A latinización Cando no ano 137 a . C. os romanos entran por primeira vez en contacto co territorio que hoxe chamamos Galicia encontran un conxunto de pobos diferentes que posiblemente tiñan culturas e linguas distintas. Tras a conquista definitiva do noroeste da Península , contra o 16 a . C., o territorio actual de Galicia é integrado na provincia Tarraconense e subdividido en tres unidades administrativas chamadas conventos: o convento Asturicense, con capital en Astorga , e que agrupa a actual área ásturleonesa e o leste de Ourense; o convento Bracarense, con capital en Braga , e que abarca desde o norte do Douro ata o sur das actuais provincias de Pontevedra e Ourense; e o convento Lucense, con capital en Lugo, e que en- globa a zona norte de Galicia . Entre os séculos iii e iv, o emperador Diocleciano reagrupa estes tres conventos nunha nova provincia , Gallaecia . Á súa vez, cada un destes conventos estaba dividido en populi ou civitates, que cadraban con divisións étnicas prerromanas e que agrupaban poboacións con certa identidade cultural e lingüística . O exército foi unha das vías de latinización máis importantes dos galaicos. Os homes dos territorios conquistados eran recrutados para os exércitos romanos; ao se licenciaren , algúns volvían á súa terra , pero outros ficaban a vivir no lugar en que estiveran destinados. Por estas razóns, os soldados galaicos acababan sabendo falar latín e moitos soldados forasteiros latinizados ficaban na Gallaecia . Alén dos militares, á Gallaecia tamén viñeron funcionarios do Imperio e comerciantes que falaban latín . O latín era a lingua do Imperio, da administración , dos mandos militares e dos poderes civís e relixiosos; así mesmo, era a única lingua escrita , pois os galaicos non escribían os seus idiomas. Deste xeito, o latín alcanzou un prestixio maior ca as linguas preexistentes e os habitantes nativos acabaron por abandonar os seus idiomas a prol do latín , producíndose unha serie de procesos de substitución lingüística . No século V é posible que non quedasen restos das linguas galaicas antigas; nese momento entran na Gallaecia os suevos, que forman un reino que dura arredor de 150 anos; despois, os visigodos, que ocuparan no seu momento o resto da Península , acaban tamén integrando na súa monarquía os territorios gobernados polos suevos. Suevos e visigodos foron unha poboación guerreira e pouco numerosa . O maior prestixio social e cultural dos habitantes romanizados da Península fixo que tamén os bárbaros acabasen por abandonar as súas respectivas linguas e se latinizasen noutro proceso de substitución lingüística . O latín da Península Como acontece con todas as linguas, o latín que a xente común falaba non era exactamente o latín que se empregaba na lingua oficial e literaria, pois estaba segmentado en diversos dialectos e sociolectos; ademais, había xentes que o adquiriran como lingua materna , mentres que outras persoas o aprenderan como segunda lingua para relacionarse cos romanos. Este latín falado comunmente chámase latín vulgar. Por outra parte, o latín ía mudando co paso do tempo, de modo que unhas provincias romanas foron latinizadas cunha variedade de latín máis antigo (a Bética comezou a latinizarse entre os séculos iii e ii a . C.) e outras con outra variedade de latín máis tardío. A Gallaecia comezou a latinizarse desde o século i a . C.; o dialecto con que se latinizou esta provincia tiña a súa orixe na Bética , onde se falaba un latín máis conser vador ca o da metrópole. 1. 2. 3. Do latín ao galego 16 A L I N G U A E O S S E U S F A L A N T E S
RkJQdWJsaXNoZXIy