1 Proposta de traballo 2 NA PRÁCTICA Investiga e interpreta. Busca en Google-Imaxes o código internacional de bandeiras náuticas. Descifra a seguinte mensaxe e escríbea no caderno. Proposta de trabal lo 1 Escolle unha das dúas imaxes de abaixo e resolve as cuestións. Inventa un diálogo e identifica os distintos elementos que se poden recoñecer no acto comunicativo. P i d e v o l u n t a r i o s p a r a r e p r e s e n t a r o t e u d i á l o g o d i a n t e d a c l a s e e p a r t i c i p a n o d i á l o g o q u e e s c r i b i s e n outras compañeiras ou compañeiros. Reflexiona e responde as preguntas que se formulan debaixo da imaxe que escolliches. Imaxina que a nena ou un dos rapaces ten dificultades para oír, pero sabe ler nos labios. De que maneira a máscara sanitaria complica a comunicación para ela ou para el? Que forma de comunicación podería facilitar o diálogo entre eles? Trátase dunha forma de comunicación verbal ou non verbal? Que vantaxe e que inconveniente teñen as plataformas de comunicación en liña? Coñeces estoutras canles de comunicación virtual: o foro, o blog e a conversa en Rede? Infórmate e define cada unha brevemente. Que prefires: o ensino telemático ou o presencial? Razoa a resposta. Entre toda a clase, inventade un código secreto para comunicarvos por escrito. Elixide unha figura xeométrica para representar cada letra do alfabeto. Nunha cartolina grande, escribide as letras e, ao seu carón, o símbolo correspondente. Apegade a cartolina nunha parede da aula. Xogade en grupo ás mensaxes secretas. Cada grupo escribirá a súa co alfabeto xeométrico. Ao rematar, intercambiarédelas co equipo veciño. Gañará o equipo que antes adiviñe a que lle tocase. Proposta de traballo 3 A B 9 L I N G U A
RkJQdWJsaXNoZXIy