois lea na aula. 8 Que conclusión poderías extraer tras a lectura do texto? Explícaa na clase. REFLEXIONAR E VALORAR 9 Cres que é adecuado xustificar unha mentira dicindo que todas as persoas menten nalgunha ocasión? Arguméntao. R E P A R A N A L I N G U A D O T E X T O Localiza no texto termos relacionados cos videoxogos. Copia do texto palabras con x e dítallas ao teu compañeiro ou compañeira. Le o último parágrafo do texto e explica por que todas as formas verbais están en presente. L É X I C O O R T O G R A F Í A G R A M Á T I C A 12 L I N G U A

RkJQdWJsaXNoZXIy