252772

1 As palabras As palabras son unidades lingüísticas que teñen significado e se escriben separadas unhas das outras. Seg undo o seu sig ni f icado, a súa forma e a súa f unción, as pa labras poden ag r upa rse en d ist intas clases: substant ivos , pronomes , determinantes , ad xect ivos , verbos, adverbios, preposicións, con xuncións e inter xeccións. A fondaremos nelas ao longo das próx imas un idades. Os enunciados e os sintagmas Un enunciado é un conxunto de palabras a través do cal se expresa unha idea . Existen dous tipos de enunciados: os oracionais e os non oracionais. Enunciados oracionai s ou oracións. Son enunciados que presentan un ou máis verbos en forma persoal . Por exemplo: Alba fai surf. Enunciados non oracionai s ou frases. Son enunciados que carecen de verbo en forma persoal . Por exemplo: Grazas pola súa visita. Modalidade do enunciado A modali dade do enunci ado ref írese á forma en qu e o fal ant e present a ese enunciado: como unha afirmación , unha pregunta , unha exclamación… Segundo a modalidade, distínguense as seguintes clases de enunciados: 4. 5. Características dos enunciados Independencia fónica. Desde o punto de vista da expresión, un enunciado é unha cadea de sons que se pronuncia cunha entoación independente da doutros. Cada enunciado remata nunha pausa longa que representamos na escrita mediante un punto ou signos de interrogación ou admiración. Sentido completo. Desde o punto de vista do significado, un enunciado é a expresión dunha idea e, como tal, ten sentido completo. Clases Caracterización Exemplos Enunciativos Presentan un feito ou un pensamento coma se fose real. O curso comezou onte. Non me gusta o marisco. Interrogativos Expresan unha pregunta. A que hora é o recreo? Exclamativos Adoptan a forma dunha exclamación. Que rico sabe este zume! Exhortativos Expresan consello, rogo, mandato ou prohibición. Corre, Maruxa, que chove! Desiderativos Expresan un desexo. Ás veces teñen forma exclamativa. Oxalá poida ir ao cine o sábado. Dubitativos Expresan unha dúbida. Talvez me apunte hoxe ao ximnasio. De posibilidade Expresan unha suposición ou posibilidade. Quedarán tres ou catro entradas para o concerto. 15 L I N G U A

RkJQdWJsaXNoZXIy