252772

1 U N I D A D E L I N G UA. C o n t i d o s O texto. Clases de textos Resumir un texto As unidades lingüísticas Os dicionarios SITUACIÓN DE APRENDIZAXE En banda deseñada L I T E R AT U R A. C o n t i d o s O fenómeno literario Funcións da literatura A linguaxe literaria: os recursos estilísticos A análise métrica Os xéneros literarios SITUACIÓN DE APRENDIZAXE Os máis premiados A L I N G UA PA R A C R E A R Organizádevos en grupos e realizade a convocatoria dunha xornada de arte urbana no voso centro. –  Determinade a idade dos participantes e se vai ser unha convocatoria aberta ou cinguirse só a persoas do centro. –  Decidide o tema sobre o que van ter que pintar e as horas que terán para realizalo. –  Pensade na composición do xurado e os premios que se van conceder e en que vai consistir cada un deles. –  Elaborade unha convocatoria única coas mellores achegas dos diferentes grupos. En modo creativo # Informádevos en Internet sobre as localidades de Galicia que organizan festivais de arte urbana ou da rúa. A L I N G UA PA R A CO M PA R T I R Os graffiti contemporáneos xurdiron a mediados do século xx. A súa orixe faise coincidir coa comercialización da pintura en spray, de secado rápido e moi resistente á intemperie. Comentade: –  Como credes que contribuíu esta nova técnica á expansión do graffiti? Tede en conta que a pintura pode aplicarse a gran velocidade. Moitas obras de arte urbana ou da rúa están embelecendo edificios abandonados en barrios ou zonas industriais despoboadas. Parécevos unha boa solución? 6

RkJQdWJsaXNoZXIy