TÁBOA DE VALORACIÓN EXPRESIÓN ORAL Presentámonos 1 Sigue estes pasos para preparar a presentación: 1 Pregúntalle ao teu compañeiro ou compañeira por datos básicos da súa vida: nome, idade, detalles da súa infancia e da súa familia, lugar de nacemento, localidades en que viviu, centros en que estudou... Toma nota desta información. 2 Recolle información, tamén por escrito, sobre outros aspectos importantes e curiosos que che conte esa persoa. O seu carácter. As súas afeccións. Os seus puntos fortes. As súas ilusións. Algunha anécdota. Algún recordo especial. 3 Elabora un guión para organizar o material reunido. Baséate nos asuntos tratados nas actividades anteriores. Ademais, remata cun comentario en que destaques o que máis che chamou a atención do teu compañeiro ou compañeira. 4 Sitúate nun lugar visible da clase e comeza a falar seguido, sen ler, o teu guión. Ten en conta estas recomendacións: Mantén o contacto visual coa túa audiencia e sorrí mentres fas a presentación. Intenta non estar inmóbil e facer certos movementos sen que resulten esaxerados. Pon entusiasmo nas túas palabras e, nalgúns momentos, dirixe a mirada cara á persoa da que estás falando. Escoita o audio e responde. Quen abre o acto que se está celebrando? A quen lle cede a palabra a continuación? Explica os motivos polos que Lois realiza a presentación do seu irmán nese acto. Conta, de forma resumida e organizada, a información que extraeses da presentación do personaxe. Por que razón o protagonista non falaría del mesmo como o está facendo o seu irmán? Cres que é frecuente que aconteza iso? Por que? Nalgunhas situacións resulta necesario presentar unha persoa en público. Vas preparar a presentación na clase dun compañeiro ou compañeira. El ou ela fará o mesmo contigo. Ten en conta os criterios da táboa porque serán os que os demais utilicen para valorar a túa presentación. Contido Estrutura Recursos lingüísticos Linguaxe non verbal A presentación recolle datos biográficos e outros detalles de interese. A información está organizada, segue unha orde axeitada e desenvólvese con claridade. Emprego un vocabulario preciso e variado e inclúo fórmulas expresivas con toques orixinais e de humor. Utilizo un volume de voz adecuado e coido a entoación e as pausas para manter a atención dos oíntes. PASO A PASO 13 L I N G U A
RkJQdWJsaXNoZXIy