252772

Aprender lingua é un longo camiño que se percorre CONSTRUÍNDO MUNDOS máis equitativos, máis xustos, máis sostibles. Para conseguilo propoñémosche un itinerario con diferentes fitos. Itinerario didáctico A partir dun TEMA DE HOXE, próximo á túa realidade e aos teus intereses, poderás traballar as destrezas comunicativas. #En modo creativo, #Moito que ler ou #Igualdade de verdade son algúns deses temas. Moitos están relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e farante partícipe da construción dun mundo mellor. A competencia lectora, o coñecemento dos diferentes tipos de textos e das súas características, os contidos léxicos, gramaticais... convértense en aprendizaxes ao servizo da túa competencia comunicativa. As propostas de traballo da sección NA PRÁCTICA vanche ofrecer a posibilidade de aplicar todo o que vas aprendendo. En banda deseñada, Ben mirado, Ao oído, Con afouteza!… son exemplos de situacións que serven para contextualizar e integrar as túas aprendizaxes, e que che van permitir, por exemplo, elaborar unha revista de cómic, gravar un audiolibro, organizar un concurso de relatos, elaborar un vídeo de defensa dos ODS… APERTURA DE UNIDADE 1 CONTIDOS Lingua 2 SITUACIÓN DE APRENDIZAXE Lingua 3 O AUTOR Daniel Asorey (Santiago de Compostela, 1970) é profesor de Lingua e Literatura galegas no ensino secundario. O seu activismo contra as desigualdades exérceo tamén desde a literatura, de aí que as súas obras adoiten ter como protagonistas voces silenciadas fóra delas. Feminismo, liberdade, reivindicación dos valores do país… son algúns dos grandes temas da súa escrita. Lectoras e lectores de todas as idades séntense cativados pola súa prosa poética, polo seu dominio da palabra e pola súa destreza para se mover na distopía. Entre os premios recibidos, figuran o de Narrativa Breve de Repsol, o Johán Carballeira de Poesía e o de Relato Breve Nélida Piñón. COMPETENCIA LECTORA 5 mara poligonal e o seu corredor de entrada estaba or i ent ado cara ao l e st e . Vera e xpl i c oume qu e c on a qu e l a o r i ent a c i ón o s c on st r ut o re s preh i st ó r i c o s procuraran que os primeiros raios do sol iluminasen o interior do dolmen . No entanto, o achado máis interesante foi que nunha das lousas verticai s atopar o n v a r i a s p i n tu ra s e g rav a d o s . L emb r o c omo s e ollaron Georg e Vera e, deseguido, consultaron varios apuntamentos. Vin que algúns se referían a Bretaña , Escocia ou Irlanda , pero sempre aparecían os mesmos debuxos e gravados. Quedaron ner viosos e, así a todo, non me contaron nada . Sospeitei que ocultaban algo, a pesar de que eu debía redactar un informe que remitiría á Xunta Superior. Por iso, na cea, insistín en saber o que significaban os gravados, pero eles mudaron de tema . Dous días despoi s apareceu pola escola Vicente Ri sco. Era un intelectual e galeguista moi coñecido. Petara na porta preguntando por Vera e Georg, e mesmo saudara o alumnado. Expliqueille que os alemáns debían andar na casa , poi s non podí an e scavar sen e st ar eu presente. Con todo, cando subimos, non había ningu én , a sí qu e fomo s á Pedra d a Arca . Al í e st aban , polo que quedei moi sentida . Díxenlles que desobedecí an a autor i zación admini strativa qu e non l l e s permitía escavar sen que eu tomase nota do que facían . Ri sco semel lou non facerme caso e foi directo aos gravados da lousa . –Por f in , o grande arquiv o! –excl amou e abrazou a parella . –Non podo crer o que está a acont ecer di ant e dos meus fociños –afirmei moi enfadada–. Vou informar de que estiveron escavando ás agochadas e agardo que lles prohiban as próximas prospeccións. Entón Vera veu xunta min , miroume aos ollos e bisbou nun ton calmo: –O qu e ch e imos cont ar non pode saír de aquí . Se alguén o sabe, será o final do mundo que coñeces. E xpl i c oume qu e atoparan o arquiv o d a par roqui a dos mortos. Segundo ela , a Santa Compaña non era un mito. Os finados ficaban en terra para avisaren os v iv o s c ando xa e st ab an próx imo s á mo r t e . Ti ñ an probas daquilo e xa descubriran algúns dos seus ar - quiv os en varios lugares de Europa , porqu e, desde qu e a xent e s abí a e s c r i bi r, o s d e funto s ado i t ab an apunt ar todo o qu e f i xeran e me smo o s av i s o s d a morte que ían dar proximamente. Era unha especie de currículum mortis. Entón Vera sinaloume un sar - cófago semisoterrado no chan . Pediume axuda . Ent re o s ca t ro l e v ant amo s a t amp a e , a o abr í rmo l o , descubrimos unha morea de papei s. Neles estaban apunt adas as v i sit as qu e a Compaña fora facendo durant e séculos , mai s t amén est aban as próximas mortes. Consultei varios dos documentos. Sentinme ma l . Var réuseme a v i st a . Cando a c ord e i , Vi c ent e Risco sostiña a miña cabeza . Naqueles currículos habí a escritos nomes de duci as de veciñas e veciños que ían ser asasinados o ano que vén , no que semel laba unha onda de represión : concel leiros, dirixentes agraristas, mestras, e o que é peor, en todos eles estaba o meu nome. Foi entón cando souben a data exacta da miña propia morte. Daniel Asorey OBTER INFORMACIÓN 1 Responde. En que mes e en que ano sucede a acción do relato? Quen visita a aldea de Novefontes? Cal é a súa misión? Quen narra a historia? Cal é a súa profesión? Que encarga lle fai a Xunta Superior do Tesouro Artístico Nacional á narradora do relato? 2 Comenta quen é Vicente Risco e o papel que desempeña na historia. 3 Reúne, por escrito, a información que proporciona o texto sobre Hitler e a Alemaña nazi. Podes engadir o que ti saibas sobre ese momento histórico. 4 Conta cal foi a primeira reacción que produciu o achado dos arqueólogos nestes personaxes. Na mestra En Vicente Risco Indica a información confidencial que Vera lle ofrece á mestra e por que o fai. 5 Explica o que é, segundo o texto, o arquivo da parroquia dos mortos e por que o denominan como «unha especie de curriculum mortis». Que datos hai neses documentos? Por que se sentiu a mestra tan turbada? C O M P R E N S I O N E A N Á L I S E D O T E X T O Curriculum mortis Souben da miña mor t e na v i sita de Vera e Georg a Nov efont e s . Eran al emáns e arqu e ó logo s de s ona . Apareceran cun Opel barul l ento, que, pol a súa cor v erd e , todo s l l e chamaban A ranc iña . Transc or r í a outubro de 1935, o goberno da República construíra mi l l eiros de escol as e eu era mestra naquel a al dea fermosa . Recoñezo que ao viren eses arqueólogos eu tiña prexuí zos contra deles, porque na Alemaña os nazi s f i xéranse co poder e as novas qu e ch egaban falaban de persecucións e fanatismo. Con todo, dende a Xunta Superior do Tesouro Ar tí stico Nacional indi cáranme qu e d ebí a a xud alo s e ho sp ed alo s na miña vivenda . Alén diso, había estar atenta aos seus achados, termando de que non se producise ningunha apropiación ou dano ao patrimonio. Ao chegaren , faláronme un galego aportuguesado e, cos días, fun sab endo qu e gust aban mo ito das no sas tradi - cións e qu e mesmo eran ami gos de Vi cent e Ri sco. Ademais, comprendín que non compartían as ideas de Hitler, polo que traballaban lonxe do seu país, sen axuda ningunha do réxime nazi . Aquilo foi unha lección moi importante, porque aprendín que nunca se debe xulgar a ninguén polo lugar de procedencia . Así pois, axudeinos mentres estiveron escavando na Pedra da Arca , que xa fora espoliada . Tiña unha cá107 106 L I N G U A L I N G U A Proposta de trabal lo 1 NA PRÁCTICA COMUNICACIÓN 2 A cohesión A cohesión é a propiedade pola cal os enunciados do texto se relacionan entre si mediante diversos mecanismos lingüísticos. Os mecanismos de cohesión poden ser léxicos, gramaticais ou textuais. Mecanismos léxicos Os principais mecanismos léxicos de cohesión son os seguintes: A repetición, que consiste en empregar unha mesma palabra en varios enunciados para relacionalos entre si: Sentín un ruído no faiado. O ruído do vento... A substitución de palabras polos seus sinónimos ou hiperónimos e hipónimos: Teño tantos libros que non me caben máis exemplares nos andeis. A asoci ación semánti ca, i sto é, o uso de t ermos dunha mesma fami li a de palabras ou dun mesmo campo léxico: O cine de terror é un xénero cinematográfico que se caracteriza por provocar unha sensación de medo no espectador. Mecanismos gramaticais Existen diversos mecanismos gramaticais de cohesión , como son os seguintes: A elipse ou supresión dalgún elemento léxico do enunciado, que xeralmente apareceu antes: As nubes cubriron o ceo. (As nubes) A xiña descargaron con forza. A anáfora ou relación que vincula unha palabra do texto con outra anterior á que se ref ire, mediant e o uso de pronomes persoai s, demostrativos, adver - bios…: No século pa sado xa habí a ordenadores, pero daquel a non eran tan adiantados coma estes que usamos hoxe. A catáfora ou referencia a un elemento que aparece con posterioridade no texto: Temos un inquilino na casa : un paxaro que entrou voando pola ventá . Conectores textuais Os conectores textuais sinalan as relacións de significado que se establecen entre os enunciados, os parágrafos ou outras partes do texto: O xurado gabou as obras presentadas ao certame; con todo, o primeiro premio quedou baleiro. 4. 1 Un recurso habitual nas cantarelas infantís é xogar co disparate. Le os exemplos que se achegan e explica en que consiste a incoherencia. Cres que son textos adecuados? Razoa a resposta. E parécenche cohesionados? Se é así, mediante que mecanismo se logra a cohesión? Reescribe as cantigas de maneira que teñan sentido e utilizando os conectores que creas oportunos. A C T I V I D A D E S Tipos de conectores textuais De orde: en primeiro lugar, a continuación, finalmente… Exemplificativos: así, por exemplo, en particular… Explicativos: é dicir, isto é, ou sexa… Aditivos: e, ademais, tamén, aínda por riba… Adversativos: pero, porén, no entanto, non obstante… Causais: porque, posto que, xa que, debido a, a causa de… Consecutivos: así pois, polo tanto, entón, daquela… Recapitulativos: en resumo, en conclusión, en definitiva… Rectificativos: máis ben, mellor dito… A muller ía no prado; a vaca facía o xantar; a cadela varre a casa e a vasoira vai lavar. A mala fama das candorcas As candorcas son coñecidas como baleas asasinas; no entanto, existen poucos estudos que poidan demostrar esa conduta. Por iso, un equipo de investigadores decidiu analizar o compor tamento destes cetáceos, e descubriron catro trazos moi significativos da súa natureza: Po r u n h a b a n d a , a e x t r ave r s i ó n , isto é, a súa capacidade par a rela - cionar se. Ademais, a responsabili - d a d e e a m a b i l i d a d e . E n t e r c e i r o lugar, a dominancia, pois demostrar o n s e r at r e v i d a s e v a l e n t e s, a s í c o m o p r o t e c t o r a s e i n t e l i xe n t e s. Por último, obser varon un aspecto moi particular delas: o coidado (son ser viciais, empáticas, sensibles...). Polo tanto, a mala fama destes animais non está xustificada; máis ben, é inxusta. En realidade, parece ser que se trata dunha tradución equivocada do sobrenome que lles puxeran os baleeiros no século XIX. Le o texto e resolve as cuestións. Identifica a idea principal e explica como se logra a coherencia no texto. Repara nas palabras destacadas e responde: de que maneira contribúe o resalte á coherencia? Localiza e pon exemplos dos mecanismos de cohesión utilizados. Clasifícaos segundo sexan léxicos, gramaticais ou textuais. Expresa a túa opinión acerca da caza de candorcas, que as levou ao bordo da extinción. Escribe un texto adecuado, coherente e debidamente cohesionado. Le o texto e resolve as cuestións que se propoñen. Responde. Con que canle de comunicación o relacionas? Tendo en conta a canle, cres que é un texto adecuado? Por que? Reescribe o titular e a entrada; despois escribe o corpo da noticia. Comproba que o texto é adecuado, coherente e está cohesionado. Proposta de traballo 3 Proposta de trabal lo 2 Le a nota e fai as actividades. Identifica os seguintes elementos. Destinataria da mensaxe. Propósito do emisor. Canle de transmisión. Situación comunicativa. Tendo en conta o anterior, explica que propiedade textual non se cumpre. Redacta a nota para que cumpra todas as propiedades textuais. Contesta con outra nota e asegúrate de que sexa adecuada, coherente e cohesionada. Vaia crack! Un nacho de Ferrol sobe a Insta un meme superchulo e consegue unha burrada de seguidores. Prezadísima filla: Tendo en conta o drástico descenso térmico e a fronte de baixas presións, é o meu consello que protexas o teu organismo das inclemencias meteorolóxicas mediante a inxesta de líquido de alto valor vitamínico, obtido da espremedura de cítricos. O teu proxenitor 31 30 L I N G U A L I N G U A Os suspiros dunha mincha, as bágoas dun mexillón, os cantares dun percebe... fan chorar un camarón. Vou contar catro mentiras: Polo mar andan as lebres; polo monte, as sardiñas. O carballo dá castañas; o castiñeiro, cereixas, e o pexegueiro da horta está cargado de ameixas. GRAMÁTICA O sintagma nominal (I). Estrutura 2 O sintagma nominal O sintagma nominal é un conxunto de palabras que ten como núcleo un substantivo. O núcleo do sintagma nominal pode ir precedido dun determinante e acompañado doutros sintagmas. Por exemplo: aquel verán inesquecible unha pelota de tenis Núcleo Núcleo No primeiro exemplo, o sintagma nominal aquel verán inesquecible ten un núcleo (o substantivo verán) que vai precedido dun determinante (o demostrativo aquel) e acompañado polo sintagma adxectival inesquecible. No segundo exemplo, o sintagma nominal unha pelota de tenis ten un núcleo (o substantivo pelota) que vai precedido dun determinante (o artigo indeterminado unha) e acompañado polo sintagma preposicional de tenis. Estrutura do sintagma nominal As palabras que compoñen un sintagma nominal desempeñan nel diferent es funcións: Núcleo (N). É a función que desempeña o substantivo. Complemento do núcleo (Compl .). Pode ir diante ou detrás do núcleo ao que complementa . Modificador (Mod .). No sintagma nominal , o modificador que precede o núcleo é sempre un determinante (Det.). Modifica o núcleo ou o conxunto for - mado polo núcleo e o seu complemento. Tendo en conta o ant erior, o sintagma nominal presenta polo xeral unha das seguintes estruturas: a Determinante curmá Núcleo de Filipe Complemento SN dous Determinante valiosos Complemento cadros Núcleo SN Con todo, para que haxa un sintagma nominal non cómpre que aparezan eses tres compoñentes; o único imprescindible é o núcleo. Fíxate nas distintas estruturas que poden representar un sintagma nominal: 1. C O N E C TA C O T E M A Que clase de palabra é indispensable para que exista un sintagma nominal? Que función desempeña? Escribe un sintagma nominal que responda a esta estrutura: Det. + N + Compl. Os compoñentes do sintagma nominal O núcleo Ademais do substantivo, tamén poden desempeñar a función de núcleo do sintagma nominal un pronome ou un infinitivo. Repara nos exemplos: Un pronome: Eu nunca vin unha eclipse de sol . Esa bicicleta é túa? Calquera sabe como pasou! Aínda non o chamaron . Un infinitivo: Neste momento non me apetece nada pasear. Bailar é moi divertido. Cando o núcl eo do sintagma nominal é un nome propio, non adoita admitir determinantes nin complementos, agás algunhas excepcións: Galicia ten case mil praias. Os Andrade viven no quinto. Os complementos do núcleo O núcleo do sintagma nominal pode estar acompañado por un ou por varios complementos: Xiana deu un chimpo de alegría . Tomei un saboroso zume fresco. Poden realizar a función de complemento do núcleo dun sintagma nominal distintos tipos de sintagmas: Un sintagma nominal está en aposición cando complementa o núcleo doutro sintagma nominal directamente, sen necesidade dunha preposición. Por exemplo: o premio Rañolas Cleopatra , raíña de Exipto Vigo centro O determinante X a v iches que, polo xeral , os substantivos preci san levar diant e unha palabra que concrete o seu significado (os, aqueles, a túa ...) ou que limite a súa extensión (sete, moitos...). Esas palabras desempeñan a función de determinante e, como lembrarás, non son imprescindi bl es nun sintagma nominal ; poden aparecer ou non . Repara nestes exemplos: Caeu unha boa treboada . Hai arañas no faiado. Funcionan como determinantes palabras de diferentes categorías gramaticais, que se explicarán na unidade 4: 2. Un sintagma adxectival Quedan poucas prazas libres. Un sintagma preposicional Gústache o arroz con leite? Un sintagma nominal en aposición O apelido Camba ten orixe celta. Funcións do sintagma nominal Como verás nas unidades 10 e 11, o sintagma nominal pode desempeñar varias funcións na oración: Suxeito: O bus chegou axiña . Complemento directo: Escribes poesía? Complemento circunstancial: Vémonos esta tarde! Atributo: Aldara é bióloga . Complemento predicativo: Considero a saúde un ben moi prezado. artigos demostrativos posesivos indefinidos numerais as lentes estes papeis miña nai varios días catro euros 37 36 L I N G U A L I N G U A Núcleo Det. + N N + Compl. Compl. + N Compl. + N + Compl. Todos os compoñentes can N SN un Det. can N SN can N de palleiro Compl. SN bonito Compl. can N SN un Det. bonito Compl. can N de palleiro Compl. SN bonito Compl. can N de palleiro Compl. SN 6 1 Poñédevos de acordo para elixir as protagonistas das dúas presentacións, xa sexan solistas ou bandas. Velaquí tedes algúns nomes: Bala Vudú Najla Shami High Paw Su Garrido Habelas hainas A ESCOLLA Escoitamos? Nos últimos anos, numerosas bandas e solistas femininas están poboando a escena musical de Galicia. Son mulleres cun enorme talento, con propostas novas e interesantes. Fano en xéneros e estilos moi diferentes, fusionando ritmos tradicionais con sons electrónicos, hip-hop ou pop, por citar só algúns exemplos. Moitas destas artistas cantan exclusivamente en galego, pero outras empregan tamén o inglés, o castelán, o portugués, o francés ou o árabe. En parellas, ides REALIZAR PRESENTACIÓNS DE VOCES FEMININAS que vos gusten. Así, darédelas a coñecer a todos os demais. 2 Pescudade para recoller a información que vos interese. Tomade notas sobre o seguinte: Nome e número de membros. Ano de inicio da súa carreira. Estilo e xéneros que cultivan. Títulos dos álbums publicados. Concertos, últimos logros, proxectos á vista, anécdotas… 3 Reunide fotos das protagonistas, extractos de entrevistas, cubertas de discos, audios das súas cancións, vídeos... Se é posible, elixide algunhas das súas letras máis significativas e das que poidades comentar os temas que tratan, se son mensaxes comprometidas, se están compostas por elas mesmas: OS DATOS AVALIACIÓN Sobre o contido: Destes difusión a formacións non coñecidas? Por que lles resultaron interesantes? Sobre a presentación: Estaba ben resolta a exposición? Que foi o que máis gustou ao resto da clase? SITUACIÓN DE APRENDIZAXE 4 Redactade os textos das presentacións a partir das vosas anotacións. Seguide estas recomendacións: Non esquezades escribir unhas liñas, ao final, para explicar, opinións sobre as vosas respectivas escollas. Intentade empregar un estilo fresco e desenfadado na vosa escrita. 5 Decidide os momentos en que ides incluír os diferentes materiais compilados e elaborade o guión da presentación. Valorade cando é mellor compartir os audios e os vídeos seleccionados. 6 Ensaiade a vosa presentación as veces necesarias ata que vos saia ben. 7 Comentade as distintas eleccións colectivamente. AS VOSAS ACHEGAS 137 L I N G U A 5 1 Compilade información sobre os dolmens da comunidade e ide tomando notas. Podedes consultar o portal oficial de Turismo de Galicia, webs de viaxes, así como foros e blogs de viaxeiros e viaxeiras. 2 Elixide, entre todos e todas, os dolmens que vos gustaría recomendar. Cada membro do grupo propoñerá un monumento megalítico para incluír na ruta. Pode ser de calquera punto de Galicia. O PERCORRIDO Poñémonos en ruta? Enormes laxes de pedra forman uns impresionantes monumentos que nos deixaron os nosos devanceiros hai algúns milleiros de anos. Son os dolmens, aos que se chama, de xeito merecido, catedrais da Prehistoria. E están repartidos, en medio do campo, por unha boa parte do territorio galego! En grupos de tres ou catro, ides preparar a guía dixital DUNHA RUTA DE DOLMENS. Fácedea atractiva para que a vosa recomendación resulte irresistible. Seguro que o ides lograr! 3 Escribide unha introdución en que figure a información máis xeral e común a estas construcións: forma, función, datas… 4 Confeccionade unha ficha que recolla os datos principais de cada monumento. Nome do dolmen Localización. Dimensións. Curiosidades. 5 Decidide outros datos de interese que ides incluír: mapa, indicacións para chegar a cada destino, vilas próximas, imaxes… A INFORMACIÓN AVALIACIÓN Sobre o contido: Recolle información interesante, clara e útil? Resultaron atractivos os destinos propostos? Sobre o resultado: Están ben organizados os contidos? A presentación foi orixinal e amena? SITUACIÓN DE APRENDIZAXE 6 Elaborade, entre todos, o deseño da guía da vosa ruta. Realizade algúns bosquexos en papel para discutilos. Deberedes distribuír, por orde de importancia, os diferentes contidos e recursos reunidos. 7 Creade un título atractivo para a guía, así como para a presentación dos diferentes monumentos. Ademais do nome do dolmen, podedes destacar algunha característica en cada caso: o máis antigo, o mellor conservado, se contén gravados ou pinturas… 8 Podedes realizar a vosa guía utilizando as aplicacións empregadas para realizar murais interactivos. 9 Presentade os vosos traballos e comentádeos. Escollede as tres mellores rutas. A PRESENTACIÓN 115 L I N G U A 4 GRAMÁTICA 1 Os sintagmas Nun enunciado, as palabras organízanse en grupos denominados sintagmas. Na nosa lingua podemos distinguir os seguintes: Sintagma nominal (SN) as cinco plantas do edificio Sintagma verbal (SV ) anunciaron a fichaxe dun novo xogador Sintagma adxectival (SAdx) moi contenta polo éxito da novela Sintagma adverbial (SAdv) demasiado tarde para conseguir entradas Sintagma preposicional (SPrep) por un mundo máis xusto Os sintagmas poden recoñecerse polas seguintes características: Desempeñan unha determinada función no enunciado. Por exemplo, o sintagma nominal pode ser suxeito, complemento directo, atributo… As palabras que compoñen un sintagma desprázanse xuntas se se altera a súa posición no enunciado: O aire fresco / entraba / pola ventá . Entraba / o aire fresco / pola ventá . Pola ventá / entraba / o aire fresco. Xeralmente, os sintagmas pódense substituír por un pronome, un adverbio ou unha palabra equivalente: O can atopou un rato no xardín. El atopouno aí. Proposta de traballo 2 Fíxate nas fotografías e imaxina que forman parte do teu álbum. Vas etiquetalas para non esquecer o momento. Anota os datos máis relevantes, coma se os escribises por detrás da foto, tendo en conta estas indicacións. Constrúe catro enunciados de distintas modalidades que recollan a seguinte información: Quen son Onde están Cando foi Que pasou Todos os enunciados deben ser oracionais e conter, como mínimo, cinco palabras cada un. Ademais, nos enunciados haberá, polo menos, catro dos sintagmas estudados. Transforma as oracións en enunciados non oracionais. Intercambia as túas anotacións coas dun compañeiro ou compañeira e corrixídevos mutuamente. Anímate a etiquetar as túas propias fotos, impresas ou dixitais, con breves enunciados que che axuden a identificalas. NA PRÁCTICA Proposta de traballo 1 Le os slogans dos anuncios e resolve as actividades que se propoñen. Localiza tres enunciados exhortativos. Que efecto cres que consegue esta modalidade nunha campaña publicitaria? Razoa a resposta. Copia o enunciado máis longo e indica a súa modalidade. Di se é unha frase ou unha oración. Separa os sintagmas que o compoñen. Identifica a palabra máis importante. De que dúas maneiras se destaca? Converte os enunciados non oracionais en oracionais. En parellas, inventade tres frases e tres oracións que sirvan de slogans para promover o uso do galego. 1 Pronuncia dez palabras diferentes con estes sons. a - e - i - o - u- m - b - r - s - n - t - c - g - p 2 Identifica os fonemas que permiten distinguir os seguintes grupos de palabras. bóla-bola pazo-paso vea-boa ola-hora mar-mal-man pé-pe-pa 3 Divide estas palabras en fonemas e morfemas. xornalista deportivo rebusca Localiza dúas letras distintas que reproducen un mesmo fonema. Asocia cada significado co morfema que cumpra. ‘Capacidade para algo ou inclinación por algo’. ‘Repetición’. ‘Ocupación, profesión ou oficio’. Escribe un enunciado con cada palabra. 4 Separa e clasifica os sintagmas deste enunciado. Onte instalaron un novo proxector na clase. 5 Le o chiste en alto e explica por que a clave está na pronuncia. Conversación nunha ferraxaría: –Ola, boas! Tes alicates? –Non, síntoo, xa non me quedan. –E serras? –Ás oito da tarde. Repara nos enunciados subliñados e di se son oracionais ou non oracionais. Clasifícaos segundo a súa modalidade. 6 Utiliza cada sintagma en tres enunciados de modalidade distinta. Fíxate no modelo. os meus avós máis rápido moi ben un bo can deica mañá lonxe de aquí Os meus avós viven na aldea. / Non coñeces os meus avós? / Canto quero os meus avós! A C T I V I D A D E S B A A B 17 16 L I N G U A L I N G U A Os dicionarios léxicos e enciclopédicos Os dicionarios son obras en que se recollen e definen as palabras dunha lingua . O seu contido organízase en artigos, que normalmente aparecen ordenados alfabeticamente pola palabra que os encabeza : a entrada ou lema. Hai dúas grandes clases de dicionarios: léxicos e enciclopédicos. Os dicionarios léxicos recollen as palabras do léxico común e o seu signif icado. Ademai s, adoitan informar da ori xe ou etimo loxí a , da cat egorí a gramatical , dos sinónimos e dos antónimos, da familia léxica , etc. Os dicionarios enciclopédicos inclúen , xunto a algúns termos do léxico común , explicacións históricas, culturais ou científicas de países, accidentes xeográficos, persoas relevantes, etc. Os dicionarios dixitais A tecnoloxía inf lúe na elaboración e na presentación dos dicionarios. Actualmente, a maioría son bases informáticas de datos, o que permite controlar, corrixir e actualizar o seu contido. Ademais, os dicionarios dixitais presentan varias vantaxes fronte aos tradicionais: rapidez na consulta , diversidade das buscas e capacidade de actualización . Hoxe en día , a maioría de dicionarios léxicos e enciclopédicos ofrece a ver - sión dixital e a versión en papel . 1. 2. 1 Explica en que tipo de dicionario buscarías estas palabras. móbil renacemento Ghandi estadullo 2 Di que información achega esta entrada de dicionario. A C T I V I D A D E S VOCABULARIO Os dicionarios Proposta de trabal lo NA PRÁCTICA En grupos, ides elaborar unha entrada para un dicionario léxico e outra para un dicionario enciclopédico, pero para as versións dixitais de ambos. Facédeo así: Elixide as entradas sobre as que ides traballar. Para o dicionario léxico, propoñede varias palabras e, por votación, elixide a que máis vos guste. Unha vez escollida a palabra, comprobade que a entrada achega toda a información posible. Para o dicionario enciclopédico, escollede tamén por votación a entrada que ides redactar, acompañada de fotos, gráficos ou o que consideredes. Revisade as entradas e corrixídeas na clase. cativar (Do lat. captivare). v. 1 . Fa c e r p r i s i o n e i r o a a l guén : O exérc i to cat ivou mo i t o s s o l d a d o s i n i m i g o s. S IN. Co l l e r, prender. ANT. Liberar. 2. Atraer con forza a a t e n c i ó n d e a l g u é n : O p rofeso r cat í vanos a todos coas súas historias. SIN. Encantar, engaiolar, fascinar, s e d u c i r . A N T. A b u r r i r , amolar. FAM. Cativador. 18 L I N G U A 10 U N I D A D E LINGUA. Cont idos Os medios de comunicación Escribir unha carta á dirección dun xornal A oración simple (I). Constituíntes As abreviacións léxicas (II) SITUACIÓN DE APRENDIZAXE Noticias LITERATURA. Cont idos Biografía da autora Obra literaria Lingua e estilo SITUACIÓN DE APRENDIZAXE Creo un novo cantar galego A L I N G UA PA R A C R E A R Nos últimos anos desenvolvéronse diversas aplicacións e recursos para integrar nas aulas as tecnoloxías anteriores. En grupos, investigade sobre o emprego destas ferramentas no eido da educación. – Elixide a materia ou tema sobre o que ides centrar a pescuda: Historia, Xeometría, corpo humano, fauna, sistema solar… – Explicade en que consiste a aplicación, as súas vantaxes e os dispositivos que son necesarios. – Expoñede os vosos traballos na clase e comentádeos. #En realidade # Procurade, na Rede, o significado do neoloxismo metaverso e os dous elementos que forman o termo. A L I N G UA PA R A CO M PA R T I R Sabes o que é a realidade virtual, a realidade aumentada e a realidade mixta? Pescuda en que consiste cada modalidade e cóntao coas túas palabras. Despois comentade na clase. – Poderiades explicar as principais diferenzas entre elas? – Como funcionan? Para que se utilizan? Falade, entre todos, da vosa experiencia con calquera destes tipos de tecnoloxías. Destacade como as coñecestes, o que máis vos impresionou das posibilidades que ofrecen… 226 3 U N I D A D E L I N G UA . S a b e re s b á s i c o s Narración, descrición e diálogo Participar nun coloquio O sintagma nominal (II). O substantivo SITUACIÓN DE APRENDIZAXE Si vén a conto! NON L I T E R AT U R A . S a b e re s b á s i c o s A cantiga de amigo. Definición Características temáticas Características formais Tipos de cantigas de amigo S I T UAC I Ó N D E A P R E N D I Z A X E No estudio de creación A L I N G UA PA R A C R E A R Para previr, dun xeito eficaz, a violencia entre nenos, nenas e adolescentes ides deseñar e redactar un decálogo de boas prácticas para implantalo no voso centro. – Organizádevos en grupos e levade a cabo unha chuvia de ideas con achegas que teñan en conta a prevención, detección e actuacións. – Discutide e escollede, con realismo, as que sexan posibles de implementar. – Tomade nota das prácticas finalistas no voso grupo. – Poñédevos de acordo co resto dos grupos e elaborade un único decálogo concordado por todos. Podedes publicalo na web do centro. #Non á violencia! # Informádevos en Internet sobre suxestións acerca deste asunto e sobre iniciativas de centros educativos. A L I N G UA PA R A CO M PA R T I R A Asemblea Xeral da ONU estableceu o 2 de outubro como Día Internacional da Non Violencia. Nesa data rememórase o nacemento de Mahatma Gandhi, o dirixente hindú que defendeu e promoveu a resistencia pacífica fronte ás inxustizas. Investigade en Internet sobre a súa figura e a filosofía da non violencia. Despois falade na clase. Credes que se debería potenciar máis, desde a escola, a educación na convivencia e resolución de conflitos? Como se podería facer? 52

RkJQdWJsaXNoZXIy