A lingua é un organismo vivo, en constante cambio e crecemento. Por iso, en paralelo á súa evolución, desenvólvense estudos que a analizan desde dentro e desde fóra. O estudo da linguaxe A linguaxe é un fenómeno complexo e pode estudarse desde distintas perspectivas. A Lingüística xeral preocúpase por estudar a estrutura da linguaxe humana en xeral, sen cinguirse a unha lingua soa. En cambio, a Lingüística descritiva ocúpase de describir e analizar como é unha lingua en concreto. A Lingüística histórica estuda como as linguas cambian ao longo do tempo. A Lingüística sincrónica estuda unha lingua nun momento da súa historia . A linguaxe ten unha estrutura interna que permite segmentala en compoñentes. O estudo conxunto da fonética, a fonoloxía, a morfoloxía e a sintaxe denomínase Gramática. Compoñentes da Gramática Fonética Describe como se pronuncian os sons. Fonoloxía Estuda como as linguas usan os sons para compor significantes. Morfoloxía Estuda a estrutura interna das palabras. Sintaxe Analiza como se combinan as palabras para producir enunciados e oracións. A Semántica estuda os significados da lingua e como se relacionan entre si. Finalmente, a Lingüística textual analiza como se constrúen os textos. Existen, ademais, disciplinas que analizan a linguaxe en relación cun contexto concreto. A Dialectoloxía estuda como varía unha lingua ao longo dun territorio. A Sociolingüística analiza como varía a lingua entre os grupos sociais. A Socioloxía da linguaxe interésase polas relacións que a lingua establece coa sociedade, comprobando, por exemplo, o que cre a xente sobre as linguas que fala ou coñece; ou, se se falan varias linguas nunha comunidade, cales se usan e en que contextos. Tamén existen a Didáctica da lingua, que busca os mellores métodos para ensinar as linguas, e a Planificación lingüística, que se dedica a crear as formas de lingua estándar e a intervir nos patróns de uso das linguas nunha sociedade. Finalmente, a Adquisición de linguas tenta explicar como desenvolvemos a lingua materna ou outras que aprendamos despois (as chamadas segundas linguas). 6. 10 Estás lendo no teu cuarto, entra un amigo e diche: «Que calor! Como aguantas aquí pechado!?». Érgueste, deixas o libro e dis: «Vamos dar unha volta». Responde. Que significan literalmente os enunciados que compoñen a mensaxe do teu amigo? Paréceche «Vamos dar unha volta» unha resposta adecuada ao que literalmente che di o teu amigo? Que tería que dicir literalmente o teu amigo para que fixeses todo o que fas? Como se establece a relación entre o significado literal das oracións do teu amigo e a túa reacción? Que competencias das vistas no texto pos en acción para explicar esta situación? 11 Responde. En que disciplinas lingüísticas encontrariamos oracións coma estas? Ten en conta que pode haber máis dunha resposta. A maioría das linguas teñen verbos e substantivos. Tía, fillo, pai, nai, irmán, avó, nora son palabras relacionadas porque designan relacións familiares. No paso do latín ao galego, desaparece o -L- intervocálico: Populum → poboo → pobo. En Muros dise a noite, pero en Louro dise a nuite. O sufixo -des úsase para expresar a segunda persoa de plural: colledes. Coas partículas negativas non, nin, ninguén o pronome colócase proclítico: non o vexo. Sería bo aumentar o uso do galego nos xornais. A C T I V I D A D E S 1 15 F U N C I O N A M E N T O D A L I N G U A
RkJQdWJsaXNoZXIy