1 RECURSOS FÓNICOS Afectan os sons. Aliteración Repetición dun son ou varios para provocar un efecto determinado. Pende en que pende Penélope pensativa. Álvaro Cunqueiro Paronomasia Utilización de palabras semellantes no son, pero con significados distintos. Digo devastación que USA, usa Celso Emilio Ferreiro RECURSOS GRAMATICAIS Afectan a orde das palabras, a súa supresión ou a súa repetición. Anáfora Repetición dunha palabra ou máis ao principio de distintos versos ou enunciados. Onte era anduriña. Onte serán cantigaba. Onte a pradeira aboiaba no retorno da meniña. María Mariño Paralelismo Repetición de estruturas sintácticas iguais ou similares. Será a túa lingua a miña liberdade? Será o teu silencio o meu país? Alfonso Pexegueiro (adaptación) Quiasmo Presentación en orde inversa de palabras en frases ou versos seguidos. Escuro e triste de noite, e triste e escuro de día Ramón Cabanillas Hipérbato Alteración da orde habitual das palabras. Entonces o espírito invade do bardo escura melancolía. Eduardo Pondal Asíndeto Supresión de conxuncións ou enlaces. O taberneiro bole saúda cobra serve fala Bernardino Graña Polisíndeto Uso repetido dunha conxunción. E es o murmurio do río e es a noite e es a aurora. Rosalía de Castro (adaptación) RECURSOS SEMÁNTICOS Afectan o significado. Símil ou comparación Confrontación de dous elementos para establecer entre eles certas similitudes. Un beixo ininterrompido É coma beber leite. Yolanda Castaño Metáfora Identificación de dúas nocións entre as que se establece unha relación de semellanza. A noite é o pranto do día, lágrima inmensa de sombra que escorre sobre a campía. Aquilino Iglesia Alvariño Metonimia Designación dunha realidade co nome doutra coa que ten relación causal, temporal, espacial ou simbólica. Se designa a parte polo todo, denomínase sinécdoque. Des que meteu os miolos na chi s tera , don Celidonio fíxose outro. Vicente Risco (adaptación) (Desígnase a parte, miolos, para referirse ao conxunto, á cabeza). Hipérbole Esaxeración. A auga toda dos océanos ensumiuse nunha bágoa Manuel Antonio Antítese Contraposición de dous elementos. É outono e en min nace primavera. María Mariño (adaptación) Personificación ou prosopopea Atribución aos seres inanimados de calidades propias dos seres vivos ou aos animais de calidades humanas. A luz de abril: a terra xeme de sazón, entreabre o fondo suco do amor e canta. Antón Avilés de Taramancos (adaptación) 21 L I T E R A T U R A
RkJQdWJsaXNoZXIy