COMPETENCIA LECTORA Na miña cabeza , eu pescudaba algo mái s ar tí stico. Nin reviradas figuras xeométricas, nin letras de cores convertidas en borranchos. Se cadra , unha pai saxe: vellas laxes luídas polo tempo a carón dun mar embravecido; unha nena remexendo cun pau nas augas mansas dun regato abeirado por bidueiros; calados outeiros en que xeme o vento entre árbores; a noite, recendendo a silencio coas estrelas escintilando, for - mando estrañas constelacións. A s ima xe s pai raban na miña ima xinac ión c oas ás aber tas, abrindo un mar de posibi lidades. E ningu- nha delas semellaba ser a perfecta para aquel muro branco do pavillón . María tentaba darme trela , pero quizais aquel traballo era demasiado para min . Decateime de que antes de facer a proposta debería meditar máis sobre o graf fiti . Cando remataba o recreo, volvía á clase silenciosa e amoucada , sabendo que pronto debería ter polo menos un bosquexo que ensinarlle ao director. Entón , unha tarde, estomballada na cama , veume á cabeza algo que tiña esquecido. Tempo atrás chamárame a atención unha tatuaxe que tiña no antebrazo Wawrinka , o tenista preferido de meu pai . –A final de Roland Garros de 2015 foi… espectacular –adoitaba repetir a quen qui xera escoitalo. El , que nunca collera unha raqueta na vida . Collín o móbil e comecei a buscar. Non foi difícil. Seica as tatuaxes dos famosos tiñan un mundo propio en Internet. As galerías de fotos parecían un museo da tinta. Todo o que a xente quería lembrar e que atesouraba na súa propia pel . Deseguida atopei a Wawrinka, aquel tenista suízo que nunca chegara a número un. A qu e l a s c a t o r c e p a l a b ra s d o s e u a n t e b ra z o e ra n unha cita dun autor irl andés, Samuel Beckett , que segundo dicía el mesmo, lle daban confianza . Seguín navegando e púxenme a ler unha pequena biografía dest e escritor, a qu en l l e deran o P remio Nob el de Literatura . As frases eran dun dos seus libros, Rumbo a peor, que parecí a o mantra de papá cando v í a as novas na tele. Copiei as palabras nun folio e, ao día seguinte, presenteillas ao director. Leunas e estourou nunha gargallada. –Unha mensaxe moi estoica . Non sei se a todos os profesores lles fará graza . O graffiti O director aceptara a miña proposta. Eu non esperaba que o f ixera . Fora a velo e el escoitárame detrás do escritorio cos ollos gacios e cos dedos entrelazados coma se ref lexionase en cada unha das miñas palabras. Logo, levantárase e mirara pola fiestra cara ao aparcadoiro. Estivera así uns segundos interminables. –Podes –aceptara f inalmente–. Tes permi so. Non é mala idea e gústanme as persoas afoutas. E con aqui lo e o seu sorri so tími do dei xárame sen máis que dicir. E agora tiña un problema . Durante un par de días aproveitei os recreos para estar ant e o muro. Ás veces sentada , ás veces en crequ ena s , c o s p en s am ento s t e c endo unha a rañ e i ra interminable, gorecida do sol baixo as pólas dun carballo. Tiña permiso para facer o graf fiti , mais que ía debuxar? Eu sabía que o director aceptaría calquera das miñas ideas sempre que non fose ofensiva , i so dixéramo el , mais non quería facer calquera deseño. Buscaba algo que fixera ref lexionar os meus compañeiros. –É doado –dicíame María , a miña mellor amiga–. Fai un cantante. Iso, por suposto, estaba descartado. Era demasiado difícil facer un rostro coñecido e non quedaría ben , parecerían os garabatos dun neno. 10 L I N G U A
RkJQdWJsaXNoZXIy