252772

GRAMÁTICA As unidades lingüísticas A lingua e a súa organización A lingua é un si st ema que funciona mediant e a combinación de unidades que dan lugar a outras unidades cada vez máis complexas. Os fonemas son as unidades mínimas da lingua e carecen de significado. Son fonemas /l/, /i/, /b/, /r/, /o/. Os fonemas combínanse entre si e forman unidades máis complexas, dotadas de significado: os morfemas. Estes, á súa vez, forman palabras. Por exemplo, os morfemas libr - + -aría forman a palabra libraría. As palabras, ao combinarse, agrúpanse en sintagmas: A libraría de Iria. E o sintagmas únense e forman enunciados: A libraría de Iria está en Tui. Os enunciados combínanse para formar textos que, como viches no apar - tado de Comunicación , son unidades lingüísticas pechadas; por exemplo, unha carta , un informe, unha conferencia , un libro… Estas combinacións de elementos que se asocian para formar outros mái s complexos permiten que cun número limitado de unidades se poida construír un número ilimitado de mensaxes. Os sons e os fonemas A linguaxe humana é eminentemente oral , xa que funciona mediante sons. Cando est es sons permit en di ferenci ar pal abras, chámanse fonemas. Por exemplo: os fonemas /o [aberto]/ e /o [pechado]/ permiten distinguir entre óso e oso, e os fonemas consonánticos /b/, /l/, /p/, entre bote, lote e pote. Os fonemas son as unidades lingüísticas máis pequenas, que se manifestan a través dos sons e permiten diferenciar palabras. En galego hai 26 fonemas: 19 consonánticos /b, ch, d, f, g, k, l, ll, m, n, n velar, ñ, p, r, rr, s, t, x, z/ e 7 vocálicos /a, e [aberto], e [pechado], i, o [aberto], o [pechado], u/. As letras son as representacións gráficas dos fonemas. Os morfemas Os morfemas son as unidades máis pequenas da lingua dotadas de significado en que se pode dividir unha palabra . Así , nunha palabra como libraría hai dous morfemas: Refírese ao ‘conxunto de follas escritas’. Aparece tamén en palabras como libreiro ou libreto. librAchega o significado de ‘lugar onde se fabrica, se vende ou hai abundancia dunha cousa’. -aría 1. 2. 3. C O N E C TA C O T E M A Cres que todos os falantes de galego empregan os mesmos sons? Razoa a resposta. Ordena de maior a menor: morfema, enunciado, sintagma, texto, fonema, palabra. 14 L I N G U A

RkJQdWJsaXNoZXIy