252776

Características da linguaxe humana A linguaxe humana é unha ferramenta moi poderosa. Entre as súas características cómpre destacar a arbitrariedade, a creatividade, a economía, a gramática e a transmisión cultural. A arbitrariedade Na linguaxe humana non existe unha relación obrigatoria entre o significado e o significante; nada no significante implica un determinado significado nin á inversa. Por iso se di que a linguaxe é arbitraria: a relación entre significado e significante establécese por convención social e non é natural. Este feito é importante porque permite que a linguaxe varíe segundo as comunidades: os galegos chamámoslle muller ao 'ser humano femia'; os ingleses, woman; os holandeses, vrouw. A variación existe incluso dentro dunha mesma lingua: uns falantes de galego din cimós para o que outros chaman grelos. A mesma arbitrariedade existe coas regras para combinar os signos. En linguas coma o galego colócase o suxeito, seguido do verbo e os complementos: Os nenos comen as filloas; en linguas coma o latín colócase primeiro o suxeito, despois os complementos e o verbo: Pueri equos spiciunt «Os nenos miran os cabalos» (literalmente, Os nenos os cabalos miran). A creatividade A linguaxe componse dun conxunto de palabras denominado vocabulario, sempre ampliable; ninguén coñece todo o vocabulario dunha lingua nin todo el está contido no dicionario máis completo. O vocabulario amplíase introducindo novas palabras para designar novas entidades: Comprei o billete na web da aeroliña, Moito goza no karaoke; ou formando novas palabras mediante procesos de derivación ou de composición: espantar > espantable 'que pode ser espantado' > inespantable 'que non pode ser espantado'. Sempre que sexa preciso transmitir o noso pensamento, podemos expandir un enunciado sumándolle novos elementos: Vexo a casa Xa vexo a casa Xa non vexo a casa Agora xa non vexo a casa Desde agora xa non vexo a casa Desde agora xa non vexo ben a casa O único límite á expansión dun enunciado é a memoria humana e a capacidade para producírmolo ou entendérmolo. Canto máis longo ou complexo sexa un enunciado, máis difícil será de producir ou de descodificar. A linguaxe é creativa, pois sempre nos proporciona medios para crearmos enunciados con que expresar calquera pensamento. A economía Con poucos signos e regras básicas para combinalos, podemos expresalo todo. Pensa nos verbos cantar e calar que ves no exemplo da marxe. A raíz que se relaciona co significado 'cantar' (cant-) ou 'calar' (cal-) mantense sempre común; a ela engádense outros morfemas que expresan significados parciais: -s 'ti', -mos 'nós', -des 'vós', -n 'eles/elas'; estes morfemas aparecen noutros verbos con idéntico significado: colle-s, colle-mos, colle-des, colle-n; parte-s, parti-mos, parti-des, parte-n. 3. Unha das características máis salientables da linguaxe humana é a economía: cun número restrinxido de fonemas, morfemas e regras podemos construír un número infinito de mensaxes. cantas calas cantamos calamos cantades calades cantan calan 12 F U N C I O N A M E N T O D A L I N G U A

RkJQdWJsaXNoZXIy