COMUNICACIÓN A comunicación Que é a comunicación? A comunicación é o proceso polo que un emisor lle transmite unha mensaxe a un receptor. Nun acto de comunicación , que consiste no intercambio de información entre dúas ou máis persoas, inter veñen varios elementos: o emisor, quen elabora e transmit e a mensaxe; o receptor, a persoa que recibe a mensaxe; a mensaxe, a información que se comunica ; a canle, a vía ou medio polo que se transmite a mensaxe; e o código, o sistema de signos que permite elaborar a mensaxe. O código Un dos elementos fundamentais da comunicación é o código, un conxunto de signos que permite transmitir e recibir mensaxes. As palabras, os xestos, os sinais, etc., que empregamos en cada caso para compoñer mensaxes son os signos que forman os códigos. Os códigos poden ser verbais ou non verbais. Por exemplo, se nos preguntan se queremos algo e negamos coa cabeza , estamos transmitindo unha infor - mación a través dun código non verbal: utilizamos un código xestual . Pero se, en lugar diso, contestamos «Non, grazas», empregamos un código verbal. Tipos de códigos Signos que os forman Exemplos Verbais Signos lingüísticos: palabras. Linguas ou idiomas, lingua de signos, braille. Non verbais Imaxes, movementos, olores, sons. Xeroglíficos, código morse, sinais de circulación, sistemas de comunicación dos animais… Linguaxe e lingua O código principal de cantos se utilizan na comunicación humana é a lingua . Unha lingua é un código verbal compartido por unha comunidade de falantes. Está integrada por sons e grafías que se combinan segundo unhas nor - mas det erminadas, e permít enos expresarnos de xeito oral ou por escrito. Trátase do sistema de comunicación máis potente e f lexible que existe, capaz de transmitir mensaxes moi elaboradas e complexas. A capacidade dos seres humanos para comunicarse mediante signos e, polo tanto, mediante códigos, é a linguaxe. Linguaxe e lingua son dous conceptos diferentes. A nosa capacidade para comunicarnos a través dun código, sexa do tipo que sexa (verbal , xestual , de movementos, imaxes, etc.), é a linguaxe. A lingua é un dos múltiples códigos que podemos utilizar para poñer en práctica esa capacidade. 1. 2. 3. A danza das abellas Os códigos dos animais non sempre son acústicos. As abellas, por exemplo, utilizan danzas e movementos corporais para comunicar o lugar e a distancia a que se atopa a fonte de alimento (as flores). Mensaxe Canle Código Receptor Emisor 8 L I N G U A
RkJQdWJsaXNoZXIy