252761

Taylor O edificio onde vive semella o máis alto do mundo, e a súa rúa a máis longa de todas, e a escola é un xigante rañaceos. Todos din que Nova York é unha cidade importante, na que todos os homes camiñan con présa a un lugar importante, e todas as mulleres camiñan con présa a un lugar importante, e ata os gatos camiñan con présa para ir deitarse a un lugar importante. Pero Taylor aínda non cumpriu nove anos e séntese formiga dentro dese mundo enorme, no que os nenos non poden saír sós para xogar nos parques. Berta Dávil a , A pel do mundo 1 1 E xplica, en dúas liñas como máximo, de que fala este texto. 2 Anota o sentimento ou a emoción que che provoca a súa lectura. 3 Sinala as características da linguaxe literaria que atopas. Pensa e explica que efecto produce a repetición dalgúns enunciados e que cres que se pretende ao facelo. 4 Dirías que unha das funcións deste texto é a lúdica ou a denuncia? Por que o cres? Achega enunciados para apoiar a resposta. 1 Buscade información en Internet do que é un booktrailer e de como se fai. Despois, elixide o libro que ides presentar. 2 Elaborade un pequeno guión do que queredes contar no vídeo. Incluíde algunha cortina de presentación e frases curtas que interpelen ao receptor. 3 G ravade o vídeo de acordo co que tedes programado. Revisádeo e editádeo tendo en conta que a duración máxima sexa dun minuto. Porfilla un libro En parellas, ides elaborar unha PRESENTACIÓN EN VÍDEO dun libro para recomendar a súa lectura. SITUACIÓN DE APRENDIZAXE PRESENTACIÓN E COMENTARIO. Vede na aula os vídeos. Despois comentade que libros dos porfillados por outras parellas vos gustaría ler e por que. 23 L I T E R A T U R A

RkJQdWJsaXNoZXIy