GRAMÁTICA A palabra. Clases e constituíntes A palabra e as súas clases Como xa vimos, os sons, que son as unidades máis pequenas da lingua , agrúpanse para formar unidades maiores dotadas de significado. Esas unidades son as palabras. Sons Palabra Sons Palabra m-a-g-o mago p-e-n-s-a-r pensar As palabras son conxuntos de sons dotados de significado. Ao analizar as palabras, podemos obser var que hai diferenzas entre elas polo seu signi f icado (nomean enti dades, accións, cali dades…) , po l a súa forma (son variables –habilidoso, habilidosa, habilidosos, habilidosas– ou invariables –e, por –) e pola súa función no enunciado. Esas diferenzas son a base para establecer distintas clases de palabras: substantivos, adxectivos, verbos, adverbios… Nos cursos anteriores estudamos as distintas clases de palabras. Lembraremos no seguint e cadro as mái s impor t ant es e, ao longo do curso, iremos afondando en cada unha delas: Clases Concepto Substantivos Son palabras variables que nomean persoas, animais, cousas, sentimentos e ideas: Brenda, lapis, público… Adxectivos cualificativos Son palabras variables que nomean calidades ou estados propios dos substantivos: simpático, marabillosa… Determinantes Son palabras variables que acompañan o substantivo concretando o seu significado. Segundo o xeito en como o concreten, distinguimos entre artigos (o, a, os, as; un, unha, uns, unhas); demostrativos (este, esa, aquela…); posesivos (meu, teu, seu…); indefinidos (bastante, poucos, algún…); e numerais (catro, sétimo, vixésimo primeiro…). Verbos Son palabras variables que designan accións, procesos ou estados situados nun tempo determinado: adiviñar, cometer, dicir… Adverbios Son palabras invariables que expresan circunstancias de lugar, tempo, modo ou cantidade, ou indican afirmación, negación ou dúbida: detrás, agora, especialmente, máis, tampouco, non, talvez… Pronomes persoais Son palabras variables que nos permiten nomearnos a nós mesmos, ás persoas con que falamos ou aos seres e ás entidades sobre os que tratamos, sen empregar un substantivo: nós, vós, elas… Elementos de enlace Son palabras invariables que serven para relacionar entre si outras palabras. Distinguimos entre conxuncións (e, pero…) e preposicións (a, agás, con, de, deica, en, por…). 1. C O N E C TA C O T E M A Fíxate nas seguintes palabras e di a que clase pertencen. – maxia – nosoutras – incrible – descubrir Explica o que teñen en común os termos baixamar, maremoto, marisco, mariñeiro, marea, marítimo e submarino. 16 L I N G U A
RkJQdWJsaXNoZXIy