A C T I V I D A D E S 1 Conxuga o presente de indicativo e o presente de subxuntivo dos seguintes verbos e explica os cambios ortográficos producidos na raíz. destacar lucir recargar 2 Escribe a palabra correspondente a cada definición. Todas levan gü. Tira de coiro que teñen os zapatos na empeña, e sobre a que se atan os amallós. Persoa que se dedica ao estudo da linguaxe. Ave palmípede que ten como hábitat natural, especialmente, as zonas de clima polar. Substancia líquida ou pastosa que se unta sobre o corpo con fins curativos. 3 Forma, a partir de cada palabra, un verbo cos prefixos en- ou a- e a terminación -ar. raíz risco reixa Indica se se produciu algún cambio ortográfico nalgún dos termos e explica por que. 4 Explica o que significan as palabras destacadas no seguinte enunciado. Hai que ter valor para comer ese pan con balor. Que nome recibe a relación entre palabras de significado diferente que teñen a mesma pronuncia? Reflexiona. 2. R E G R A S O R T O G R Á F I C A S X E R A I S SONS REPRESENTACIÓN K c ante a, o, u (busca, colar, escuma), ante consoante (núcleo, crise) e ao final de palabra (cómic). qu ante e, i (queixume, equipo). k en palabra de orixe estranxeira (kiwi, anorak). G g ante a, o, u (gaita, ourego, iogur) e ante consoante (xungla, engrenaxe). gu ante e, i (regueifa, aguillón) e gü ante e, i para marcar que se pronuncia o u (lingüeta, piragüista). Z z ante a, o, u (graza, ourizo, azulexo) e ao final de palabra (arroaz). c ante e, i (berce, anciño). R forte rr cando vai ente vogais (berro, currículo). r nos demais casos (xenro, rabaño). B b ou v, segundo os casos (cabelo, vasoira). Escríbense coa grafía b: As desinencias do pretérito imperfecto de indicativo dos verbos da primeira conxugación: cantaba, cantabas, cantaba, cantabamos, cantabades, cantaban. Os verbos co infinitivo acabado en -buír e en -bir (agás vir, vivir e servir e os seus derivados): atribuír, percibir. As formas dos verbos beber, caber, deber, haber, lamber, saber e sorber: beberán, coubemos, deberiades, houben, lambas, souberon, sorbeses. Diante de consoante (agás acivro, ovni e ávrego): álxebra, obcecar, amable, abstracto. Os prefixos bi- ou bis- ('dous', 'dúas veces'), bio- ('vida'), sub- ('inferioridade') e biblio- ('libro'): bianual, bisneta, biotipo, subgrupo, bibliografía. As palabras que comezan por bu-, bur- e bus- (agás vurullo): buraco, burbulla, buscar. 3. O S O N B . A G R A F Í A B 317 O R T O G R A F Í A
RkJQdWJsaXNoZXIy