252761

Que é a literatura? Un texto literario pode comunicar mensaxes diversas: unha historia , un sentimento, un razoamento… Pero, independentemente da mensaxe, o que converte un texto en literario é que nel se fai un uso especial da linguaxe para procurarlles ás lectoras e aos lectores un pracer estético. A literatura é unha forma de expresión artística baseada na linguaxe. A palabra literatura tamén designa o conxunto de obras literarias que se escriben nunha lingua –literatura galega , literatura inglesa…– ou nunha época –literatura medieval , literatura actual… Características das obras literarias As obras literarias conteñen dous trazos básicos: Of recen un uso especial da linguaxe, que se caracteriza pola utilización de recursos estilísticos (comparacións, metáforas, xogos de palabras, repeticións...). Por exemplo, neste texto, o uso de recursos axuda a darlle máis intensidade e expresividade á mensaxe: A lúa , redonda coma un quei xo, v iña con el . E un fato de estrel iñas r identes choscában l le o ol lo. O mundo era fermoso. Xosé Neira Vil as, Xente no rodicio 1. 2. LITERATURA A literatura SITUACIÓN DE APRENDIZAXE Ao voso xeito Nos textos literarios atopamos tantas sensacións, sentimentos e emocións coma na vida real, porque a literatura ten esa capacidade de transportarnos e de facernos vivir e sentir experiencias. Seguro que lembras algún momento en que, lendo un libro, che veu un sorriso aos beizos, sentiches rabia polo que lle ocorría a un personaxe ou ansiaches saber como remataba a historia. Agora vas ter a oportunidade de compartir esas experiencias cunha compañeira ou cun compañeiro. Porfilla un libro Ao final deste apartado ides porfillar un libro e crear un booktrailer para recomendárllelo a outros lectores e lectoras. A linguaxe literaria O autor dunha obra literaria intenta sorprender os destinatarios e captar a súa atención utilizando a linguaxe dun xeito distinto ao habitual. Ese uso particular da lingua constitúe a linguaxe literaria. A linguaxe literaria usa distintos procedementos para embelecer a expresión e comunicar de forma orixinal. Eses procedementos chámanse recursos estilísticos ou literarios. Comparación Personificación 20 L I T E R A T U R A

RkJQdWJsaXNoZXIy