252772

1 A P L I C O O S M E U S S A B E R E S O rato das tiras cómicas Un rato qu e v iv í a nunha tira cómi ca , far to de v iv ir entre as páxinas dun xornal e desexando mudar o sabor do papel polo do queixo, pegou un chimpo e pasou ao mundo dos ratos de car - ne e óso. –Suash! –exclamou decontado. –Que dixo ese? –bisbaron entre si os demais ratos, asombrados ante aquela estraña palabra . –Splum, bang, gulp! –dixo o rato, que só falaba a lingua dos cómics. Unha vez foron de caza a un muíño que estaba cheo de sacos de fariña triga e fariña mi l la . Os ratos botáronl le o dente a aquel maná e puxéronse a ri l lar sen parar, facendo cric, cric, cric, coma todos os ratos cando rillan . Pero o rato do cómic facía : –Crec, screc, xerrec. En t ón p ou c o a p ou c o f o ron e s c apu l í ndo s e e abandonando aquel estraño rato ao seu destino. Durante un pouco de tempo, o rato seguiu a rillar. Cando por fin se decatou de que quedara só, decidiu pasar a noit e no muíño. X a estaba case a durmir cando v iu que na escuridade se acendían dous faros amarelos. Un gato! –Scuash! –dixo o rato sentindo un calafrío. –Gragrañau! –respondeu o gato. Era un gato de cómic! A tribo dos gatos botárao f ó ra p o rqu e n on e ra c ap a z d e f a c e r mi au e n condicións. Os dous exiliados abrazáronse e xuráronse eterna amizade, e pasaron a noite toda a conversar na estraña lingua dos cómics. Ent endíanse de marabilla . Gianni Rodari, Contos por teléfono (adaptación) 1 L e atentamente o texto e responde as preguntas. Onde vivía o rato protagonista? Por que marchou? Que tipo de dificultade existía entre el e outros ratos para poder comunicarse? Onde estaba cando apareceu o gato? Que facía? Que tiñan en común o rato e o gato? Escribe un breve texto onde expreses a túa opinión sobre o abandono dos animais. Que lles dirías aos que os deixaron á súa sorte? Que medidas adoptarías para concienciar a xente e evitar o abandono animal? 2 E xplica por que «O rato das tiras cómicas» se pode considerar un texto. Despois, contesta. Que forma de discurso é a predominante? Con que outro se combina? Que tipo de texto é, tendo en conta a intención do autor? Xustifica a resposta con exemplos. 3 F íxate na forma de rillar dos ratos e identifica os fonemas que as diferencian. 4 S epara en morfemas as seguintes palabras. desexando asombrados escuridade 5 O rato e o gato comunícanse mediante onomatopeas. Busca exemplos no texto e di que teñen de particular este tipo de palabras. Bótalle imaxinación e transforma as onomatopeas en enunciados oracionais. 6 B usca as palabras no dicionario en liña da Real Academia Galega e resolve as cuestións. Di cal dos dous significados ten maná no texto. Copia dous sinónimos do verbo escapulir. Escoita como soa o x en exiliado. 7 I dentifica os recursos literarios nestes fragmentos. Crec, screc, xerrec. [...] na escuridade se acendían dous faros amarelos. [O rato e o gato] pasaron toda a noite a conversar. 8 C lasifica o texto segundo o xénero e o subxénero literario a que pertenza. C O M P R E N S I Ó N A P L I C A C I Ó N 27 L I N G U A / L I T E R A T U R A

RkJQdWJsaXNoZXIy