GRAMÁTICA 18 L I N G U A NA PRÁCTICA 1 X ogade, na aula, a dicir en voz alta unha palabra de cada clase seguindo esta orde ou outra inventada. substantivo artigo adxectivo preposición verbo conxunción pronome persoal posesivo adverbio. Exemplo: lapis - as - fermosa - de - xogar - e - ela - - súa - quizais. 2 E scribe a raíz común a cada serie de palabras. neno, nena, nenos, nenas. listo, lista, listos, listas. colliades, colleremos, colliches, collo. Copia os diferentes morfemas flexivos. 3 I ndica a palabra a partir da cal se formou cada unha. follaxe fornada cultural 4 S egmenta estas palabras nos constituíntes que as forman: raíz, morfemas flexivos e morfemas derivativos. antigás floraría mestra bisnetas gardalama porco botella guitarrista submarino carteiro leoa videoclub Clasifica os morfemas derivativos, se os hai, en prefixos e sufixos. 5 F orma palabras unindo cada raíz cun sufixo. -idade -ante -al -able agrad- tranquil- norm- domin- Engádelles un destes prefixos ás palabras resultantes: a-, in-, pre-, des-. 6 R elaciona as columnas e escribe palabras compostas. xirar falante auga cesto balón sol alto neve 7 E scribe palabras formadas pola estrutura indicada. substantivo + substantivo verbo + substantivo 8 A partir das palabras vento, terrestre e prohibir, forma un substantivo que sirva para nomear cada imaxe. Indica que palabra formaches por prefixación, cal por sufixación e cal por composición. A C T I V I D A D E S Proposta de trabal lo Recoñecer as clases de palabras axuda a entender mellor o funcionamento da lingua e, xa que logo, contribúe a que cada falante se exprese mellor. A continuación, propoñémosvos este xogo para realizar en parellas. Lembrade o cadro das clases de palabras e anotade tres exemplos de cada que podedes localizar neste libro, nun xornal, etc. Despois, escribide cada palabra nun papel e metédeas todas nunha caixa. A continuación, cada parella collerá ao chou dez palabras da súa caixa e indicará, en cada caso, se a palabra é variable ou invariable, e a que clase pertence, coma na imaxe da dereita. O resto da aula, atentamente, terá que dicir se as dez respostas son correctas ou non. Gañan as parellas que non cometan ningún erro na súa participación. cantar: palabra variable . Pode ser un substanti vo ou un verbo.
RkJQdWJsaXNoZXIy