252772

1 Os máis premiados En grupos de tres, facede unha PRESENTACIÓN DIXITAL sobre algúns dos autores e autoras galegos máis recoñecidos dos últimos 30 anos dentro e fóra de Galicia. PRESENTACIÓN E AVALIACIÓN. Expoñede na aula as presentacións dixitais e comentádeas. 1 R epartide os xéneros literarios e facede unha busca na Rede sobre os premiados nos principais certames. Blanco-Amor Abrente Premio Nacional (por xéneros) Premio Esquío Premios da Crítica Premio Lazarillo 2 A notade tres autores ou autoras premiados de cada xénero e recollede información sobre eles e as súas obras. Títulos das obras premiadas Ano de publicación Premio ou premios recibidos Editorial 3 B uscade imaxes dos autores e dos libros para a montaxe. 1 Explica a que xénero literario e a que subxénero pertence este texto. 2 Busca elementos no texto que indiquen que está pensado para representar perante un público. 3 Transforma o fragmento teatral nun texto narrativo e explica os cambios que tiveches que facer. 4 A que outro texto literario remiten as primeiras liñas deste fragmento? Que intención ten esta referencia? SITUACIÓN DE APRENDIZAXE Arlecchino ARLECCHINO : Ad eu s p an , ad eu s c h o u r i z o , a d e u s p r a c e r e s p e - qu e n o s , a d e u s qu e i xo p a rm e - s a n o , n o n s e i c a n d o n o s v e re - mo s . X a e st á ! A g o ra a mo r re r. (Disponse a tirarse ao río). Unha , dúas e. . . VOZ: (En of f) Quieto! ARLECCHINO : Que pasa , quen me fala? VOZ: Eu . ARLECCHINO : E quen é… eu? VOZ: Eu son a voz que clama no deserto. Que pensabas facer? ARLECCHINO : Matarme. VOZ: Aínda non chegou a túa hora . ARLECCHINO : (Ao público, amolado) Non sabía que había que pedir hora . . . Ata para matarse hai li sta de espera . Poi s déame número. Cándido Pazó, Commedia . Un xoguete para Goldoni (adaptación) 25 L I T E R A T U R A

RkJQdWJsaXNoZXIy