R E V I S O A M I Ñ A A P R E N D I Z A X E O MEU PORFOLIO Procuro palabras no dicionario. Sei como localizar palabras no dicionario? Son capaz de interpretar a información que se achega en cada entrada, ademais da definición? Coñezo a estrutura das palabras e os mecanismos de formación de palabras. Recoñezo a palabra como a unidade máis pequena da lingua dotada de significado? Distingo e clasifico palabras pola súa forma? Separo as palabras nos seus compoñentes? Creo palabras novas mediante a derivación, a composición e a parasíntese? V O C A B U L A R I O G R A M Á T I C A Defino e caracterizo a literatura. Entendo o uso especial da linguaxe que define a literatura? Podo recoñecer os trazos que caracterizan as obras literarias? Analizo a forma de expresión dos textos literarios. Son quen de identificar recursos estilísticos? Percibo a súa particular expresividade? Vexo con claridade a diferenza entre un texto literario e outro que non o é? Reflexiono sobre a finalidade das creacións literarias. Identifico as principais funcións da literatura? Para que creo eu que serve a literatura? L I T E R A T U R A Comprendo o proceso da comunicación. Sei explicar en que consiste o acto comunicativo? Entendo o código como un sistema de signos? Doume conta da importancia de coñecer o código para poder interpretar unha mensaxe? Distingo entre códigos verbais e non verbais? Diferencio entre linguaxe e lingua. Asocio a linguaxe coa capacidade dos seres humanos para comunicarnos? Identifico a lingua como un código verbal? Valoro a lingua como o sistema de comunicación máis potente que temos os seres humanos? C O M U N I C A C I Ó N MAPA VISUAL . Represento con debuxos os elementos que interveñen nun acto de comunicación e poño exemplos. EXPRESIÓN ORAL . Reviso e gardo o guión da presentación que fixen na tarefa da páxina 13. PÓSTER. Deseño unha lámina que me facilite a aprendizaxe da morfoloxía das palabras. Inclúo nela: As clases de palabras, coa súa definición e exemplos. Os tipos de morfemas flexivos. Os procedementos de formación de palabras. DICIONARIO LITERARIO. Comezo o meu dicionario literario e anoto estes conceptos, xunto coas súas definicións. Literatura. Linguaxe literaria. Recursos estilísticos. 24 L I N G U A / L I T E R A T U R A
RkJQdWJsaXNoZXIy