252772

LITERATURA A análise métrica dun poema Os textos en verso distínguense por posuír un ritmo marcado que se consegue a través da medida dos versos ou da rima . Facer a análise métrica dunha composición lírica consiste, precisamente, en determinar a medida dos seus versos e as estrofas ou combinacións de versos que a compoñen . A medida dun verso vén dada polo seu número de sílabas. Ao contar as sílabas debemos lembrar que, se o verso remata nunha palabra aguda , hai que sumar unha sí laba e, se remata nunha esdrúxula , hai que restala . Ademai s, existen algunhas licenzas métricas que poden afectar o cómputo: Sinalefa Cando unha palabra remata en vogal e a seguinte comeza tamén por vogal ou por h, as dúas sílabas pronúncianse xuntas e contan coma unha soa. Non me-im-por-ta-a de-rro-ta se ti me-i-den-ti-fi-cas. (14 sílabas) Miro Villar Diérese Un ditongo pódese contar como dúas sílabas. Ás veces sinálase cunha diérese. Mor-te crü-el, e-sa tre-do-ra ma-ña (11 sílabas) Pedro Vázquez de Neira Sinérese Dúas sílabas en hiato poden contarse coma unha soa. que soen re-ti-rar-se / dos du-ros tra-ba-llos. (6 sílabas) Eduardo Pondal O cómputo das sílabas dos versos ser virá para establecer se son de arte menor (8 sílabas ou menos) ou de arte maior (máis de 8 sílabas). A rima consi st e na repetición de sons, en dous ou mái s versos, a par tir da última v ogal acentuada de cada verso. Se se repit en só as v ogai s , a r ima é asonant e; se se repit en todos os sons, v ocálicos e consonánticos, a rima é consonante. Hai versos que non riman con ningún outro: estes denomínanse versos soltos ou brancos. Na análise métrica , a rima dos versos represéntase cunha letra maiúscula , se estes son de arte maior (A, B), e cunha minúscula se son de arte menor (a , b). A ausencia de rima represéntanse cunha raia (−). Os xéneros literarios Os xéneros literarios son as categorías en que se agrupan as obras literarias. Proporciónanlles aos autores modelos de composición á vez que lle permiten ao l ector t er unha idea pre v ia das súas caract erí sticas formai s. Hai tres grandes xéneros literarios: lírico, narrativo e dramático. No xénero lírico, unha voz poética expresa , de xeito real ou finxido, as súas emocións e a súa visión do mundo. A maioría das obras está escrita en verso. No xénero narrativo, un narrador relata , habitualmente en prosa , as accións duns personaxes nun tempo e nun lugar. No xénero dramático inclúense as obras, en prosa ou en verso, concibidas para seren representadas diante dun público; nestes textos non hai narrador e son os personaxes os que, a través do diálogo, contan os acontecementos. 4. 5. Os subxéneros En cada un dos xéneros pódense distinguir outros subxéneros. Na lírica, diferéncianse, entre outros subxéneros, as cantigas, as odas e as elexías. Pertencen á narrativa os contos e as novelas. Dentro do xénero teatral distínguense a comedia, a traxedia e o drama. Poemas estróficos e non estróficos Algúns poemas están formados por estrofas. Unha estrofa é unha combinación fixa de versos cunha determinada medida e cun tipo concreto de rima. Os poemas formados por varias estrofas chámanse poemas estróficos. En cambio, os que non se organizan en estrofas denomínanse poemas non estróficos. 22 L I T E R A T U R A

RkJQdWJsaXNoZXIy