252772

LITERATURA 1 O bserva con atención e le esta conversación das redes sociais. 2 D as tres respostas á pregunta que se formula, di cales son literarias e explica que recursos estilísticos empregan. 3 R elaciona esta conversa co texto do exercicio anterior e responde. Cal das tres respostas daría o médico? Cal daría o narrador? 1 H ai dúas explicacións para a morte da condesiña, unha literaria e outra non literaria. Responde. Cal é cada unha? Cal prefires ti? Por que? Cal prefire o narrador? Busca a parte do texto onde expresa a súa opinión. 2 I ndica con cal das funcións da literatura se relaciona a lenda da condesiña. 3 S inala o xénero literario a que pertence o texto. 4 E xplica por que é importante a imaxe que acompaña o texto. A condesiña Dende a f iestra da torre a condesiña ten os seus ol los chorosos enfiados na derradeira revolta do camiño, por onde un día fuxiu a súa ledicia de namorada. Co verme dos celos rillándolle o corazón, a condesiña vai morrendo pouquiño a pouco na fiestra da torre. E pasan días e meses e anos, esculcando no camiño a v o l t a do s eu amor. E nun s e rán d e p en s amentos velaíños, relembrando aquel bico que se deron a furto, a condesiña belida morreu de amor. Velaí como contan as xentes a morte da namorada. Este sartego encerra dende hai centos de anos as cinzas da malfadada condesiña , e a lenda que se conta de vel los a mozos col leu pulo sentimental no monumento de pedra , hucha mi steriosa para todos os espíritos románticos. Unha vez foi aberto polos «intelectuais» da vila e dentro atoparon ósos, retrincos de lenzo, po e… carabuñas de cereixas para encher dúas cuncas. Por certo que o médico, home de moitos anteollos e de moita caspa na chaqueta, díxolle ao boticario: –A condesiña do que morreu foi dunha enchente de cereixas... Hai homes que non saben calar. Castel ao, Cousas (adaptación) 5 Gústame Alcalaxavier A Nai Natureza desconcerta: quen sabe identificar a imaxe? aradenaron Petróglifos efémeros na beira do mar 52 min 1 Gústame Responder chisconaval No devalo as ondas escriben o destino con caligrafía de area 1 h 2 Gústame Responder shturmovik_72 Son os restos que deixan os vermes da area, despois de pasar a area polo seu aparato dixestivo para aproveitar nutrientes 1 h 2 Gústame Responder 24 L I T E R A T U R A

RkJQdWJsaXNoZXIy