As comunidades e a linguaxe Os seres humanos son animais sociais: nunca viven sós, senón en comunidade con outras persoas. O il lamento dunha persoa prodúcese comunmente como castigo, coma cando mandan á prisión un delincuente; ou resulta dunha situación anormal , coma unha doenza , un accidente, un secuestro, etc. O tamaño e forma das comunidades varía segundo o punto de vista desde o que as consideremos e tamén segundo as culturas. Por exemplo, ti e a túa familia formades unha comunidade; con todo, tamén ti e os teus amigos creades unha comunidade distinta; por outra parte, ti, os teus compañeiros da clase e os teus profesores conformades unha comunidade escolar coas súas propias pautas de comportamento. Finalmente, tamén pertences a outra comunidade máis ampla, integrada por persoas con que tes unha relación menos estreita ou, incluso, con que non tes relación directa: os veciños do barrio, aldea, parroquia, concello… Disto resultan dúas conclusións importantes: O concepto de comunidade é flexible e aplícase a grupos distintos de persoas. Unha persoa pertence a varias comunidades a un tempo. Outros animais tamén viven en comunidade e teñen que relacionarse uns cos outros. Pensemos nas formigas, que viven en colonias de millóns de individuos, en que uns buscan alimentos, outros atenden as crías, outros defenden o grupo dos agresores; ou nas mandas de leóns, que deben organizarse ben e posuír boas estratexias de caza . Os animais teñen que ser capaces de comunicarse cos seus semellantes. As abellas obreiras preci san transmitir ás súas compañeiras onde se localiza a fonte de pole que usan para elaboraren o mel . Os cans poden usar o rabo para transmitir mensaxes: cando meten o rabo entre as patas están a mostrar submisión . Algúns monos emiten un berro especial cando se ven ameazados por algún depredador. Os seres humanos di feréncianse dos animai s polo xeito en que int eraccionan os membros das súas comunidades. Entre os humanos existe profesorado, que transmite coñecementos; persoal médico, que cura doenzas; profesionais da xustiza , que axudan a resolver conf litos. Pensa ademais que entre os humanos existen institucións como o matrimonio, a reli xión, as leis, o diñeiro. Os humanos tamén manexamos e construímos instrumentos mái s complexos ca os animai s ( pas, bolígrafos, automóbiles, ordenadores): uns fabrican os instrumentos, outros ensinan a usalos e outros só os usan . Nada disto existe no mundo animal . A linguaxe humana é unha ferramenta imprescindible para podermos vivir no mundo tan complicado que creamos. Por moi difíciles ou sorprendentes que nos poidan parecer os medios de comunicación que os animai s posúen , ningún deles chega ao grao de complexidade da linguaxe humana e ningún deles ten a súa capacidade comunicativa . A linguaxe humana: o signo lingüístico A linguaxe humana serve para transmitírmoslles aos membros das nosas comunidades os nosos desexos, necesidades, instrucións, as razóns que temos para actuarmos, etc. Chámaselle comunicación á transmisión do que sucede nas nosas mentes ás mentes dos outros, información ao contido transmitido e linguaxe ao medio. A linguaxe realiza esta transmisión a través de cadeas de sons, trazos pintados nun soporte (papel , madeira , cerámica) ou acenos feitos coas mans ou coa cara . Pero a linguaxe humana adoita escoller un medio sonoro, isto é, determinadas combinacións de sons producidos coa boca transmiten os pensamentos. 1. 2. Determinados xestos transmiten unha mensaxe clara. Na imaxe, a atleta galega Ana Peleteiro fai un xesto que demostra a súa emoción ao ganar a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos. 2. A comunicación e a linguaxe 10 F U N C I O N A M E N T O D A L I N G U A
RkJQdWJsaXNoZXIy