252761

Unha biblioteca extraordinaria A bibliot eca do cast elo de Gl edamoar tiña fama de ser a mái s extraordinaria de cantas se coñecían . A couza poñíase a ler os libros e esquecíase de comelos, de tan belas como eran as historas narradas neles. Ao longo da súa vida , a raíña fora adquirindo libros ben curiosos. Nos seus andeis, a biblioteca de Gledamoar albergaba a novela mái s longa xamai s escrita . Non ch egaba a v i da dunha persoa para terminala . O mago Bracalte afanouse en buscar e conseguir o elixir da eterna mocidade só para poder lela enteira , sendo ata o día de hoxe a única persoa en logralo. Durante anos a raíña creu que lle roubaran unha das súas xoias: o libro máis pequeno do mundo. Non llo roubaran; era tan pequeno que non se vía á primeira ollada e non resultaba fácil localizalo. Foi imposible lelo durante anos; fíxose necesario que o mago Bracalte inventase o microscopio. Unha vez que tras meses de arduo traballo Bracalte o inventou, puxo o libro baixo a lente e leu o título: O príncipe admirado. Abriuno e poñía : Oh! E iso era todo. Bracalte agarrou un enfado tremebundo. –Pasei meses inventando este cacharro para isto! Maldición! Pero pasoul l e deseguida , porque v iu que o microscopio podí a ser empregado para moitas outras cousas. A raíña ía repasando coa súa man o lombo dos seus tesouros de papel e tinta . Tomou un en cuxa portada se lía : Memorias do pirata Barbilán. A raíña sorriu , porque este volume tiña unha historia singular. Resulta que no medio dunha das súas abordaxes a un gal eón , o pirata Barbi l án perdeu unha man . Fí xosel l e un gancho de ferro for xado; pero a man seguía t endo v ida , e agarrou unha pluma de ganso e un tinteiro e dedicouse a escribir as memorias do que fora o seu propietario. A raíña tiña especial predilección por un libro que, se un tirano o ceibaba á fogueira e o queimaba por completo, o libro rexurdía das súas cinzas. Outro dos seus favoritos era unha historia de aventuras que lle mercara a un rei veciño. Trataba dun cabaleiro que loitaba contra unha serpe de mar xigante. Ao lelo por primeira vez, quedou fascinada . Tanto que á semana seguinte quixo relelo. E comprobou estupefacta que a hi storia cambiara . Agora trataba dunha pr incesa de mar qu e loit aba contra un xi gant e, o cal cant aba belas cancións a unha serpe e a un cabaleiro. Cada vez que o lía , a historia era diferente. Carlos López , Expedición Tilovonte (adaptación) LITERATURA 1 Q ue peculiaridade teñen os libros que ten a raíña na biblioteca? Cal che sorprende máis? Por que? 2 D á dúas razóns para xustificar que este texto é literario. A que xénero literario pertence? Por que o sabes? Que función da literatura predomina? 3 O narrador di que hai tiranos que botan libros á fogueira. Por que o farán? Que pretenden con iso? Achega unha opinión ao respecto. 4 I ndica como se adoitan clasificar os libros nas bibliotecas e di en que sección da biblioteca estará clasificado o libro a que pertence este texto. 5 Entre toda a clase elaborade unha listaxe de libros que vos parezan extraordinarios e xustificade a escolla. 6 E n parellas, investigade nomes de bibliotecas famosas ou importantes do mundo; dicide por que son coñecidas e onde se atopan. 22 L I T E R A T U R A

RkJQdWJsaXNoZXIy