R E V I S O A M I Ñ A A P R E N D I Z A X E O MEU PORFOLIO Coñezo as unidades lingüísticas e como se combinan entre elas. Identifico as unidades que compoñen a lingua? Sei que unidades son superiores e inferiores á palabra? Diferencio os enunciados oracionais dos non oracionais, así como a súa modalidade? Son capaz de recoñecer sintagmas? Distingo e uso diferentes tipos de dicionarios. Entendo como se definen os termos nos dicionarios léxicos e enciclopédicos? Sei utilizar os dicionarios dixitais? G R A M Á T I C A V O C A B U L A R I O Repaso o concepto e as funcións da literatura. Defino e caracterizo o fenómeno literario? Lembro as principais funcións do texto literario? Repaso e afondo nos recursos estilísticos. Recoñezo e diferencio os recursos literarios? Podo explicar se afectan ao plano fónico, ao gramatical ou ao semántico? Fago a análise métrica dunha composición. Son quen de facer o cómputo silábico dos versos e de identificar a rima? Lembro o que son os xéneros literarios. Identifico o xénero e o subxénero a que pertence un texto literario? L I T E R A T U R A Defino o texto como unidade de comunicación. Son capaz de recoñecer o texto como unidade pechada de comunicación? Podo distinguir un texto doutras mensaxes que non o son? Recoñezo tipos de textos atendendo a distintos criterios de clasificación. Clasifico os textos atendendo á canle de transmisión, á forma do discurso, á intención comunicativa e ao rexistro empregado? Teño en conta outros criterios, como a situación comunicativa ou o tema, á hora de identificalos e clasificalos? C O M U N I C A C I Ó N ESQUEMA. Clasifico nun esquema os distintos tipos de texto, de acordo cos criterios estudados. EXPRESIÓN ESCRITA. Reviso e gardo o resumo que fixen dun texto do meu interese. MAPA CONCEPTUAL . Elaboro un mapa conceptual coas unidades lingüísticas, ordenadas desde o fonema ata o texto, e con exemplos de cada unha. Ireino enriquecendo coa información das próximas unidades para ter unha visión global do sistema da lingua. POEMA. Busco en Internet o poema Galicia, de Manuel María, e analízoo. Indico a medida dos versos. Localizo os versos que riman e identifico os sons que coinciden ao final de cada verso. Identifico algúns recursos estilísticos. 26 L I N G U A / L I T E R A T U R A
RkJQdWJsaXNoZXIy