1 Os constituíntes da palabra. Os morfemas Os morfemas son as unidades mínimas que, dentro da palabra , achegan significado. Hai tres clases fundamentais de morfemas: Raíz ou lexema. É a parte que nos indica o significado básico da palabra. Palabra Raíz Palabra Raíz mago mag- pensar pens- Morfemas f lexivos ou desinencias. Engádense á raíz para expresar o xénero, o número, a persoa , o tempo… Raíz + Morfemas flexivos Raíz + Morfema flexivo mag- -a + -s pens- -o A s palabras que resultan da unión dunha raí z cun mor fema f l exivo son formas da mesma palabra , non palabras diferentes. Mor fema s d er ivat iv o s ou af i xos. En gád ense a unha p a l abra ou á ra í z dunha palabra . Morfema derivativo + Palabra Raíz + Morfema derivativo re- compoñer mestr - -ía O resultado da unión entre unha raíz ou unha palabra e un morfema derivativo é unha palabra diferente. Formación de palabras. A derivación e a composición A der ivac ión e a c ompo si c ión s on dous do s pr inc ipai s método s d e qu e dispón a lingua para formar novas palabras. A derivación Son palabras derivadas as que se forman a partir doutras engadindo un sufixo ou un prefixo. Po r e xemp l o , p re a c ord o é unha p a l abra d e r iv ad a qu e c ont én un pre f i xo (pre-), e esplendoroso é unha palabra derivada que contén un sufixo (-oso). A composición Son palabras compostas as que conteñen dúas ou máis raíces. Na formación dunha palabra composta poden inter vir raíces de varias clases de palabras. Por exemplo, a palabra quebracabezas fórmase por composición a par tir do verbo quebrar e do subst antiv o cab e za s. Tamén é compost a a palabra balonmán, que está formada a partir dos substantivos balón e man. 2. 3. Parasíntese É un procedemento de formación de palabras que combina á vez a prefixación e a sufixación. Son parasintéticas, por exemplo, as palabras descamisado e atardecer. des- + camis + -ado a- + tard + -ecer Tamén se consideran parasintéticas as palabras formadas á vez por composición e derivación: botafumeiro, paraugueiro… Palabras variables e palabras invariables As palabras que están formadas por unha raíz que admite un ou máis morfemas flexivos chámanse palabras variables: habilidosa, túneles, gardaches… Se unha palabra non admite un morfema flexivo, denomínase palabra invariable: alí, enriba, ou, para, quizais… 17 L I N G U A
RkJQdWJsaXNoZXIy