252772

1 Proposta de traballo 2 Fíxate nas fotografías e imaxina que forman parte do teu álbum. Vas etiquetalas para non esquecer o momento. Anota os datos máis relevantes, coma se os escribises por detrás da foto, tendo en conta estas indicacións. Constrúe catro enunciados de distintas modalidades que recollan a seguinte información: Quen son Onde están Cando foi Que pasou Todos os enunciados deben ser oracionais e conter, como mínimo, cinco palabras cada un. Ademais, nos enunciados haberá, polo menos, catro dos sintagmas estudados. Transforma as oracións en enunciados non oracionais. Intercambia as túas anotacións coas dun compañeiro ou compañeira e corrixídevos mutuamente. Anímate a etiquetar as túas propias fotos, impresas ou dixitais, con breves enunciados que che axuden a identificalas. NA PRÁCTICA Proposta de traballo 1 Le os slogans dos anuncios e resolve as actividades que se propoñen. Localiza tres enunciados exhortativos. Que efecto cres que consegue esta modalidade nunha campaña publicitaria? Razoa a resposta. Copia o enunciado máis longo e indica a súa modalidade. Di se é unha frase ou unha oración. Separa os distintos sintagmas compoñen o enunciado. Identifica a palabra máis importante. De que dúas maneiras se destaca? Converte os enunciados non oracionais en oracionais. En parellas, inventade tres frases e tres oracións que sirvan de slogans para promover o uso do galego. B A A B 17 L I N G U A

RkJQdWJsaXNoZXIy