COMUNICACIÓN O texto. Clases de textos 1 A comunicación e o texto Os seres humanos compartimos información continuamente. Cando falamos, lemos un correo electrónico ou acenamos coa man , estamos emitindo ou recibindo mensaxes cunha información . A comunicación é a transmisión de información entre un emisor e un receptor mediante un código que coñecen ambos os dous. Se as mensaxes son verbai s e se emit en de forma int encionada , dicimos que constitúen textos. Daquela , son textos un anuncio, un saúdo, un cartel , un conto, unha novela… Un texto é unha mensaxe completa que se transmite oralmente ou por escrito nun acto de comunicación cunha determinada finalidade. Clases de textos Os textos poden clasificarse de acordo con diferentes criterios. Segundo a canle de transmisión Tendo en conta o medio polo que se transmite a mensaxe, os textos poden ser : Orais. A comunicación adoita ser espontánea (conversa ou diálogo), se ben tamén hai textos orais planificados (o debate, a conferencia , a entrevista…). Escritos. Son textos planificados, que tratan un tema concreto e se caracterizan por reunir tres propiedades (adecuación , coherencia e cohesión), que veremos con detalle na próxima unidade. Segundo a forma do discurso Tradicionalmente distínguense cinco formas do discurso, e segundo a que predomine nun texto, diremos que este é narrativo, descritivo, dialogado, expositivo ou argumentativo. Os textos narrativos relatan uns feitos que se suceden no tempo. Nos descritivos, o fundamental é a caracterización de seres, obxectos, entidades ou fenómenos. Nos dialogados, preséntase un intercambio comunicativo directo entre dous ou máis interlocutores. Nos expositivos, desenvólvese un tema ou preséntase un concepto. Nos argumentativos deféndese unha opinión propi a de forma razoada ou emítese un xuízo crítico sobre unha opinión allea . O mái s habitual é que conv ivan varias formas do di scurso nun mesmo t exto, aínda que predomine unha delas. A novela , por exemplo, é un texto narrativo, pero no seu interior adoitan alternar, polo menos, fragmentos narrativos, descritivos e dialogados. 1. 2. O ámbito de uso A forma dun texto depende tamén do ámbito en que circula. Por exemplo: un emisor que ten a intención de informar sobre os riscos de non coidar a natureza, no ámbito xornalístico escribirá unha reportaxe ou un artigo de opinión; no ámbito académico, un ensaio científico, unha conferencia, etc.; no ámbito persoal, pode narrar unha vivencia propia relacionada co tema. 7 L I N G U A
RkJQdWJsaXNoZXIy