1 A centúa, cando cumpra, as palabras das seguintes tres columnas. forceps portatil ancora parasito crater xersei caixons rapaz ferver xeito xamais textil peixe xoves femur Fíxate de novo nas tres columnas e descubre, en cada unha delas, a palabra que non segue a mesma regra de acentuación ca o resto. 2 I ndica o significado destas parellas de palabras e explica por que é importante acentualas graficamente. sabia / sabía maña / mañá habito / hábito 3 Completa os refráns coas palabras do recadro. Ten en conta a rima. beberei voces frío capitán mágoas Cando non hai can, o raposo é . Uns comen as noces e outros levan as . Nunca digas: desta auga non . As nubes que deitan bágoas anticipan moitas . Non ten tino quen malla en ferro . 4 P onlles acento gráfico ás palabras que o precisen. Xustifica a resposta en cada caso. axilmente dixenllelo hockey presteillo pasamans ganster 5 R epasa as normas de acentuación. Despois, copia o ditado engadindo os acentos gráficos que faltan. A mudanza Quizais era inevitable que a sensacion de vertixe me invadise nese momento. No corredor, as caixas amoreabanse esperando para viaxar ata o noso novo destino, unha vivenda duplex no centro da Coruña. Decidin botar unha ultima ollada ao meu cuarto coma quen se despide dun amigo… ali deixaba boa parte da memoria da miña infancia. Pechei a porta con coidado, case acariñandoa, e ceibei un longo suspiro. O U T R O S C A S O S D E AC E N T U AC I Ó N Os adverbios rematados en -mente, por seren palabras graves, non levan acento gráfico ( facilmente, gravemente…). Os estranxeirismos seguen as regras xerais de acentuación (vermú, béisbol, hándicap…). As palabras compostas seguen as regras xerais, tanto se se escriben xuntas (balonmán…) coma se van unidas por guión (tráxico-cómico…). Os verbos unidos a pronomes átonos, para os efectos da acentuación, funcionan como unha palabra soa (déullela, vendino…). Normas xerais de acentuación A maior í a das pal abras da nosa lingua cont eñ en unha sílaba que se pronuncia con máis intensidade ou forza –a sí laba tónica– e outras que se pronuncian máis suaves –as sílabas átonas–. Segundo a posición da sílaba tónica, distínguense tres tipos de palabras: agudas, graves e esdrúxulas. Palabras agudas. Son as que teñen tónica a última sílaba (vol-cán , in-ca-paz…). Acentúanse graf icament e cando son po li sí l abas rematadas en v ogal (so f á) , en v ogal + n (i rmán) , en v ogal + s (l u c e cú s) ou en v oga l + n s (a l gún s) . Non l e v an acento gráf ico se son monosí l abas ou rematan en ditongo decrecente (non, vicerrei, ademais). Palabras graves. Son as que t eñen tónica a penú l t i ma s í l a b a (t ú - n e l , p r i - m a - v e - ra… ) . L e v an acento gráfico cando rematan nunha consoante distinta de -n ou -s (réptil, álbum), en grupos consonánticos distintos de -ns (tríceps) e en ditongos decrecent es seguidos ou non de -n ou -s (amábeis). Palabras esdrúxulas. Son as que teñen tónica a ant e p enúlt ima sí l aba (f á- bu- l a, re-c ón-di - t o…) . Estas palabras acentúanse graficamente sempre. ORTOGRAFÍA Normas xerais de acentuación 1 15 L I N G U A
RkJQdWJsaXNoZXIy