252761

1 A R A S A A C ENTRADA AULA DE XADREZ VESTIARIO Un espazo para todas as persoas? Un bordo na rúa, unha escaleira dun edificio ou dun autobús poden complicar a mobilidade de moita xente. Pero tamén hai outros obstáculos que poden dificultar a comprensión da súa contorna a persoas que descoñecen o idioma ou teñen unha discapacidade motriz ou intelectual. Facer que un centro educativo resulte inclusivo é un dereito fundamental de todo o alumnado sen excepción. Todos ides colaborar para que o voso o sexa. Só teredes que realizar SINAIS CON PICTOGRAMAS e colocalos no voso centro. 1 F acede unha reunión e organizádevos en grupos colaborativos. 2 V isitade o portal https://arasaac.org/ e seleccionade o galego na vosa consulta. O PUNTO DE PARTIDA 3 R ealizade listaxes organizadas dos pictogramas que deberiades elaborar. Non poden faltar estas tres clases: Persoas: directora, xefe de estudos, enfermeiro… Instalacións: aseos, secretaría, sala do profesorado, aula de informática, salón de actos, laboratorio, ximnasio, escaleira, rampla… Localización e rutas: primeiro andar, esquerda, dereita, de fronte… 4 R epartide o número de carteis que fará cada un e respectade estes criterios: Tamaño en A4 e forma horizontal. Deseños esquemáticos de obxectos e figuras. Fondo claro e uniforme. Textos breves en maiúsculas e nunha fonte de fácil lectura e de gran tamaño. Plastificade os carteis. MANS Á OBRA SITUACIÓN DE APRENDIZAXE 5 I nstalade os vosos pictogramas en sitios estratéxicos. Tede en conta estas recomendacións: Elixide lugares ben iluminados. Colocádeos a 1, 20 de altura, aproximadamente, para que poidan velos persoas de baixa visión, de escasa estatura ou usuarios de cadeiras de rodas. 6 I nformade da vosa iniciativa a todo o persoal do centro, ás familias e á ANPA. Podedes facer o seguinte: Organizade un percorrido para difundir a vosa acción. Preguntádelles aos asistentes a opinión que lles merece. Animádevos a colaborar activamente en labores de mantemento e nas seguintes implantacións de sinais. O BROCHE FINAL AVALIACIÓN Sobre a preparación: Valorastes as achegas dos demais? Puxestes entusiamo e esforzo para que todo saíse ben? Sobre a presentación: Son atractivos e claros os carteis? Conseguistes a adhesión doutras persoas? 19 L I N G U A

RkJQdWJsaXNoZXIy