EXPRESIÓN ESCRITA Resumir un texto 1 O resumo é unha ferramenta moi útil para comprender un texto e, xa que logo, unha boa técnica para estudar. Demostra a túa capacidade de síntese resumindo un artigo da Galipedia sobre un tema do teu interese. 1 A lectura comprensiva L e o texto tantas veces como che cumpra para comprender de que trata. Busca no dicionario as palabras que non entendas e apunta o seu significado. 2 A estrutura I dentifica as partes en que se desenvolven distintos aspectos concretos relacionados con tema. Sobre esta estrutura poderás confeccionar despois o esquema. 3 O subliñado e a anotación L ocaliza as ideas máis relevantes de cada parte do texto. Utiliza diferentes cores para subliñalas, segundo o seu grao de importancia. Anota as ideas principais e secundarias de forma diferenciada, a carón de cada apartado ou na folla á parte. 4 O esquema Tendo en conta a estrutura do texto, elabora un esquema organizado en apartados e subapartados. Será a túa folla de ruta para a redacción. 5 A redacción R edacta o resumo, coas túas palabras, a partir do esquema. Constrúe oracións breves, pero non telegráficas. Escribe un texto adecuado, coherente e cohesionado. 6 A revisión e a corrección L e e comproba que o resumo recolle e reflicte a esencia do artigo. Corrixe os erros e pásao a limpo. PASO A PASO Pautas para resumir un texto: • Ler atentamente o texto completo e identificar o tema. • Recoñecer as partes que compoñen a súa estrutura. • Subliñar e anotar, debidamente diferenciadas, as ideas principais e secundarias de cada parte. • Facer un esquema coas ideas fundamentais. • Redactar o resumo a partir do esquema. Imprime o artigo ou descárgao en formato pdf para poder lelo e manipulalo máis facilmente. Ten á man unha folla ou unha ficha de lectura para ir anotando o que precises. Recursos para destacar conceptos clave: frechas, asteriscos, marcos, signo de admiración, cariñas... Definición Historia Xapón Elementos Escola estadounidense Escola europea Estilos Xéneros Orixe Recursos gráficos Texto Francia España Italia Iugoslavia Banda deseñada 13 L I N G U A
RkJQdWJsaXNoZXIy