As persoas xordas de nacemento non poden percibir sons, polo que transmiten os seus pensamentos por medio de acenos que efectúan coas mans; para elas a linguaxe adopta un medio exclusivamente visual . As persoas que oímos tamén usamos xestos ou outras formas de comunicación : cando falamos, movemos as mans ou facemos xestos coa cara , coma cando xiramos a cabeza dun lado a outro ao dicirmos 'non'. Estes recursos, chamados paralingüísticos, acompañan a linguaxe humana co fin de axudar a expresarnos dun xeito máis completo. Con todo, estes acenos non son de carácter lingüístico, pois non cumpren os requisitos que exporemos no seguinte capítulo. Os lingüistas adoitan chamar significado ao conxunto de pensamentos que queremos transmitir, significante ao xeito que empregamos para facelo e signo á unión dun significado e un significante. Existen moitos tipos de signos, coma a luz dos semáforos: a cor verde é o significante que transmite o significado 'podes pasar'; a vermella , o significado 'tes que deterte'; a amarela que pestanexa , o significado 'vai con coidado'. O máis importante do significante é que sexa perceptible polos sentidos (vista ou oído) e que o seu significado sexa coñecido por todos os membros da comunidade. Se os significantes non cumpren estes requisitos, non transmiten información e non se produce a comunicación . Velaquí tes dous exemplos de signos, un visual e outro oral . No primeiro signo representamos o significado con palabras escritas entre comiñas simpl es; esta será a convención que adopt emos desde agora . No segundo signo, empregamos palabras escritas para representar o signi f icant e oral . Nest e caso, o medio visual (as palabras escritas) substitúe o medio sonoro (as palabras pronunciadas). Isto débese á imposibilidade de transmitírmosche por vía oral o significante do signo, pois non che podemos falar a ti directamente. Na seguinte unidade ref lexionaremos sobre as relacións entre a escrita e a fala . Os signif icantes sonoros poden representarse na escrita de distintos xeitos. Polo de agora empregaremos as cursivas: gato. 1 Intenta establecer tres comunidades das que te poidas sentir membro e busca elementos do teu vestir, do teu comportamento, dos teus gustos musicais, da túa forma de falar, etc. que indiquen que pertences a esas comunidades. 2 Compara os elementos que encontraches cos propostos por algúns dos teus compañeiros e mira en que se parecen e en que se diferencian. 3 Explica o significado de cada un destes sinais establecendo relacións entre as partes do significado e as partes do significante. 4 Contesta. Que elementos dos sinais anteriores son máis difíciles de interpretar e por que? En que se parecen os seus significantes e os seus significados? 5 Os debuxos de sinais do exercicio 3 denomínanse iconas. Contesta. Que quere dicir esta palabra? En que se diferencian signos, iconas e síntomas? 6 Contesta. Cal destes dous sinais é máis fácil de interpretar? Cal é máis adecuado para un lugar público? Xustifica as respostas. 7 Contesta. Por que o sinal da dereita do exercicio 6 non é unha icona? A C T I V I D A D E S Signo significante significado 'parar' can ▼ ▼ As persoas xordas comunícanse por medio dunha linguaxe baseada en acenos. por favor grazas síntoo 1 11 F U N C I O N A M E N T O D A L I N G U A
RkJQdWJsaXNoZXIy