A C T I V I D A D E S 1 Escribe un texto en que inventes a biografía dun superheroe ou superheroína: nome, apelidos, lugar de nacemento, lugar de residencia, profesión… 2 Copia no caderno os seguintes enunciados poñendo as maiúsculas cando sexa preciso. o escritor e xornalista manuel garcía barros é coñecido polo pseudónimo de ken keirades. o 17 de maio de 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de cantares gallegos, de rosalía de castro, comeza a celebrarse o día das letras galegas. a sra. que rexenta o anticuario noutrora, situado na rúa da esperanza, estudou belas artes na universidade de vigo. a novela coidadora, de maría marco, foi a gañadora do premio xerais de novela no ano 2020. o consello da cultura galega presenta un libro que achega novos documentos sobre o galego nos séculos escuros (ss. xvi, xvii e xviii ). Xustifica, a partir das norma correspondente, o emprego das maiúsculas nestes enunciados. 3 Escribe en cada caso tres nomes propios. aldeas parroquias países mares cordilleiras ríos 4 Investiga o significado destas siglas e escribe o nome da institución a que fan referencia. ONU FIFA OMS COI 5 Copia o seguinte texto poñendo maiúscula inicial nas palabras que o requiran. benquerido xoán: onte cheguei a galicia procedente da cidade de italia, milán. estiven unha semana aloxado nun hotel situado a poucos metros da catedral da urbe, o duomo di milano. comigo viñeron saleta e cosme; ao fanecas, o fillo da dra. porto, pasoulle coma a ti, tampouco puido vir. pero non te preocupes, penso que habemos volver. Unha forte aperta, compañeiro! Escríbense con letra inicial maiúscula: A primeira palabra dun texto e as que van despois de punto e seguido, de punto e á parte e doutros signos (interrogación, admiración e puntos suspensivos) cando equivalen a punto: Bo día, meu! Quería preguntarche unha cousa… Gustaríache quedar para tomar algo? Váleme calquera día desta semana. Os nomes propios (de persoas, mascotas, lugares, personaxes de ficción, deidades…), hipocorísticos e alcumes: Francisco, Fusco, Lugo, Son Goku, Apolo; Chisco; o Xocas. Os nomes propios de continentes, países, cidades, vilas, aldeas…; de accidentes xeográficos, rúas e espazos públicos (pero non os nomes comúns que os acompañan); de monumentos e de astros: Asia, Italia, Ourense, Curtis, Riobó; serra do Courel, rúa de Rosalía de Castro, praza da Leña; Catedral de Santiago de Compostela, Xúpiter. Os substantivos e os adxectivos dos nomes de institucións, organismos, empresas e outras entidades formalmente constituídas: Xunta de Galicia, Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Inditex. Os substantivos e os adxectivos de feitos singulares da historia e os nomes de períodos históricos: Revolta dos Irmandiños, Renacemento, Idade Media. A primeira palabra dos títulos de obras literarias e artísticas e os substantivos e adxectivos que conforman os títulos de publicacións periódicas: Aqueles momentos que perdemos, A Nosa Terra. As formas abreviadas de tratamento, pero non as súas formas plenas: D. (don), D.ª (dona), Dr. (doutor), Dra. (doutora), Vde. (vostede). Os nomes de festas relixiosas ou populares: Semana Santa, Entroido. Os nomes de premios: Premio Nobel de Física, Premio Ondas. A S M A I Ú S C U L A S 1. Or tog ra fí a O R T O G R A F Í A 316
RkJQdWJsaXNoZXIy