5 OBSERVATORIO LINGÜÍSTICO 7 E ao final de cada trimestre vas coñecer a relación que manteñen os falantes coa súa lingua, a través dun observatorio lingüístico en que che propoñemos contidos como a diversidade cultural e lingüística, os usos e as actitudes lingüísticos dos falantes de galego, as variedades lingüísticas da nosa lingua ou a relación do galego coa lusofonía. As características da linguaxe literaria e dos diferentes xéneros, así como o achegamento ao cómic ou banda deseñada forman parte dos contidos que irás adquirindo este curso. Estes contidos vanche dar a posibilidade de realizar un produto ao finalizar cada unidade. Situacións relacionadas co teu mundo vanche servir de contexto ás túas producións. Vas elaborar unha lista de reprodución de cántigas populares, escribir un microrrelato partindo dun anuncio, facer unha presentación dixital de seres da nosa mitoloxía… todo a partir de situacións que te van conectar co mundo da literatura. Propoñémosche a revisión persoal da túa aprendizaxe a través de preguntas, da utilización dun porfolio persoal e da aplicación dos coñecementos a un texto. CONTIDOS Literatura 4 SITUACIÓN DE APRENDIZAXE Literatura 5 PECHE DE UNIDADE 6
RkJQdWJsaXNoZXIy