E despois das unidades 3, 6, 9 e 12 vas coñecer a relación que manteñen os falantes coa súa lingua, a través dun observatorio lingüístico en que che propoñemos contidos como o plurilingüismo e o bilingüismo, o contacto entre linguas (diglosia e conflito lingüístico, alternancia de códigos e interferencias, o proceso de normalización), as variedades lingüísticas… Situacións relacionadas co teu mundo han servir de contexto ás túas producións. Vas crear unha lista de reprodución con dez cantigas, facer un videopoema para unha cantiga, escribir un post, gravar un podcast, facer un booktrailer... todo a partir de situacións que te van conectar co mundo da literatura. Propoñémosche a revisión persoal da túa aprendizaxe a través de preguntas, da utilización dun porfolio persoal e da aplicación dos coñecementos a un texto. CONTIDOS Literatura 4 PECHE DE UNIDADE 6 1 Nesta ilustración que abre o Códice Rico das Cantigas de Santa María represéntanse tradutores, compositores, intérpretes e compiladores, ademais do propio rei Afonso x. Observa e responde. Quen cres que é cadaquén? Cal desas persoas ou grupo de persoas compuxo as Cantigas de Santa María? Le estas cobras da cantiga que hai ao pé da ilustración e di a quen se atribúen nelas as Cantigas de Santa María. Don A fonso de Castela , de Toledo, de León, Rei e ben des Compostela ta o reino de A ragón (…) Da Vir xe Santa Mar ía que este é Madre de Deus en que ele moito f ía . Por en dos mi lag res seus f i xo cantares e sões, saborosos de cantar, todos de señas razões, como i podedes achar. 2 Sinala que motivacións puideron guiar a composición das Cantigas de Santa María. 3 Le as seguintes estrofas e di se pertencen a cantigas líricas ou narrativas. Desto fez Santa Mar ía mi lag re fermoso ena sa ig rexa en Lugo, g rande e piadoso, por unha mu l ler que había tol leito o má is do seu cor po e de ma l encol leito. Dicide, a i trobadores, a Señor das señores, por que non a loades? Se vós trobar sabedes, a por que Deus habedes, por que non a loades? Santa Mar ía , eu veño a ti con coita do meu azor que perd í , que mo cobres1; e ti fa lo así , e haberme has sempre por ser v idor. 1 cobres: recuperes. 4 Le os seguintes textos e di se pertencen á prosa haxiográfica, á historiográfica ou á de ficción. Un romeu, tornando de Xerusa lén para a súa ter ra , v iña por ma r en súa nave. E sendo no bordo dela caeu no ma r e comezou de chama r S a nt i a go que l le a c or r e s e . O ut r o s eu compa ñei ro la n zou l le u n escudo no ma r e d í xol le: –O g lor ioso apóstolo Santiago, cu xa mercé e a xuda ti chamas, ese te acor ra agora . E o romeu tomou o escudo e, pola mercé de S a nt i a go que o g u i a b a , a ndou t r e s d í a s e apor tou con saúde. –Por Deus, don Estor, a gor a ve xo eu que é v e r d a d e o q u e d i x o L a n z a r o t e a nt e v ó s todos o d ía de Pentecost e , que , se probase a tirar a espada do pedrón que me achar í a eu ma l , a nt e s de que o a no p a s a s e , e que ser ía por a quela espada mesma . A C T I V I D A D E S LITERATURA 6 A prosa medieval A prosa medieval galega , máis escasa ca a lírica , é tamén máis tardía : os textos conser vados producíronse entre a segunda metade do século xiii e o século xv. Desde a perspectiva actual , algúns textos deste período que hoxe consideramos literatura galega poderían quedar fóra de tal categoría por seren versións e traducións de obras orixinalmente escritas noutras linguas. Pero debemos situar - no s no c ont e xto m edi e v a l , cando a or i x i na l i d ad e non s e p e rc i bí a c omo un mérito literario. Fronte a ela , o criterio de valoración era a autoridade; é dicir, o que impor taba era que un t exto tomase como referencia obras ant eriores de prestixio. A prosa medieval galega está inmersa nas correntes culturais europeas do seu tempo e comparte xénero e temas coa literatura do resto do continente. En función dos temas, podemos clasificar así os textos medievais galegos: A maioría das obras non se conser van completas, senón que temos fragmentos de maior ou menor extensión . A diferenza da lírica , que se creou para ser interpretada e transmitida oralmente, a prosa implica o nacemento do libro e do lector. Certo é que, durante toda a Idade Media , tivo moita importancia a lectura colectiva en alta voz. Por i so, e po lo vencel lo de moit as das hi stor i as reco l li das n e se s li bros con narracións orais preexistentes, podemos atopar certos trazos propios da fala , como as repeticións ou as interpelacións ao lector ou oínte. 3. PROSA DE FICCIÓN Desenvolve asuntos relacionados principalmente con dous temas Materia de Bretaña Aventuras do rei Artur e dos cabaleiros da Táboa Redonda na procura do Santo Graal (vaso empregado por Cristo na Última Cea). Estoria do Santo Graal Demanda do Santo Graal Libro de Merlín Libro de Tristán Materia clásica ou troiana Asedio e destrución de Troia a mans dos gregos. Crónica troiana Historia troiana (bilingüe: en galego e castelán). PROSA HISTORIO- GRÁFICA Promovida desde as cortes para lexitimar persoas ou actuacións políticas, a canda os elementos históricos incorpora outros lendarios e fantásticos, así como trazos de estilo dos cantares de xesta que fan pensar que estes se utilizaron ás veces como base para elaboralos. Crónica xeral galega Crónica de 1404 Crónica de Santa María de Iria General estoria PROSA HAXIO- GRÁFICA Vidas e milagres de santos. Miragres de Santiago Flos Sanctorum 141 140 L I T E R A T U R A L I T E R A T U R A LITERATURA A literatura galega na Idade Media 2 Contexto histórico e social O teocentrismo Deus e a relixión tiñan unha presenza dominante no pensamento medieval e influían en todos os aspectos da sociedade e da cultura. A emerxencia do galego O latín vulgar da Gallaecia evolucionou ata dar lugar, no século ix, a unha nova lingua: o galego ou galego-portugués. Durante moito tempo o latín seguiu usándose nos ámbitos prestixiosos e foi o único idioma escrito, pero a finais do século xii esta situación diglósica comezou a mudar, porque a nova lingua romance tamén se empezou a escribir, tanto en textos literarios coma en documentos administrativos relacionados coa vida cotiá. Nesta época, o galego era empregado oralmente por todos os estamentos sociais. O F E I T O C L AV E A sociedade medieval Os tres estamentos en que se dividía a sociedade feudal, co rei á cabeza, son a nobreza, o clero e o campesiñado. A nobreza pertencía, xunto co clero, ao estamento dos privilexiados. A súa función principal era a guerra. As relacións de vasalaxe implicaban a fidelidade ao señor e establecían xerarquías entre os nobres. No máis baixo da escala social estaban os infanzóns e os cabaleiros. O clero dedicábase ao culto relixioso e á transmisión da cultura letrada. Os seus membros posuían terras que administraban como auténticos señores feudais. Os campesiños compoñían o grupo máis numeroso. Cultivaban as terras dos nobres, pagaban impostos e carecían de privilexios. Prosperidade A Idade Media foi un período de prosperidade económica, política e cultural en Galicia. Os excedentes agrícolas deron lugar a un aumento demográfico que rematou por levar á aparición de pequenos grupos urbanos e á emerxencia dunha burguesía de comerciantes e artesáns. O feudalismo Este sistema, baseado nas relacións entre vasalos e señores, condicionou a vida social, política e económica da Idade Media. O señor, a cambio de axuda militar, ofrecíalles aos seus vasalos un territorio chamado feudo para gobernalo. Co feudalismo a sociedade estaba moi xerarquizada e o poder estaba nas mans da nobreza e do clero. Os suevos No ano 409, os suevos estableceron en territorio da antiga provincia romana da Gallaecia o primeiro reino xermano de Europa, que perduraría case dous séculos e pasaría despois a depender do reino visigodo que ocupaba o resto da península Ibérica. O Camiño de Santiago No contexto de aparición dos núcleos urbanos hai que situar o desenvolvemento do Camiño de Santiago. A raíz do «descubrimento» do sartego do Apóstolo Santiago no século ix e do labor político do arcebispo Xelmírez no xii, este converteuse nunha das vías comerciais e culturais máis importantes de Europa e Compostela en epicentro cultural. Este esplendor reflíctese nas artes ao longo de toda Galicia: na arquitectura románica, no desenvolvemento musical, no literario... O Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela, por exemplo, é unha das obras cume da arte medieval europea. IDADE ANTIGA IDADE MEDIA Ano 476 Caída do Imperio romano de Occidente Ano 1492 Descubrimento de América IDADE MODERNA Cortes e mosteiros Mentres nas cortes dos reis e dos nobres se facía literatura oral en lingua romance, os mosteiros eran os encargados de conservar e transmitir a cultura escrita. Nas súas bibliotecas, os monxes traducían e copiaban manuscritos. Braga Porto Coímbra Toledo Río Sil Río Miño Palencia León Ourense Astorga Iria Lugo Bretoña Río Douro Río Texo Límites do Reino Suevo Área con cambio de dominio Límites de provincias romanas Reino de Galicia Dinastía sueva (s. V-VI) Na Idade Media o territorio galego intégrase administrativamente na monarquía galego-leonesa e a nobreza galega gozaba dun importante poder na corte. O norte do actual Portugal formaba parte desta unidade ata que no século xii se converteu en reino independente. A partir do século xiii, coa unión dos reinos de León e Castela, Galicia e a súa nobreza irán perdendo a influencia e a posición privilexiada que tiveran. A coroa de Castela promoverá o castelán e a portuguesa o portugués, que se irá afastando do galego. Galicia quedará sen unha corte propia que promova o galego e este iniciará o seu repregamento como lingua de cultura. O reino de Galicia 43 42 L I T E R A T U R A L I T E R A T U R A 8 R E V I S O A M I Ñ A A P R E N D I Z A X E A P L I C O O S M E U S S A B E R E S O MEU PORFOLIO Identifico as formas nominais dos verbos. Entendo o carácter nominal do infinitivo, do xerundio e do participio? Coñezo o infinitivo conxugado e sei usalo. Sei cales son as formas do infinitivo conxugado? Comprendo en que casos se pode usar? Recoñezo e clasifico as perífrases verbais. Podo identificar e clasificar as perífrases verbais? Son capaz de explicar o significado que achegan? Establezo relacións semánticas entre palabras. Distingo as palabras polisémicas das homónimas? Relaciono hipónimos co seu hiperónimo? V O C A B U L A R I O G R A M Á T I C A Contextualizo a literatura galega no marco do século xix. Entendo a importancia dos primeiros movementos galeguistas para a recuperación e a dignificación da identidade e a cultura galegas? Valoro o papel da prensa na difusión da literatura en galego? Coñezo a produción literaria ata 1863. Podo mencionar algunhas mostras literarias do primeiro terzo do século xix? Comprendo a finalidade do diálogo e do coloquio? Cito algúns precursores e as súas obras máis relevantes? Valoro o labor dos precursores na defensa e na recuperación da cultura galega? L I T E R A T U R A O curro Rí scase no chan un círculo de diámetro variable, de entre dous e cinco metros, dependendo d o n ú m e r o d e xo g a d o r e s . Pa r a p r i n c i p i a r o xogo, bótanse as sortes, lanzando o peón contra a circunferenci a desde unha det erminada distancia (dez ou máis metros); é pandote aquel a quen lle fique o peón máis lonxe da raia e toman os demais a súa vez de xogo segundo a distancia á que quedaron . O xogador que panda ten que deixar a súa pinacha dentro do círculo, e os demais, respectando as quendas, tiran cadanseu peón con tanta for - za como poi dan , coa int ención de fenderen a pinacha polo medio. O peón dos xogadores ten que bailar no círculo, pois se non o fai , ou baila fóra , pasa a ser pandote xunto con quen xa o é. Todo peón que estea bai lando no círculo debe ser sacado fóra , antes de que pare de bailar, tomándoo sobre a palma da man . Tamén se pode coller o peón deste mesmo xeito, para colocar o pandote en mellor posición para ser guichado. De fender algún peón , o seu dono é eliminado. Quen o fender, gaña o ferrón para si . Cando un peón queda no curro co ferrón para enriba , dise que «desafía». Entón, un dos outros xogadores colle un pelouro ben grande e déixallo caer encima por unha soa vez. Os xogadores poden di spor dun peón de mala calidade (unha pataca ou pinacha) para deixalo de pandote substituíndo o bo, cando este parou de bailar dentro do círculo. O xogo remata cando todos os peóns están de pandotes dentro do círculo. Antón Cortizas, Enciclopedia dos xogos populares (adaptación) 1 Le o texto atentamente e resolve as cuestións. Que obxectos se precisan para xogar ao curro? Cal é o obxectivo do xogo? Que é o que se decide ao botar as sortes? Que ocorre se un peón baila fóra do círculo? E se un peón fende outro? Cando se di que un peón «desafía»? Que se fai nese caso? Resume as regras do xogo dunha maneira máis visual, con ilustracións e utilizando oracións breves introducidas por algún tipo de símbolo. 2 Identifica a finalidade comunicativa do texto e responde: que clase de texto é? Razoa a resposta. 3 Busca exemplos dos seguintes trazos expresivos: Construcións impersoais con se. Perífrases verbais modais de obriga. Termos específicos, característicos deste xogo. 4 Localiza no segundo parágrafo un exemplo de infinitivo conxugado e xustifica o seu uso. 5 Atopa os xerundios e explica de forma razoada a diferenza entre ambos os dous usos. Ríscase no chan un círculo de diámetro variable, dependendo do número de xogadores. Todo peón que estea bailando no círculo debe ser sacado fóra. 6 Busca no dicionario en liña da RAG as palabras subliñadas e explica por que son polisémicas. Localiza a acepción que corresponde ao significado que teñen no texto. 7 Copia catro hipónimos que se poidan relacionar co hiperónimo do xogo. 8 Busca na web Son de poetas o poema «Amor apresurado», de Francisco Añón, e resume o tema. Segundo o tema, como clasificarías o poema: satírico, de circunstancias, amoroso, elexíaco...? Infórmate sobre o tópico do carpe diem e explica de que forma se reflicte no poema e no título. C O M P R E N S I Ó N A P L I C A C I Ó N Defino e clasifico os textos prescritivos. Defino os textos prescritivos e recoñézoos entre outros tipos de textos? Sei cal é a súa finalidade? Diferencio os tipos de textos prescritivos que hai e poño exemplos? Coñezo a estrutura e a linguaxe característica dos textos prescritivos. Distingo as partes en que adoitan estruturarse e as particularidades dos textos instrutivos? Recoñezo algúns dos trazos lingüísticos e discursivos que caracterizan os textos prescritivos? C O M U N I C A C I Ó N DECÁLOGO. Reviso e gardo o decálogo que escribín no apartado de Comunicación. EXPRESIÓN ORAL . Imaxino que quero subir un vídeo á canle «Experimentos caseiros». Sigo as pautas do apartado de Expresión e grávoo. MAPA CONCEPTUAL. Engádolle ao esquema conceptual que iniciei na unidade 1 os tres tipos de perífrases verbais, con exemplos de cada clase. LECTURA. Localizo as perífrases verbais na lectura inicial da unidade e clasifícoas. LIÑA DE TEMPO. Sitúo a literatura do século xix na liña de tempo que comecei na unidade 2. CATÁLOGO LITERARIO. Engado algúns precursores e algunha das súas obras ao catálogo que iniciei na unidade 6. Nicomedes Pastor Antonio Benito Fandiño Xoán Manuel Pintos Francisco Añón Paz Alberto Camino 199 198 L I N G U A / L I T E R A T U R A L I N G U A / L I T E R A T U R A OBSERVATORIO LINGÜÍSTICO 7 5 LITERATURA As cantigas satíricas. Os xéneros menores SITUACIÓN DE APRENDIZAXE De onte a hoxe As loitas improvisadas en verso percorren a historia da música e da literatura, desde as tenzóns medievais ata as regueifas tradicionais ou as pelexas de galos rapeadas. Arredor dun tema dado, dous contendentes expresan en verso opinións contrarias. Moitas veces, o asunto de que se discute é a propia literatura ou a propia música. En parellas, ides compoñer unha tenzón ao estilo das medievais sobre un tema dado. Definición e orixe das cantigas satíricas As cantigas de escarnio e de maldicir caracterízanse por formular unha crítica , xeralment e en ton xo coso e burl e sco, di r i xi da a un p ersonaxe ou a unha realidade da época . Neste sentido, as composicións satíricas constitúen interesantes documentos que nos transmiten moita información sobre a sociedade e a mentalidade do momento histórico en que foron creadas. A orixe das cantigas satíricas galego-portuguesas puido estar na conf luencia de dúas tradicións: o xénero provenzal do sir vent és e un tipo de poesía oral e popular autóctona que estaba relacionada co Entroido e que xogaba coa alteración dos valores e regras establecidos. Fronte ao sir ventés provenzal , a cantiga satírica gal ego-por tuguesa presenta un ton menos grave e morali zant e, mái s intranscendente e xocoso. Características das cantigas satíricas O xénero das cantigas satíricas inclúe composicións moi diversas no referente ao ton e aos t emas. Ademai s, non exi st e unha pal abra cl ave que actúe como marca de xénero, nin un trazo formal que axude a di stingui las de maneira inequívoca . Con todo, presentan unha serie de características comúns: Empregan un ton crítico ou burlesco. Teñen certo caráct er nar rativ o, poi s sempre ref iren un acontecemento ou anécdota , por mínima que sexa . Debido ao amplo abano de temas que tratan, presentan un léxico máis variado ca as cantigas de amigo e de amor. Ademai s, este vocabulario a miúdo é explícito e obsceno. Utilizan recursos coma a parodia (imitación burlesca), a ironía (consistente en mani fe st ar o contrar io do qu e se qu ere dar a ent ender) ou o e qu ív o c o (dobres sentidos). 1. 2. 116 L I T E R A T U R A 5 Anímaste a cantar en verso? En parellas, ides compoñer unha TENZÓN SOBRE UN TEMA DADO. Podedes elixir un relativo á vida do instituto (deberes, horarios, exames…) ou a calquera tema de actualidade. ELABORACIÓN E PRESENTACIÓN. Compoñede a vosa tenzón en coplas ou partindo do esquema métrico dunha canción ou poema coñecidos. Despois, interpretádea ante a clase. 1 Concretade o tema da vosa tenzón e, se vos cómpre, buscade información sobre el. 2 Acordade que postura defenderá cadaquén. 3 Individualmente, facede unha lista dos argumentos que esgrimiredes para soster a vosa postura. SITUACIÓN DE APRENDIZAXE 1 Di a que núcleo temático pertence esta cantiga de escarnio e maldicir e a quen se dirixe a sátira. 2 Indica se o ton do texto é grave ou xocoso. 3 Explica por que esta cantiga é o reverso dunha cantiga de amor. Loanza da dama? Ai , dona fea, fóstevos queixar que vos nunca louvo en o meu cantar ; mais ora quero facer un cantar en que vos loarei todavía ; e vedes como vos quero loar : dona fea , vella e sandía1! Dona fea, se Deus me perdón, pois habedes tan gran corazón que vos eu loe, en esta razón vos quero xa loar todavía ; e vedes cal sería a loazón : dona fea , vella e sandía! Dona fea, nunca vos eu loei en meu trovar, pero moito trobei; mais ora xa un bo cantar farei en que vos loarei todavía ; e direivos como vos loarei: dona fea , vella e sandía! Xoán García de Guill ade (adaptación) 1 sandía : necia , tola . 121 L I T E R A T U R A L I N G U A OBSERVATORIO LINGÜÍSTICO 5 Sitúa no mapa estes concellos e describe os trazos que caracterizan a fala de cada un. Viveiro Muros Melide Fai unha breve entrevista a un galegofalante da túa zona e analiza a súa fala. A que bloque lingüístico pertence? Xustifica a resposta con exemplos. 6 O proxecto A nosa fala recolle conversas en que se reflicten os diferentes dialectos do galego. Entra na web do proxecto e resolve as cuestións. http://consellodacultura.gal/arquivos/asg/anosafala.php Escolle conversas de diferentes bloques e pon exemplos dos fenómenos dialectais característicos. Indica o nivel e o rexistro de lingua que reflicte cada texto. A C T I V I D A D E S Bloque occidental Gheada. Seseo ao final da sílaba (lus, des) e, na parte máis occidental do territorio, tamén no comezo (faser ou sinco). Terminación -án para os dous xéneros (o/a irmán). Plural en -ns (cans). Bloque central Gheada só na parte occidental. Ausencia case total de seseo. Terminacións -ao/-á (irmao / irmá). Plural en -s (cas). Bloque oriental Ausencia de gheada. Ausencia de seseo. Terminacións -ao/-á (irmao / irmá). Plural en -is (cais). Pronome tu. Formas verbais en -is (cantais). A gheada consi st e na pronuncia aspirada do son G (coma no caso do h inglés de horse). No mapa do seseo, a i soglosa descontinua marca a diferenza entre unha zona oriental , onde os sons que representamos coas grafías s e z se distinguen sempre na fala (non hai seseo), e outra occidental onde, en posición f inal de sí laba , estes dous sons se pronuncian indi stintamente como [s]: lus, des... ( hai seseo). A isoglosa continua separa dúas zonas: na occidental non exi ste o son representado na escrita coa graf ía z e este pronúnciase sempre como [s] (sinco, lus, des...); na oriental si existe ese son e diferénciase do s a inicio de sílaba (cinco...), pero non a final de palabra (des...). A Coruña Lugo Pontevedra cinco sinco cinco sinco dez des SESEO NON SESEO Ourense sinco/cinco des/dez A Coruña Lugo Pontevedra pantalóns pantalós pantalois Ourense pantalóns/ pantalós/ pantalois A Coruña Lugo Pontevedra irmán irmá irmao Ourense irmán/irmao/irmá A Coruña Lugo Pontevedra GHEADA ghato NON GHEADA gato Ourense gheada/ non gheada Gheada Seseo Plural dos nomes rematados en -n Terminacións en -án/-ao/-á 300 L I N G U A Datos sobre o uso do galego Persoas que falan sempre ou case sempre en galego OBSERVATORIO LINGÜÍSTICO Diglosia e conflito lingüístico Concepto de diglosia Cando nunha comunidade conviven dúas ou mái s linguas, é frecuente que a súa presenza se distribúa por zonas xeográficas ou por ámbitos de uso. Neste último caso, o que acontece é que cada unha das linguas se emprega en det erminadas situacións ou dominios: por exemplo, unha das linguas utilízase en contextos oficiais e formais, e a outra en ámbitos coloquiais e familiares. Este tipo de situación denomínase diglosia . A dig losi a é unha situación so ci al en que conv iven vari as linguas (ou distintas variedades dunha mesma lingua) que se empregan en ámbitos distintos e con funcións sociais diferentes. As situacións de diglosia teñen unha serie de consecuencias para as linguas implicadas nelas: A repartición de ámbitos de uso repercute na consideración social dos idiomas: o código utilizado en situacións formais acaba sendo percibido polos falantes como máis prestixioso e elevado; fronte a el , a lingua asociada aos contextos informais percíbese como inferior. Estas consideracións dependen sempre de factores soci ai s e subxectiv os que non teñen nada que ver co estritamente lingüístico, pois as dúas linguas son perfectamente válidas como vehículo de comunicación . A lingua empregada en e spazos institucionai s e situacións formai s acaba desenvolvendo un léxico culto, técnico e especializado, adaptado ás necesidades dos contextos en que se utiliza . Ademais, a súa presenza en espazos académi cos e educativ os regrados fav orece a súa estandarización : conta con gramáticas, dicionarios e normas ortográficas. Do mesmo xeito, adoita ter unha traxectoria como lingua literaria e de cultura . Fronte a iso, a lingua asociada aos contextos familiares carece dun léxico especializado en ámbitos como o técnico e o científico, pero alcanza un desenvolvemento notable no vocabulario asociado á vida cotiá e nas expresións fraseolóxicas. Conflito lingüístico As situacións de diglosia poden manterse estables no tempo, pero tamén poden desembocar nun desequilibrio cada vez maior entre os idiomas, de xeito que unha das linguas ( lingua A, dominant e ou hexemónica) ameaza a outra ( lingua B, minorizada) e dispútalle progresivamente os ámbitos de uso, ata acabar substituíndoa por completo. Para reverter esta situación e impedir a desaparición ou desprazamento dunha lingua , é posible levar a cabo unha serie de accións desde os espazos de goberno, encamiñadas a favorecer a presenza da lingua minorizada nos ámbitos formais dos que está sendo apartada . Est e proceso consci ent e e programado coñécese como pl ani f icación lingüística e o seu obxectivo é a normalización do idioma , é dicir, restablecer o uso «normal» dunha lingua na sociedade, en todos os espazos que lle eran propios. 1. 2. % falantes 100 80 60 40 20 0 25,23 20,06 24,81 29,67 Ámbito laboral % falantes 100 80 60 40 20 0 3,03 9,02 37,89 50,04 Ámbito dos medios de comunicación % falantes 100 80 60 40 20 0 Ano 2013 50,9 52,3 Ano 2018 Persoas que falan sempre ou case sempre en galego Fonte: IGE % falantes 100 80 60 40 20 0 28,96 18,23 20,35 32,43 Preferencia de idioma en diversos ámbitos Ambito social En galego sempre Máis galego ca castelán Máis castelán ca galego En castelán sempre Fonte: IGE 148 SITUACIÓN DE APRENDIZAXE Literatura 5 Un percorrido pola literatura galega, desde a Idade Media ata o século XIX, cos principais autores e autoras, e as súas obras máis representativas conforman os contidos que irás adquirindo neste curso. Estes contidos daranche a posibilidade de realizar un produto ao finalizar cada unidade. Ademais, como o proceso literario non se entende desvinculado do momento histórico en que foi creado, adquirirás coñecementos dos principais acontecementos que se produciron en cada época.
RkJQdWJsaXNoZXIy