A DEBATE Falade sobre os graffiti da vosa localidade, xa sexan sinaturas, textos, debuxos ou pinturas. Tede en conta estas preguntas: Pensades que todos son obras artísticas? Por que? Que diferenzas atopades entre eles? Credes que se pode pintar en calquera sitio e sen permiso ou só nos espazos previstos para ese fin? COMPETENCIA LECTORA S O M O S L I N G U A Palabras para un valo Igual que tantos artistas urbanos, igual que a composición realizada pola protagonista do relato que acabas de ler, ti tamén podes escoller algunha mensaxe que che gustaría ver rotulada nun muro. Podes elixir versos dun poema ou dunha canción, palabras ditas ou escritas por algunha persoa do campo da ciencia , da f i losof ía , da literatura… Escribe o teu texto nun papel e no encerado da clase. INTEGRAR E INTERPRETAR A INFORMACIÓN 6 A partir do que di e do xeito de actuar o director do centro, escribe unhas liñas para describir trazos esenciais da súa personalidade. 7 Localiza, nos parágrafos descritivos, estes recursos e coméntaos. personificacións hipérboles 8 O oxímoro é un recurso que consiste en utilizar dous termos que se contradín ou son incoherentes entre si. Relé a cita e sinala o oxímoro. Escribe unhas liñas para comentar a cita completa. Explica se che parece unha mensaxe, lóxica, absurda... Xustifica a túa opinión. 9 Á hora de facer o graffiti, a artista proponse facer reflexionar os seus compañeiros e compañeiras. Cres que o conseguiría? Expresa a túa opinión coma se ti pertenceses ao alumnado dese centro. REFLEXIONAR E VALORAR 10 O director valora a iniciativa da alumna, recoñécello explicitamente e concédelle permiso. Comenta cos teus compañeiros e compañeiras. Credes que por non atrevernos a dar o paso perdemos oportunidades? Coñecedes persoas a quen lles acontecese? En que casos lles ocorreu? Sucedeuche a ti algunha vez? Cando foi e en que situación? R E P A R A N A L I N G U A D O T E X T O Escribe un sinónimo para cada unha das seguintes palabras. • gacios • borranchos • pairaban • darme trela • amoucada Busca no texto unha palabra escrita con v e que en castelán se grafe con b; e ao revés, unha palabra escrita con b e que en castelán se escriba con v. Localiza no texto dous sintagmas nominais, dous adxectivais, dous adverbiais e dous preposicionais. L É X I C O O R T O G R A F Í A G R A M Á T I C A 12 L I N G U A
RkJQdWJsaXNoZXIy