252772

O AUTOR Xavier Estévez (Bruxelas, 1969) é mestre de Primaria no Colexio Divino Salvador de Vigo. O seu amor pola lectura e pola escritura naceu case canda el: os seus primeiros contos escribiunos con nove anos e o seu primeiro relato publicouno, aos dezaseis, no xornal Faro de Vigo. O éxito e o recoñecemento obtidos coa publicación do seu primeiro libro en 2008 foron aumentando coas súas seguintes obras, coma Kibuko ou Aqueles tempos que perdemos, ata chegar a converterse nun dos referentes da literatura infantil e xuvenil galega contemporánea. En 2020, colaborou coa ONG Aulas Abiertas na publicación de dúas obras colectivas de relatos. 1 Logo de v o lveume o papel e púxome unha man no ombro. –É perfecto –e deste xeito quedou aprobado o graffiti . Tardei unha tarde ent eira . Como non había clase a aquelas horas, traballei soa , sen ninguén que molestase. Medín , usando unha vel la regra de madeira , e tracei primeiro as letras a lapis. Logo repaseinas coa pintura azul e tentei que se puidesen ler ben . Tres horas despois, sentada baixo o carballo, tomando un refresco, contemplei o que fixera . E sentinme ben . Un vento maino parolaba coas pólas e secábame a suor. O sol de maio comezaba a retirarse. Tentáchelo. Fracasaches. Dá igual . Proba de novo. Fracasa outra vez. Fracasa mellor. Samuel Beckett Xavier Estévez OBTER INFORMACIÓN 1 Responde. Que personaxes interveñen na historia? Onde transcorre a acción do relato? En que época do ano? Por que a protagonista foi ver o director? Cal foi o resultado da conversa entre ambos? 2 E xplica como se sentiu a rapaza xusto despois da entrevista co director. Despois indica, con exemplos do texto, como vai medrando o seu desánimo. 3 A ntes de poñerse mans á obra, a artista vive todo un proceso de reflexión sobre que representar no muro. Dá detalles sobre estes tres momentos. O que descartou facer. O que non descartou facer. O que decidiu facer ao final. En quen se inspirou a rapaza para tomar a decisión? Conta como lle xurdiu a idea. 4 N as liñas finais da primeira páxina, aparece o termo mantra. Explica o seu significado nese contexto, sen recorrer ao dicionario. 5 Explica por que o director cualifica de estoica a mensaxe do grafitti. Se é necesario, busca o significado dese adxectivo. C O M P R E N S I Ó N E A N Á L I S E D O T E X T O 11 L I N G U A

RkJQdWJsaXNoZXIy