252776

Lingua e Literatura Este libro é unha obra colectiva concibida , deseñada e creada no Depar tamento de Edicións de Santillana / Obradoiro, baixo a dirección de Teresa Grence Ruiz e Ana María Guerra Cañizo. Na súa elaboración par ticiparon: Rosario Álvarez Blanco Francisco Duber t García Paula Fernández Seoane Manuel González Alvarellos Primitivo Iglesias Sierra Antón Palacio Sánchez Xulio Sousa Fernández ILUSTR ACIÓN Quino Marín EDICIÓN EXECUTIVA Afonso Toimil Castro DIRECCIÓN DO PROXECTO Ana María Guerra Cañizo As actividades deste libro non deben ser realizadas en ningún caso no propio libro. As táboas, esquemas e outros recursos que se inclúen son modelos que deberán ser trasladados a un caderno. 1 B A C H A R E L A T O

UNIDADE COMUNICACIÓN ORAL E ESCRITA FUNCIONAMENTO Comunicación Na práctica Gramática 1 As unidades comunicativas 1. As unidades lingüísticas 2. As unidades comunicativas 3. O enunciado 4. O texto 5. Aspectos pragmáticos da comunicación •  Construír un texto A comunicación e a linguaxe 1. As comunidades e a linguaxe 2. A linguaxe humana: o signo lingüístico 3. Características da linguaxe humana 2 Comunicación oral e escrita 1. Formas de comunicación verbal 2. Comunicación oral 3. Comunicación escrita 4. Características da lingua escrita 5. Textos orais e textos escritos •  Preparar unha exposición oral Unidade e variedade da lingua 1. A linguaxe e as linguas 2. As linguas e as variedades lingüísticas 3. Tipos de variedades lingüísticas 3 Os textos 1. O texto. Concepto 2. As propiedades textuais 3. As secuencias textuais e os tipos de textos •  Preparar un texto escrito As clases de palabras. O substantivo 1. A palabra e as súas clases 2. O substantivo: definición e recoñecemento 3. Constituíntes morfolóxicos do substantivo 4. Substantivos simples, derivados e compostos 4 A narración (I) 1. Secuencias textuais: a narración 2. Elementos da narración 3. O tempo nas secuencias narrativas •  Organizar o contido dunha exposición oral O adxectivo 1. O adxectivo: definición e recoñecemento 2. Constituíntes morfolóxicos do adxectivo 3. Clasificación e posición dos adxectivos 4. Función dos adxectivos 5 A narración (II) 1. O narrador. Tipos de narrador 2. Características lingüísticas da narración 3. Características textuais da narración •  Elaborar un mapa conceptual Artigos, demostrativos e posesivos 1. O artigo: definición e recoñecemento 2. Formas do artigo 3. Usos e funcións do artigo 4. Os pronomes determinantes 6 A descrición 1. Secuencias textuais: a descrición 2. O punto de vista na descrición 3. Unha forma de descrición: o retrato 4. Características lingüísticas da descrición 5. Características textuais da descrición • Identificar as partes dunha exposición oral Outros pronomes determinantes 1. Outros pronomes determinantes 2. Os cuantificadores: numerais 7 A exposición 1. A secuencia expositiva 2. Estrutura da secuencia expositiva 3. Características lingüísticas e textuais das secuencias expositivas •  Realizar unha exposición oral en público O verbo (I) 1. O verbo: definición e recoñecemento 2. Función verbal e clases de verbos 3. As formas amodotemporais 4. As formas modotemporais 58 82 106 134 156 59 83 107 135 157 61 85 109 137 159 62 86 110 138 160 6 7 9 10 34 35 37 38 Índice 5. Clasificación semántica dos substantivos comúns 6. Diminutivos e aumentativos 7. O xénero 8. O número 4. A lingua estándar 5. Lingua oral e lingua escrita 4. O uso da linguaxe 5. A competencia comunicativa 6. O estudo da linguaxe 5. O xénero 6. O número 7. Variantes combinatorias 8. Gradación, cuantificación… 5. O demostrativo 6. O posesivo 7. Outras formas do posesivo 8. Uso do artigo co posesivo 3. Os cuantificadores: indefinidos 4. Os identificadores 5. Outros usos dos tempos e modos 6. As perífrases verbais 2

DA LINGUA A LINGUA E OS SEUS FALANTES EDUCACIÓN LITERARIA Obradoiro da lingua Literatura Na práctica •  A puntuación. O punto •  O acento diacrítico (I) Do latín ao galego 1. A latinización 2. O latín da Península 3. A aparición do galego e dos outros romances peninsulares 4. Do latín ao galego A literatura e as súas formas 1. Que é a literatura? 2. Verso e prosa 3. O verso. A métrica 4. Recursos estilísticos •  Facer un comentario literario •  A coma •  O acento diacrítico (II) A literatura popular 1. A literatura popular: concepto e características 2. As narracións populares 3. A poesía popular 4. O teatro popular •  Facer un comentario literario •  O punto e coma •  Acentuación de ditongos e hiatos O galego na Idade Media (Dentro do programa de literatura) A literatura na Idade Media 1. A Idade Media 2. Galicia na Idade Media 3. O esplendor de Galicia nos séculos XII e XIII 4. A lingua na Idade Media 5. Principais características do galego medieval •  Facer un comentario literario •  Analizar desde unha perspectiva histórica o uso da lingua •  Os dous puntos •  Uso do guión en final de liña As cantigas de amor 1. Definición e marcas de xénero da cantiga de amor 2. O código do amor cortés 3. A cantiga de amor e a súa relación coa cançó provenzal 4. Os personaxes… 5. Características temáticas… •  Facer un comentario literario •  Os puntos suspensivos •  O apóstrofo A diversidade lingüística de España 1. Linguas faladas na península ibérica 2. O asturiano 3. O castelán 4. O aragonés… As cantigas de amigo 1. Orixe e definición da cantiga de amigo 2. Marcas de xénero da cantiga de amigo 3. Modalidades do discurso da cantiga de amigo •  Facer un comentario literario •  Signos de interrogación e de admiración •  A diérese As cantigas de escarnio e maldicir e os xéneros menores 1. Orixe e significado das cantigas satíricas 2. Tipos de cantigas satíricas 3. Clasificación temática das cantigas satíricas •  Facer un comentario literario •  Parénteses e corchetes •  Os grupos consonánticos cultos <ct> e <cc> A lusofonía 1. O nacemento de Portugal 2. Galego e portugués 3. A expansión do portugués 4. A lusofonía As Cantigas de Santa María 1. A corte literaria de Afonso X 2. A autoría das Cantigas de Santa María 3. Fontes e motivacións das Cantigas de Santa María •  Facer un comentario literario 68 92 116 142 166 118 168 70 94 122 144 170 16 18 22 31 44 46 55 79 103 131 153 179 6. A poesía trobadoresca: a influencia provenzal 7. Ámbito xeográfico e cronolóxico da lírica medieval 8. Autores e intérpretes do espectáculo trobadoresco 6. Características estruturais… 7. Procedementos formais… 8. Estética e linguaxe da cantiga… 9. Variedades da cantiga de amor 4. Os temas… 5. Os personaxes… 6. Modalidades xenéricas… 7. Símbolos e natureza… 8. Recursos formais… 4. Estilo e recursos retóricos das cantigas satíricas 5. Os xéneros menores 4. Códices conservados… 5. Tipos de cantigas 6. Temas das cantigas narrativas 7. Métrica e lingua das Cantigas de Santa María 5. Valoración da cultura popular 5. Os xéneros literarios 3

UNIDADE COMUNICACIÓN ORAL E ESCRITA FUNCIONAMENTO Comunicación Na práctica Gramática 8 A argumentación (I) 1. A secuencia argumentativa 2. A argumentación e as situacións comunicativas 3. Estrutura da secuencia argumentativa •  Evitar as repeticións O verbo (II) 1. Constituíntes morfolóxicos do verbo 2. Verbos regulares e irregulares 3. O paradigma da conxugación regular 4. Alternancias vocálicas no presente 5. Outros trazos salientables 6. Paradigma dos verbos… 7. Tema de presente 8. Tema de perfecto 9. Outros trazos salientables 9 A argumentación (II) 1. Tipos de argumentos 2. A efectividade dos argumentos 3. Características lingüísticas da argumentación 4. Características textuais da argumentación •  Revisar un texto escrito O pronome persoal 1. O pronome persoal: definición e recoñecemento 2. O paradigma do pronome persoal 3. Uso das formas tónicas 4. Uso das formas átonas non reflexivas 5. Uso de se e das formas átonas reflexivas 6. Posición dos pronomes 1 0 Clasificación das unidades textuais 1. Textos e secuencias textuais 2. Clasificación dos textos 3. Tipos de texto segundo a intención comunicativa 4. Tipos de texto segundo o ámbito de uso 5. Textos literarios e non literarios •  Dar instrucións Preposicións, conxuncións e relativos 1. Os nexos 2. As preposicións 3. As conxuncións 4. Os pronomes relativos 1 1 Os textos xornalísticos 1. Os textos e os medios de comunicación social 2. As características dos textos xornalísticos 3. Os xéneros xornalísticos •  Escribir unha entrada nun blog Os adverbios e as interxeccións 1. Os adverbios 2. As interxeccións 3. As onomatopeas 4. A definición das clases de palabras 1 2 Os textos publicitarios 1. Os textos publicitarios 2. Elementos da comunicación publicitaria 3. As características e os mecanismos da publicidade 4. Algunhas técnicas persuasivas •  Utilizar elementos retóricos na lingua cotiá 1 3 Os textos científicos e académicos 1. A comunicación científica 2. Características dos textos académicos e científicos 3. Propiedades do estilo científico 4. Tipos de textos científicos e académicos • Elaborar materiais para utilizar nunha presentación 1 4 Os textos e o medio: textos profesionais e administrativos 1. A comunicación cos poderes públicos 2. Características dos textos xurídicos e administrativos 3. Tipos de textos xurídicos e administrativos •  Axustar a extensión dos enunciados nos textos escritos Índice 182 326 183 327 185 329 186 206 207 209 210 232 233 235 236 260 261 263 264 286 287 289 306 307 309 4

DA LINGUA A LINGUA E OS SEUS FALANTES EDUCACIÓN LITERARIA Obradoiro da lingua Literatura Na práctica •  O guión e a raia •  Grupos consonánticos con <l> e <r> A prosa e o teatro medievais 1. A prosa medieval: condicionantes históricos 2. A prosa literaria 3. O teatro e as representacións medievais •  Facer un comentario literario •  As comiñas •  Acentuación: verbo + pronome, verbo + artigo A situación da lingua nos séculos xvi, XVII e XVIII (Dentro do programa de literatura) A literatura nos séculos XVI, XVII e XVIII 1. Contexto histórico e social 2. A situación da lingua 3. A decadencia da lírica medieval. A escola galego-castelá 4. A literatura nos séculos XVI e XVII 5. A literatura no século XVIII •  Facer un comentario literario •  Analizar a consideración social da lingua nun determinado momento histórico •  Maiúsculas e minúsculas •  O acento: interrogativos e exclamativos A situación da lingua no século xix (Dentro do programa de literatura) A literatura no século XIX. O Rexurdimento 1. O contexto político e social en Galicia no século XIX 2. A situación da lingua 3. Desenvolvemento do pensamento galeguista •  Facer un comentario literario •  Analizar discursos ideolóxicos que relacionan lingua e nacionalidade •  Abreviaturas •  As contraccións de con, de e en As funcións sociais das linguas 1. As funcións sociais da lingua 2. As funcións sociais do galego Rosalía de Castro 1. Vida 2. Obra 3. O significado de Cantares gallegos 4. Estrutura e temas de Cantares gallegos 5. O significado de Follas novas •  Facer un comentario literario •  Tipos e tamaños de letra • Grafías <b> e <v> O multilingüismo 1. Multilingüismo e bilingüismo 2. Razóns do multilingüismo 3. Consecuencias do multilingüismo Eduardo Pondal 1. Vida 2. Obra poética 3. Principais liñas temáticas e ideolóxicas da súa poesía •  Facer un comentario literario •  Presentación dun traballo •  A grafía <h> en posición inicial e intervocálica Linguas minoritarias e linguas minorizadas 1. Lingua minoritaria fronte a lingua minorizada 2. O galego, lingua minoritaria? 3. O galego, lingua minorizada? Manuel Curros Enríquez 1. Vida 2. Obra 3. Aires da miña terra 4. O divino sainete •  Facer un comentario literario •  Revisión e corrección de textos •  Grafía dos estranxeirismos A diversidade lingüística 1. As linguas do mundo 2. As familias lingüísticas 3. Clasificacións tipolóxicas 4. As linguas en Europa Outros autores do Rexurdimento 1. A poesía: seguidores de Rosalía, Pondal e Curros 2. A prosa 3. O teatro •  Facer un comentario literario 6. Traballos e actitudes dos ilustrados con respecto á lingua 4. A literatura entre 1800 e 1833 5. O Rexurdimento 6. Os precursores 6. Estrutura e temas de Follas novas 7. Escritos en prosa 8. A lingua 9. Métrica e recursos estilísticos 10. As interpretacións da obra de Rosalía 4. A lingua e o estilo de Pondal 5. A métrica 6. Significado da obra de Pondal 5. Lingua, métrica e estilo da poesía de Curros 6. Significado da obra de Curros 192 330 332 194 336 203 216 218 228 242 244 256 270 272 274 283 290 292 294 303 310 312 314 323 345 5

As unidades comunicativas A comunicación e a linguaxe A literatura e as súas formas 1 U N I D A D E L I N G U A 1 As unidades comunicativas 2 A comunicación e a linguaxe 3 Do latín ao galego 4 A puntuación. O punto L I T E R A T U R A 1 Que é a literatura? 2 Verso e prosa 3 O verso. A métrica 4 Recursos estilísticos 5 Os xéneros literarios 6

1. As unidades comunicativas TEXTO (artigo dunha revista) ENUNCIADO (chapa para promocionar o galego) O Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega presentou os resultados dun estudo sobre a avaliación da competencia bilingüe nos idiomas galego e castelán do alumnado de 4.º da ESO. Nel constátase que, aínda que de xeito global a xeración Z ou dos centennials remata a Secundaria obrigatoria cunha competencia aceptable nas dúas linguas oficiais, máis dun 35 % do alumnado castelanfalante ten unha escasa competencia en galego, mentres que o alumnado galegofalante amosa un dominio similar nos dous idiomas. gciencia .com (adaptación) As unidades lingüísticas As disciplinas que se encargan da descrición e do estudo científico das linguas adoitan botar man dunha serie de unidades que a todos nos resultan xa moi familiares polos seus nomes: sons, fonemas, sílabas, palabras, frases, oracións, etc. Estas unidades denomínanse unidades lingüísticas. Para definir e identificar este tipo de unidades utilízanse características propiamente lingüísticas que fan referencia á estrutura interna , ao significado e ás posibilidades de combinación dos elementos lingüí sticos. Por exemplo, unha sílaba é unha unidade composta por un ou varios sons que se pronuncian nun único golpe de voz e que poden combinarse con outras sílabas para formar palabras (CO-E-LLO); unha oración é unha unidade de tipo sintáctico que ten como elemento principal un verbo e que pode estar constituída por varias palabras relacionadas entre si . As unidades lingüísticas teñen distinto grao de complexidade e ademais non todas el as están asoci adas a un signi f icado. O coñecemento das uni dades lingüí sticas axúdanos a comprender o funcionamento dunha lingua e tamén nos facilita a súa aprendizaxe. /a/ ca casa na casa Miña irmá quedou na casa Fonema Sílaba Palabra Frase Oración (Fonoloxía) (Fonoloxía) (Morfoloxía) (Sintaxe) (Sintaxe) As unidades comunicativas A comunicación verbal humana supón a utilización de unidades lingüísticas para construír mensaxes que sir van para expresar ideas, feitos, propósitos, sentimentos, etc. As unidades que utilizamos para comunicarnos e que teñen un valor comunicativo nunha situación determinada denomínanse unidades comunicativas. A diferenza das unidades lingüísticas, as unidades comunicativas sempre teñen significado e ademais sempre son autónomas, é dicir, expresan unha idea completa e non están vinculadas lingüisticamente a outras unidades. Por outra parte, as unidades comunicativas poden ser simples ou poden agruparse en unidades superiores. A unidade comunicativa máis pequena é o enunciado e a maior e máis complexa é o texto. 1. 2. 1 7 C O M U N I C A C I Ó N

O enunciado O enunciado considérase a unidade comunicativa máis elemental, ten sentido completo e é sintacticamente autónomo. Na lingua oral os enunciados sitúanse entre dúas pausas; na lingua escrita acostuman sinalarse cunha puntuación destacada (puntos). Unha única palabra pode constituír un enunciado, pero o máis común é que o enunciado estea formado por unha agrupación de palabras. A palabra SAÍDA escrita nun cartel por riba dunha porta ou un FÓRA! pronunciado con enfado, coa man apuntando para o exterior e mirando directamente a alguén, constitúen enunciados que nos contextos axeitados son interpretados sen ningunha ambigüidade. Tamén é un enunciado a oración Non hai entradas para o concerto enviada como mensaxe de texto por teléfono a unha amiga. Estes tres exemplos son unidades comunicativas autónomas que cobran sentido completo en actos comunicativos en que o emisor da mensaxe e o seu destinatario comprenden sen dificultade o significado e o propósito que perseguen. O texto O texto considérase a unidade superior de comunicación . Cando falamos ou cando escribimos construímos unidades comunicativas complexas conformadas por varias oracións vinculadas entre si e di spostas de xeito organi zado. Estas unidades, que tanto poden ser orais coma escritas, son os textos. A extensión dos textos é moi variable: un texto pode estar constituído por un único enunciado que pode ser unha soa palabra (SAÍDA) ou por centos de palabras e oracións vinculadas entre si (un discurso parlamentario, unha conversa entre amigos, unha novela de mil páxinas, etc.). Os textos son sempre utilizados cun determinado propósito, nunha situación comunicativa concreta e seguindo unha serie de convencións e regras de uso comunicativo que tanto emisor coma receptor coñecen . Aspectos pragmáticos da comunicación As activ idades de produción e int erpretación das unidades comunicativas están ligadas ao coñecemento do código lingüí stico e tamén a un conxunto de factores relacionados co contexto, coa situación comunicativa e cos coñecementos dos falantes. Estes tres últimos elementos denomínanse aspectos pragmáticos da comunicación e contribúen a darlles sentido aos textos. Os elementos pragmáticos máis relevantes da comunicación son o emisor das mensaxes, o destinatario das mensaxes, a situación comunicativa e o propósito da comunicación e o compromiso de emisor e receptor co tema . Por outra parte, as mensaxes que utilizamos teñen asociados unha serie de contidos que son complementarios aos que derivan da interpretación literal das unidades lingüísticas. Trátase das presuposicións e das implicaturas. As presuposicións son os significados que damos por sentado ou presuposto e que se basean no coñecemento previo compar tido polos par ticipantes na comunicación . Se estamos sentados á mesa para xantar e alguén di Falta a auga, este enunciado implica que acostumamos beber auga para xantar e que habitualmente hai unha xerra ou unha botella de auga na mesa á hora da comida . As implicaturas son signif icados adicionai s ao signif icado literal das mensaxes e que o receptor é capaz de inferir a partir do coñecemento da intención do falante. As implicaturas están ligadas directamente coa situación comunicativa . Se estamos sentados á mesa para xantar e alguén di Falta a auga, con seguridade entenderemos que a intención do emi sor deste enunciado non é só describir unha situación , senón conseguir que alguén se levante da mesa e traia auga . 3. 4. 5. Características do texto É unha unidade con sentido completo. É autónomo desde o punto de vista sintáctico. Está constituído por elementos vinculados entre eles e dispostos de maneira organizada. Resulta adecuado na situación comunicativa en que se utiliza e para o asunto de que trata. Non ten unha extensión limitada. 8 C O M U N I C A C I Ó N

Construír un texto A maioría dos textos que utilizamos na vida diaria para comunicarnos construímolos de maneira inmediata e con pouca ou ningunha reflexión previa (conversa con alguén, chamada de teléfono, resposta a unha mensaxe de texto, etc.). Con todo, cando precisamos elaborar textos complexos e máis extensos, o proceso de construción acostuma ser máis demorado e reflexivo. Antes de poñérmonos a escribir un traballo para unha materia ou presentar unha exposición oral, procuramos reflexionar sobre o noso propósito (contar, convencer, pedir desculpas, demostrar os nosos coñecementos, etc.), seleccionar e ordenar a información que queremos expresar e escoller o mellor modelo textual para compoñer o texto. 1. Seguindo o modelo do texto que se ofrece na páxina 7, elabora textos escritos (100 palabras) a partir dos seguintes enunciados. Busca información naqueles casos en que o precises. 2. Os elementos pragmáticos son moi relevantes para a comunicación e para a correcta interpretación dos textos. Elabora un guión para unha exposición oral combinando un tema e un contexto dos que se propoñen a continuación. Procura que a selección de formas pronominais, léxico, tempos verbais e extensión dos enunciados sexa a máis adecuada para cada contexto. Revisar Identificar o propósito comunicativo Xerar ideas ou buscar información Escoller o modelo de texto Escribir o texto, o esquema ou o guión Seleccionar a información Ordenar e estruturar a información 1 Existen enunciados constituídos por unha única sílaba? E por un único fonema? Se a túa resposta é afirmativa, ofrece algúns exemplos. 2 Busca no libro a definición de oración e a de enunciado; a partir delas responde as seguintes preguntas e pon exemplos ilustrativos: Son oracións todos os enunciados? Son enunciados todas as oracións? Teñen todas as oracións independencia sintáctica? Existen enunciados sen verbo? 3 Sinala cales das seguintes secuencias poden interpretarse como enunciados. Pero eu non podo ese día. Ola! A conta, por favor. Non o sei. Os exames xa están corrixidos. Xa! Libro de reclamacións. Chegada. Será mellor que esperes Quen cho dixo? un pouco máis. Describe os contextos que permiten interpretar como enunciados as secuencias que sinalaches. A C T I V I D A D E S Temas Contextos Vantaxes e inconvenientes do turismo de masas (o Camiño de Santiago). Animais domésticos na casa. Maioría de idade, aos 18 ou antes? O sexismo nos medios de comunicación. O control de pais e nais no uso das novas tecnoloxías. O emisor non coñece os destinatarios da súa mensaxe. Os destinatarios son persoas de maior idade ca o emisor. Os destinatarios son rapaces de 10 anos dun país asiático (comprenden o idioma). A situación comunicativa é unha reunión da ANPA. 1 Máis teléfonos móbiles ca ordenadores (noticia de prensa). A Casa da Xuventude organiza un obradoiro de monólogos (mensaxe de correo). Fomento do uso do galego nas redes sociais por parte da mocidade (chío de Twitter). 94 % de aprobados nos exames de acceso á Universidade (noticia de prensa). O venres a biblioteca permanecerá pechada (nota para colocar na porta). O que arde, unha das producións máis importantes do cine galego (recensión). 9 C O M U N I C A C I Ó N

As comunidades e a linguaxe Os seres humanos son animais sociais: nunca viven sós, senón en comunidade con outras persoas. O il lamento dunha persoa prodúcese comunmente como castigo, coma cando mandan á prisión un delincuente; ou resulta dunha situación anormal , coma unha doenza , un accidente, un secuestro, etc. O tamaño e forma das comunidades varía segundo o punto de vista desde o que as consideremos e tamén segundo as culturas. Por exemplo, ti e a túa familia formades unha comunidade; con todo, tamén ti e os teus amigos creades unha comunidade distinta; por outra parte, ti, os teus compañeiros da clase e os teus profesores conformades unha comunidade escolar coas súas propias pautas de comportamento. Finalmente, tamén pertences a outra comunidade máis ampla, integrada por persoas con que tes unha relación menos estreita ou, incluso, con que non tes relación directa: os veciños do barrio, aldea, parroquia, concello… Disto resultan dúas conclusións importantes: O concepto de comunidade é flexible e aplícase a grupos distintos de persoas. Unha persoa pertence a varias comunidades a un tempo. Outros animais tamén viven en comunidade e teñen que relacionarse uns cos outros. Pensemos nas formigas, que viven en colonias de millóns de individuos, en que uns buscan alimentos, outros atenden as crías, outros defenden o grupo dos agresores; ou nas mandas de leóns, que deben organizarse ben e posuír boas estratexias de caza . Os animais teñen que ser capaces de comunicarse cos seus semellantes. As abellas obreiras preci san transmitir ás súas compañeiras onde se localiza a fonte de pole que usan para elaboraren o mel . Os cans poden usar o rabo para transmitir mensaxes: cando meten o rabo entre as patas están a mostrar submisión . Algúns monos emiten un berro especial cando se ven ameazados por algún depredador. Os seres humanos di feréncianse dos animai s polo xeito en que int eraccionan os membros das súas comunidades. Entre os humanos existe profesorado, que transmite coñecementos; persoal médico, que cura doenzas; profesionais da xustiza , que axudan a resolver conf litos. Pensa ademais que entre os humanos existen institucións como o matrimonio, a reli xión, as leis, o diñeiro. Os humanos tamén manexamos e construímos instrumentos mái s complexos ca os animai s ( pas, bolígrafos, automóbiles, ordenadores): uns fabrican os instrumentos, outros ensinan a usalos e outros só os usan . Nada disto existe no mundo animal . A linguaxe humana é unha ferramenta imprescindible para podermos vivir no mundo tan complicado que creamos. Por moi difíciles ou sorprendentes que nos poidan parecer os medios de comunicación que os animai s posúen , ningún deles chega ao grao de complexidade da linguaxe humana e ningún deles ten a súa capacidade comunicativa . A linguaxe humana: o signo lingüístico A linguaxe humana serve para transmitírmoslles aos membros das nosas comunidades os nosos desexos, necesidades, instrucións, as razóns que temos para actuarmos, etc. Chámaselle comunicación á transmisión do que sucede nas nosas mentes ás mentes dos outros, información ao contido transmitido e linguaxe ao medio. A linguaxe realiza esta transmisión a través de cadeas de sons, trazos pintados nun soporte (papel , madeira , cerámica) ou acenos feitos coas mans ou coa cara . Pero a linguaxe humana adoita escoller un medio sonoro, isto é, determinadas combinacións de sons producidos coa boca transmiten os pensamentos. 1. 2. Determinados xestos transmiten unha mensaxe clara. Na imaxe, a atleta galega Ana Peleteiro fai un xesto que demostra a súa emoción ao ganar a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos. 2. A comunicación e a linguaxe 10 F U N C I O N A M E N T O D A L I N G U A

As persoas xordas de nacemento non poden percibir sons, polo que transmiten os seus pensamentos por medio de acenos que efectúan coas mans; para elas a linguaxe adopta un medio exclusivamente visual . As persoas que oímos tamén usamos xestos ou outras formas de comunicación : cando falamos, movemos as mans ou facemos xestos coa cara , coma cando xiramos a cabeza dun lado a outro ao dicirmos 'non'. Estes recursos, chamados paralingüísticos, acompañan a linguaxe humana co fin de axudar a expresarnos dun xeito máis completo. Con todo, estes acenos non son de carácter lingüístico, pois non cumpren os requisitos que exporemos no seguinte capítulo. Os lingüistas adoitan chamar significado ao conxunto de pensamentos que queremos transmitir, significante ao xeito que empregamos para facelo e signo á unión dun significado e un significante. Existen moitos tipos de signos, coma a luz dos semáforos: a cor verde é o significante que transmite o significado 'podes pasar'; a vermella , o significado 'tes que deterte'; a amarela que pestanexa , o significado 'vai con coidado'. O máis importante do significante é que sexa perceptible polos sentidos (vista ou oído) e que o seu significado sexa coñecido por todos os membros da comunidade. Se os significantes non cumpren estes requisitos, non transmiten información e non se produce a comunicación . Velaquí tes dous exemplos de signos, un visual e outro oral . No primeiro signo representamos o significado con palabras escritas entre comiñas simpl es; esta será a convención que adopt emos desde agora . No segundo signo, empregamos palabras escritas para representar o signi f icant e oral . Nest e caso, o medio visual (as palabras escritas) substitúe o medio sonoro (as palabras pronunciadas). Isto débese á imposibilidade de transmitírmosche por vía oral o significante do signo, pois non che podemos falar a ti directamente. Na seguinte unidade ref lexionaremos sobre as relacións entre a escrita e a fala . Os signif icantes sonoros poden representarse na escrita de distintos xeitos. Polo de agora empregaremos as cursivas: gato. 1 Intenta establecer tres comunidades das que te poidas sentir membro e busca elementos do teu vestir, do teu comportamento, dos teus gustos musicais, da túa forma de falar, etc. que indiquen que pertences a esas comunidades. 2 Compara os elementos que encontraches cos propostos por algúns dos teus compañeiros e mira en que se parecen e en que se diferencian. 3 Explica o significado de cada un destes sinais establecendo relacións entre as partes do significado e as partes do significante. 4 Contesta. Que elementos dos sinais anteriores son máis difíciles de interpretar e por que? En que se parecen os seus significantes e os seus significados? 5 Os debuxos de sinais do exercicio 3 denomínanse iconas. Contesta. Que quere dicir esta palabra? En que se diferencian signos, iconas e síntomas? 6 Contesta. Cal destes dous sinais é máis fácil de interpretar? Cal é máis adecuado para un lugar público? Xustifica as respostas. 7 Contesta. Por que o sinal da dereita do exercicio 6 non é unha icona? A C T I V I D A D E S Signo significante significado 'parar' can ▼ ▼ As persoas xordas comunícanse por medio dunha linguaxe baseada en acenos. por favor grazas síntoo 1 11 F U N C I O N A M E N T O D A L I N G U A

Características da linguaxe humana A linguaxe humana é unha ferramenta moi poderosa. Entre as súas características cómpre destacar a arbitrariedade, a creatividade, a economía, a gramática e a transmisión cultural. A arbitrariedade Na linguaxe humana non existe unha relación obrigatoria entre o significado e o significante; nada no significante implica un determinado significado nin á inversa. Por iso se di que a linguaxe é arbitraria: a relación entre significado e significante establécese por convención social e non é natural. Este feito é importante porque permite que a linguaxe varíe segundo as comunidades: os galegos chamámoslle muller ao 'ser humano femia'; os ingleses, woman; os holandeses, vrouw. A variación existe incluso dentro dunha mesma lingua: uns falantes de galego din cimós para o que outros chaman grelos. A mesma arbitrariedade existe coas regras para combinar os signos. En linguas coma o galego colócase o suxeito, seguido do verbo e os complementos: Os nenos comen as filloas; en linguas coma o latín colócase primeiro o suxeito, despois os complementos e o verbo: Pueri equos spiciunt «Os nenos miran os cabalos» (literalmente, Os nenos os cabalos miran). A creatividade A linguaxe componse dun conxunto de palabras denominado vocabulario, sempre ampliable; ninguén coñece todo o vocabulario dunha lingua nin todo el está contido no dicionario máis completo. O vocabulario amplíase introducindo novas palabras para designar novas entidades: Comprei o billete na web da aeroliña, Moito goza no karaoke; ou formando novas palabras mediante procesos de derivación ou de composición: espantar > espantable 'que pode ser espantado' > inespantable 'que non pode ser espantado'. Sempre que sexa preciso transmitir o noso pensamento, podemos expandir un enunciado sumándolle novos elementos: Vexo a casa Xa vexo a casa Xa non vexo a casa Agora xa non vexo a casa Desde agora xa non vexo a casa Desde agora xa non vexo ben a casa O único límite á expansión dun enunciado é a memoria humana e a capacidade para producírmolo ou entendérmolo. Canto máis longo ou complexo sexa un enunciado, máis difícil será de producir ou de descodificar. A linguaxe é creativa, pois sempre nos proporciona medios para crearmos enunciados con que expresar calquera pensamento. A economía Con poucos signos e regras básicas para combinalos, podemos expresalo todo. Pensa nos verbos cantar e calar que ves no exemplo da marxe. A raíz que se relaciona co significado 'cantar' (cant-) ou 'calar' (cal-) mantense sempre común; a ela engádense outros morfemas que expresan significados parciais: -s 'ti', -mos 'nós', -des 'vós', -n 'eles/elas'; estes morfemas aparecen noutros verbos con idéntico significado: colle-s, colle-mos, colle-des, colle-n; parte-s, parti-mos, parti-des, parte-n. 3. Unha das características máis salientables da linguaxe humana é a economía: cun número restrinxido de fonemas, morfemas e regras podemos construír un número infinito de mensaxes. cantas calas cantamos calamos cantades calades cantan calan 12 F U N C I O N A M E N T O D A L I N G U A

O carácter articulado da linguaxe faina económica e fácil de usar. De non ser así, a linguaxe debería ter unha forma para cada significado, de modo que 'ti calas' e 'nós calamos' deberían expresarse sen ningún risco común. Os procesos de formación de palabras fan tamén a linguaxe máis económica: se non fose así, teriamos que ter palabras completamente distintas para os significados 'arquivo' , 'arquiveiro' e 'arquivar' . A gramática A linguaxe conta cun conxunto de regras denominado gramática que os falantes usan para combinar palabras e morfemas; grazas á gramática crean e interpretan as palabras e os enunciados novos. Todas as linguaxes humanas teñen gramática . É unha idea falsa que unhas gramáticas sexan máis fáciles de aprender ou máis precisas ou perfectas ca outras. Compara o galego e o inglés nos seguintes enunciados: Eu xogo todos os días I play every day Ti xogas todos os días You play every day Nós xogamos todos os días We play every day O neno xoga todos os días The boy plays every day Os nenos xogan todos os días The boys play every day Xogades todos os días You play every day En galego, a forma do verbo xogar cambia ao variar o suxeito (Eu xogo, Ti xogas); en inglés só a terceira persoa de singular do verbo cambia (The boy plays). En galego, o artigo concorda en número co substantivo; en inglés, o artigo ten unha soa forma, the boy / the boys. En galego podemos omitir o suxeito, pois está marcado pola forma do verbo (Xogades todos os días); en inglés é sempre preciso, pois o verbo por si só non basta (I / You / We play every day). A transmisión cultural Aínda que o ser humano está bioloxicamente preparado para desenvolver a linguaxe e hai zonas do cerebro dedicadas a procesala, o seu desenvolvemento non se produce se o neno non se encontra nun contexto adecuado. A linguaxe adquírese coma outros trazos culturais, grazas ao contacto que os nenos teñen cos pais, irmáns, amigos e profesores. Por esta razón adquirimos formas concretas de linguaxe, que están no noso ambiente e que podemos denominar lingua, o xeito específico en que unha comunidade crea signos e os combina para se expresar. 8 Compara estas palabras galegas, francesas e inglesas e mira se hai algunha relación entre os significados e os significantes. inglés galego francés to miaow [miau] miañar~miar miauler [miolé] cuckoo [cúcu] cuco coucou [cucú] tick tictac tictac thud [zod] pum pa˜ n [pa] 9 Compara estas oracións en castelán e en galego, clasifica as diferenzas segundo sexan léxicas ou gramaticais e explica estas últimas. Hoy he comido temprano. Hoxe comín cedo. Ayer comí temprano. Onte comín cedo. Ayer te vi. Onte vinte. Ayer te di dinero. Onte deiche cartos. Si venís, avisad. De virdes, avisade. A C T I V I D A D E S 1 13 F U N C I O N A M E N T O D A L I N G U A

Unha persoa que ten ben desenvolvida a súa competencia pragmática no uso da lingua sabe como convencer os demais. O uso da linguaxe Para comunicármonos eficazmente precisamos máis coñecementos ca a lingua que dominamos. Xa falamos de que nos axudamos dos acenos para expresar máis afinadamente o que pensamos. Pero ademais son precisos outras destrezas e uns coñecementos sobre o mundo. No primeiro caso, cómpre ter en conta o contexto comunicativo, definido por: Que pretendemos do noso interlocutor?, que nos informe sobre algo?, que faga unha tarefa?, queremos contarlle algún suceso? Que relación temos con el? É un amigo, un familiar, un descoñecido? Canta información compartimos sobre o asunto?, canto sabe do tema? Está ao noso lado?, falamos por teléfono?, vemos as mesmas cousas? En que ambiente se produce o acto comunicativo?, na casa?, no instituto? Todos estes factores importan, porque determinan a forma que toma o enunciado. Non resulta o mesmo enunciado se os interlocutores saben por igual de que están a falar ou se só un deles domina o tema. Non é igual un enunciado que pretende influír na conduta do interlocutor se os participantes son dous amigos ou se son pai e fillo. Para poder producir e descodificar enunciados cómpre ter un coñecemento do mundo compartido e ser capaz de pórse no lugar do interlocutor para saber o que pretende. A competencia comunicativa Moitos dos elementos que constitúen a lingua teñen outra función adherida á de significante de signo: o seu uso non só transmite o noso pensamento, senón tamén a nosa actitude. Isto é posible grazas a que en moitos casos existe máis dun xeito de expresar o mesmo pensamento e a que cada unha desas posibilidades ten un valor social . O pronome eu carece de máis valor social ca o de transmitir o significado 'eu'. O pronome ti, alén de significar 'ti ', indica un certo grao de igualdade; o pronome vostede tamén se refire ao significado 'ti ', pero engade ademais un valor de respecto. O mesmo poderiamos sinalar de moitas outras formas lingüísticas: a palabra mexo significa o mesmo ca ouriños, pero mentres que mexo é unha palabra propia dun contexto informal , ouriños emprégase nun contexto formal . Saber adaptar a lingua ao contexto social en que un se encontra e coñecer os valores atribuídos ás formas lingüísticas denomínase competencia sociolingüística. Por outra parte, ao falarmos debemos ter en conta o que pretendemos do noso interlocutor. Unhas persoas son máis hábiles ca outras convencendo os demais, de modo que conseguen que actúen como elas queren. Ademais, debemos saber cando falar, que cousas podemos dicir e cales temos que calar. Esta capacidade de convencer os demais e saber usar a linguaxe no noso proveito chámase competencia pragmática. Ninguén produce frases illadas. Os nosos enunciados son máis longos e conteñen varias frases entrelazadas, dependen dos que producen os nosos interlocutores e mestúranse con eles, de xeito que van creando un texto, un conxunto de enunciados con sentido completo. Os saberes que nos permiten crear textos denomínanse competencia textual. Finalmente, o coñecemento estritamente lingüístico, das formas lingüísticas e de como se combinan para construír enunciados soltos, denomínase competencia lingüística; abarca a gramática e o vocabulario. A suma de todos estes coñecementos que nos permiten comunicarnos eficazmente chámase competencia comunicativa. 4. 5. 14 F U N C I O N A M E N T O D A L I N G U A

A lingua é un organismo vivo, en constante cambio e crecemento. Por iso, en paralelo á súa evolución, desenvólvense estudos que a analizan desde dentro e desde fóra. O estudo da linguaxe A linguaxe é un fenómeno complexo e pode estudarse desde distintas perspectivas. A Lingüística xeral preocúpase por estudar a estrutura da linguaxe humana en xeral, sen cinguirse a unha lingua soa. En cambio, a Lingüística descritiva ocúpase de describir e analizar como é unha lingua en concreto. A Lingüística histórica estuda como as linguas cambian ao longo do tempo. A Lingüística sincrónica estuda unha lingua nun momento da súa historia . A linguaxe ten unha estrutura interna que permite segmentala en compoñentes. O estudo conxunto da fonética, a fonoloxía, a morfoloxía e a sintaxe denomínase Gramática. Compoñentes da Gramática Fonética Describe como se pronuncian os sons. Fonoloxía Estuda como as linguas usan os sons para compor significantes. Morfoloxía Estuda a estrutura interna das palabras. Sintaxe Analiza como se combinan as palabras para producir enunciados e oracións. A Semántica estuda os significados da lingua e como se relacionan entre si. Finalmente, a Lingüística textual analiza como se constrúen os textos. Existen, ademais, disciplinas que analizan a linguaxe en relación cun contexto concreto. A Dialectoloxía estuda como varía unha lingua ao longo dun territorio. A Sociolingüística analiza como varía a lingua entre os grupos sociais. A Socioloxía da linguaxe interésase polas relacións que a lingua establece coa sociedade, comprobando, por exemplo, o que cre a xente sobre as linguas que fala ou coñece; ou, se se falan varias linguas nunha comunidade, cales se usan e en que contextos. Tamén existen a Didáctica da lingua, que busca os mellores métodos para ensinar as linguas, e a Planificación lingüística, que se dedica a crear as formas de lingua estándar e a intervir nos patróns de uso das linguas nunha sociedade. Finalmente, a Adquisición de linguas tenta explicar como desenvolvemos a lingua materna ou outras que aprendamos despois (as chamadas segundas linguas). 6. 10 Estás lendo no teu cuarto, entra un amigo e diche: «Que calor! Como aguantas aquí pechado!?». Érgueste, deixas o libro e dis: «Vamos dar unha volta». Responde. Que significan literalmente os enunciados que compoñen a mensaxe do teu amigo? Paréceche «Vamos dar unha volta» unha resposta adecuada ao que literalmente che di o teu amigo? Que tería que dicir literalmente o teu amigo para que fixeses todo o que fas? Como se establece a relación entre o significado literal das oracións do teu amigo e a túa reacción? Que competencias das vistas no texto pos en acción para explicar esta situación? 11 Responde. En que disciplinas lingüísticas encontrariamos oracións coma estas? Ten en conta que pode haber máis dunha resposta. A maioría das linguas teñen verbos e substantivos. Tía, fillo, pai, nai, irmán, avó, nora son palabras relacionadas porque designan relacións familiares. No paso do latín ao galego, desaparece o -L- intervocálico: Populum → poboo → pobo. En Muros dise a noite, pero en Louro dise a nuite. O sufixo -des úsase para expresar a segunda persoa de plural: colledes. Coas partículas negativas non, nin, ninguén o pronome colócase proclítico: non o vexo. Sería bo aumentar o uso do galego nos xornais. A C T I V I D A D E S 1 15 F U N C I O N A M E N T O D A L I N G U A

A latinización Cando no ano 137 a . C. os romanos entran por primeira vez en contacto co territorio que hoxe chamamos Galicia encontran un conxunto de pobos diferentes que posiblemente tiñan culturas e linguas distintas. Tras a conquista definitiva do noroeste da Península , contra o 16 a . C., o territorio actual de Galicia é integrado na provincia Tarraconense e subdividido en tres unidades administrativas chamadas conventos: o convento Asturicense, con capital en Astorga , e que agrupa a actual área ásturleonesa e o leste de Ourense; o convento Bracarense, con capital en Braga , e que abarca desde o norte do Douro ata o sur das actuais provincias de Pontevedra e Ourense; e o convento Lucense, con capital en Lugo, e que en- globa a zona norte de Galicia . Entre os séculos iii e iv, o emperador Diocleciano reagrupa estes tres conventos nunha nova provincia , Gallaecia . Á súa vez, cada un destes conventos estaba dividido en populi ou civitates, que cadraban con divisións étnicas prerromanas e que agrupaban poboacións con certa identidade cultural e lingüística . O exército foi unha das vías de latinización máis importantes dos galaicos. Os homes dos territorios conquistados eran recrutados para os exércitos romanos; ao se licenciaren , algúns volvían á súa terra , pero outros ficaban a vivir no lugar en que estiveran destinados. Por estas razóns, os soldados galaicos acababan sabendo falar latín e moitos soldados forasteiros latinizados ficaban na Gallaecia . Alén dos militares, á Gallaecia tamén viñeron funcionarios do Imperio e comerciantes que falaban latín . O latín era a lingua do Imperio, da administración , dos mandos militares e dos poderes civís e relixiosos; así mesmo, era a única lingua escrita , pois os galaicos non escribían os seus idiomas. Deste xeito, o latín alcanzou un prestixio maior ca as linguas preexistentes e os habitantes nativos acabaron por abandonar os seus idiomas a prol do latín , producíndose unha serie de procesos de substitución lingüística . No século V é posible que non quedasen restos das linguas galaicas antigas; nese momento entran na Gallaecia os suevos, que forman un reino que dura arredor de 150 anos; despois, os visigodos, que ocuparan no seu momento o resto da Península , acaban tamén integrando na súa monarquía os territorios gobernados polos suevos. Suevos e visigodos foron unha poboación guerreira e pouco numerosa . O maior prestixio social e cultural dos habitantes romanizados da Península fixo que tamén os bárbaros acabasen por abandonar as súas respectivas linguas e se latinizasen noutro proceso de substitución lingüística . O latín da Península Como acontece con todas as linguas, o latín que a xente común falaba non era exactamente o latín que se empregaba na lingua oficial e literaria, pois estaba segmentado en diversos dialectos e sociolectos; ademais, había xentes que o adquiriran como lingua materna , mentres que outras persoas o aprenderan como segunda lingua para relacionarse cos romanos. Este latín falado comunmente chámase latín vulgar. Por outra parte, o latín ía mudando co paso do tempo, de modo que unhas provincias romanas foron latinizadas cunha variedade de latín máis antigo (a Bética comezou a latinizarse entre os séculos iii e ii a . C.) e outras con outra variedade de latín máis tardío. A Gallaecia comezou a latinizarse desde o século i a . C.; o dialecto con que se latinizou esta provincia tiña a súa orixe na Bética , onde se falaba un latín máis conser vador ca o da metrópole. 1. 2. 3.  Do latín ao galego 16 A L I N G U A E O S S E U S F A L A N T E S

O lat ín v u lga r ibér ico presentaba trazos que o facían d ist into do lat ín doutras prov incias: usábanse, por exemplo, os verbos quaerere 'querer' e non volere (f rancés vouloir), fabulari ' fa la r' e non parabolari (f rancés parler); e o nome caseus 'quei xo' e non format icus (f rancés f romage). A aparición do galego e dos outros romances peninsulares Cando no 711 se produce a entrada na Península dos musulmáns, o latín vulgar ibérico xa estaba fragmentado en dialectos: a palabra latina portam 'porta' pronunciábase nunhas zonas puorta, puerta ou puarta, mentres que noutras se pronunciaba porta; a palabra latina lunam ' lúa' pronunciábase nunhas zonas lluna, mentres que noutras se pronunciaba luna; a palabra latina aream 'eira' cambiara para aira nunhas zonas e noutras para eira. Os musulmáns conquistaron rapidamente toda a Península , coa excepción do norte. Chegaron ao río Miño, onde detiveron o seu avance; só o cruzarían en expedicións militares. Arredor do ano 741 abandonaron a rexión comprendida entre o Douro e o Miño, onde ficaron vivindo os antigos moradores. A partir deste momento, a Gallaecia vese libre da dominación musulmá . As zonas da Península que ficaron baixo o poder musulmán foron pouco a pouco aban- donando o mozárabe, o romance que alí se xerara, e pasaron a falar variedades do árabe, lingua que usaron os mouriscos que viviron en España ata a súa expulsión en 1610. Tanto na Gallaecia coma nas outras rexións do norte continuouse falando romance, que seguiu evolucionando e afastándose do latín ; este último empregábase cada vez máis só como lingua escrita . Pola súa parte, o latín escrito ía paulatinamente agregando máis e máis interferencias do romance e afastándose do latín literario escrito noutrora . De feito, o latín xa se aprendía como unha lingua distinta . Nalgún momento da historia , e coma noutras parte da Europa románica , as per - soas alfabetizadas decatáronse de que falaban dun xeito e escribían doutro; de feito, existían xa unha literatura que se expresaba en latín e outra en romance. Na Gallaecia produciuse literatura amorosa no romance da zona , que podemos chamar galego-portugués. Noutras áreas da Península , usábanse outros romances: leonés, castelán , aragonés, catalán . Máis adiante, comezou a empregarse o romance para escribir documentos oficiais e, finalmente, na prosa literaria . A Reconquista foi co tempo avanzando cara ao sur, de modo que os hispanocristiáns do norte gañáronlles terreo aos hispanomusulmáns. Consonte baixaba a fronteira política , os cristiáns do norte poboaban as zonas conquistadas e levaban as diversas modalidades de romance: os portugueses, o portugués; os leoneses, o leonés; etc. Este feito de levar as falas do norte para o sur explica a actual distribución das linguas e dialectos na península ibérica . Desde ese momento, as fronteiras lingüísticas principais da península ibérica baixan de norte a sur e por iso encontramos unha sucesión de linguas que vai de occidente a oriente. 3. 1 Repara nestas palabras, en diferentes idiomas. Agrupa as linguas polas súas similitudes lexicais e sinala que linguas se parecen máis. Contesta. A que atribúes estas semellanzas e diferenzas lexicais entre linguas? Responde. A que se deben as diferenzas que separan ciego, cego e cieco, ou as que separan muller e mujer? A C T I V I D A D E S romance ad x. e s. m . (Lingua) que procede do latín , coma o galego, o portugués, o castelán , o catalán , o asturiano, etc. Adoita empregarse este termo para denominar as variedades ling ísticas que resultaron da evolución do latín nos distintos territorios en que se falou esta lingua . 1 galego máis cego ferver muller castelán más ciego hervir mujer francés plus aveugle boullir femme italiano più cieco bollire donna 17 A L I N G U A E O S S E U S F A L A N T E S

RkJQdWJsaXNoZXIy