4 Aprender lingua é un longo camiño que se percorre CONSTRUÍNDO MUNDOS máis equitativos, máis xustos, máis sostibles. Para conseguilo propoñémosche un itinerario con diferentes fitos. Itinerario didáctico A partir dun TEMA DE HOXE, próximo á túa realidade e intereses, poderás traballar as destrezas comunicativas. #Polo planeta!, #O mar de todos, #Iguais e diferentes ou #A música das palabras son algúns deses temas. Moitos están relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e farante partícipe da construción dun mundo mellor. A competencia lectora, o coñecemento dos diferentes tipos de textos e a súas características, os contidos léxicos, ortográficos e gramaticais convértense en aprendizaxes ao servizo da túa competencia comunicativa. As PROPOSTAS DE TRABALLO da sección NA PRÁCTICA vanche ofrecer a posibilidade de aplicar todo o que vas aprendendo. Un espazo para todas as persoas?, Con sentidiño!, Detectives en acción!… son exemplos de situacións que serven para contextualizar e integrar as túas aprendizaxes e que che van permitir, por exemplo, elaborar sinais de pictogramas para facer o teu centro máis inclusivo, elaborar unha guía para detectar noticias falsas… APERTURA DE UNIDADE 1 CONTIDOS Lingua 2 SITUACIÓN DE APRENDIZAXE Lingua 3
RkJQdWJsaXNoZXIy