252772

1 En banda deseñada O cómic, tal e como o coñecemos na actualidade, é unha arte visual que acadou un gran desenvolvemento no último terzo do século xx. Con todo, moitos anos antes xa se publicaban tiras cómicas, e mesmo revistas, dirixidas a un público infantil e adolescente. Hoxe, deste xénero narrativo gozan persoas de todas as idades. Entre todos, ides elaborar unha REVISTA DE CÓMIC. Podedes traballar en diferentes grupos. Cada un realizará, polo menos, unha páxina desa publicación. 7 Reunide os traballos e confeccionade a revista. 8 Tras a lectura dos vosos cómics, subide a vosa publicación á web do centro. MANS Á OBRA SITUACIÓN DE APRENDIZAXE 4 Comezade a dividir, en diferentes escenas, a historia que ides contar. Comprobade que se comprende ben. 5 Distribuíde o espazo de cada viñeta, segundo o que aconteza e os diálogos entre os personaxes. Podedes acudir ás ferramentas gratuítas para crear cómics en liña. 6 Incorporade textos e elementos gráficos: globos de diferentes formas, breves textos narrativos, onomatopeas, liñas de movemento, símbolos metafóricos… AS VIÑETAS A IDEA 1 Organizádevos en grupos e pensade nalgunha idea que teña forza para poder contala en viñetas. Decidide algúns aspectos como se mostran nestes exemplos: Que pasa? Prodúcese un roubo moi importante. Onde? Nun museo, nun banco, nunha xoiaría… Quen leva o caso? Unha investigadora moza e o seu axudante. 2 Inventade, entre todos, o resto dos detalles: a peza roubada e o seu valor, así como as pistas que conducen aos autores e á resolución do caso. Seguide estas pautas: Anotade a trama xeral do voso relato gráfico. Escribide os diálogos entre os distintos personaxes, así como, no seu caso, os seus pensamentos. 3 Facede, só a grandes trazos, os primeiros bosquexos. Dos personaxes coas súas vestimentas correspondentes. Do decorado que ambientará as diferentes escenas. AVALIACIÓN Sobre a narración: Resulta interesante a historia? Está ben estruturada? Sobre a banda deseñada: Os debuxos quedaron ben e identifícanse inequivocamente os diferentes personaxes? O resultado é claro e atractivo? 19 L I N G U A

RkJQdWJsaXNoZXIy