GRAMÁTICA Os sintagmas Nun enunciado, as palabras organí zanse en grupos denominados sintagmas. Na nosa lingua podemos distinguir os seguintes: Sintagma nominal (SN) as cinco plantas do edificio Sintagma verbal (SV ) anunciaron a fichaxe dun novo xogador Sintagma adxectival (SAdx) moi contenta polo éxito da novela Sintagma adverbial (SAdv) demasiado tarde para conseguir entradas Sintagma preposicional (SPrep) por un mundo máis xusto Os sintagmas poden recoñecerse polas seguintes características: Desempeñan unha determinada función no enunciado. Por exemplo, o sintagma nominal pode ser suxeito, complemento directo, atributo… As palabras que compoñen un sintagma desprázanse xuntas se se altera a súa posición no enunciado: O aire fresco / entraba / pola ventá . Entraba / o aire fresco / pola ventá . Pola ventá / entraba / o aire fresco. Xeralmente, os sintagmas pódense substituír por un pronome, un adverbio ou unha palabra equivalente: O can atopou un rato no xardín. El atopouno aí. 1 Pronuncia dez palabras diferentes con estes sons. a - e - i - o - u- m - b - r - s - n - t - c - g - p 2 Identifica os fonemas que permiten distinguir os seguintes grupos de palabras. bóla-bola pazo-paso vea-boa ola-hora mar-mal-man pé-pe-pa 3 Divide estas palabras en fonemas e morfemas. xornalista deportivo rebusca Localiza dúas letras distintas que reproducen un mesmo fonema. Asocia cada significado co morfema que cumpra. ‘Capacidade para algo ou inclinación por algo’. ‘Repetición’. ‘Ocupación, profesión ou oficio’. Escribe un enunciado con cada palabra. 4 Separa e clasifica os sintagmas deste enunciado. Onte instalaron un novo proxector na clase. 5 Le o chiste en alto e explica por que a clave está na pronuncia. Conversación nunha ferraxaría: –Ola, boas! Tes alicates? –Non, síntoo, xa non me quedan. –E serras? –Ás oito da tarde. Repara nos enunciados subliñados e di se son oracionais ou non oracionais. Clasifícaos segundo a súa modalidade. 6 Utiliza cada sintagma en tres enunciados de modalidade distinta. Fíxate no modelo. os meus avós máis rápido moi ben un bo can deica mañá lonxe de aquí Os meus avós viven na aldea. / Non coñeces os meus avós? / Canto quero os meus avós! A C T I V I D A D E S 16 L I N G U A
RkJQdWJsaXNoZXIy