Do latín ao galego O cambio lingüístico pode afectar á pronuncia , á morfoloxía , á sintaxe ou ao léxico dunha lingua . A seguir presentamos algúns dos cambios no latín que acabaron producindo a aparición do galego. O léxico Como os romanos non vivian illados dos outros pobos, senon que se relacionaban , guerreaban e comerciaban con eles, podian tomar palabras prestadas: o latin , por exemplo, tomou do celta carrus 'carro' e camisia 'camisa'. Estas influencias entre linguas parellas en prestixio denomínanse de adstrato. Por outra parte, antes de chegaren os romanos a Peninsula , esta xa estaba habitada por pobos que falaban as súas propias linguas (algunhas eran indoeuropeas coma o latín dos romanos, e outras, como o vasco, non). Xa sabemos que, co tempo, estas linguas foron eliminadas polo latín . Ora ben , antes de desapareceren , deixaron algunhas pegadas no latin vulgar hispánico. As influencias que as linguas anteriores á romanización exerceron sobre o latín denomínanse de substrato. Elementos de substrato tomados de linguas prerromanas son palabras como amorodo, coto, billa e bidueiro. Os pobos prerromanos que habitaban a Gallaecia deixaron tamen abundantes toponimos ou nomes de lugar : Arzúa, Barallobre (e moitos doutros rematados en -obre, coma Callobre), Tambre, Barbanza, etc. Tras a romanización , produciuse a entrada dos pobos barbaros que acabou co Imperio; canda eles, penetraron tamén no latin hispanico palabras suevas, como laverca, e visigodas como elmo e roupa. Estas influencias posteriores á romanización denomínanse de superestrato. Os xermanos deixaron tamen moitos toponimos como Guitiriz, Goiáns, Suevos, Forcarei, Sas, Boiro. Asi mesmo, a influencia dos pobos xermanicos na antroponimia foi importantisima : Elvira, Luís, Fernando, etc. Tras a conquista da península ibérica polos musulmáns no ano 711, produciuse unha longa convivencia de máis de oito séculos entre cristians e arabes que trouxo consigo novas influencias de superestrato, neste caso, palabras arabes como arroz, aceite, aldea e alfombra. É de notar que cando estas palabras comezaron a aparecer, a lingua falada xa estaba en camiño de ser un romance e non debe ser considerado xa latín vulgar. Ao longo da Idade Media, a traves do Camino de Santiago e das relacions comerciais e culturais con Europa, entrou moito lexico de orixe gala, como trobador e homenaxe. A morfoloxia A morfoloxia do latin vulgar hispánico tamen cambiou ; por exemplo, nos substantivos, adxectivos e pronomes, o latin cambiaba a forma final das palabras para marcar as súas funcions sintácticas na frase e na oracion ; estas modificacións chámanse casos: o suxeito marcabase co caso nominativo e o obxecto directo co acusativo. No paso do latin ao galego perderonse os casos e as funcions pasaron a ser marcadas pola posicion das palabras na oración ou polas preposicions: do latin Puer equos videt («neno cabalos ve») e Ego puerum video («eu neno vexo») pasouse ao galego O neno ve os cabalos e Eu vexo o neno; do latín domus patris ao galego a casa do pai . Cando puer 'neno' e suxeito aparece sen terminacion (é o caso nominativo); cando e obxecto directo aparece coa terminacion –um, puerum (é o caso acusativo). En canto a morfoloxia verbal , cabe sinalar que o latin tina mais tempos verbais ca o galego. Por exemplo, existia unha forma especial para cando o verbo estaba en voz pasiva (video 'vexo' fronte a videor 'son visto'); o galego eliminou as formas especiais da pasiva e só conser vou a forma perifrástica (ser + participio). Outros cambios teñen que ver co número de conxugacións verbais: o latín tiña catro conxugacións, que no galego se reduciron a tres. 4. O substantivo castro é un termo de orixe prerromana. Cultismos Palabras tomadas directamente do latín e do grego e l ixei ramente adaptadas á morfoloxía do galego: colación. Semicultismos Palabras que só pasaron por algunhas das evolucións posibles e ficaron a medio camiño entre o latín e o galego: igrexa. Palabras patrimoniais Palabras que estiveron sempre no fondo léxico do galego e pasaron por todas as evolucións fonét icas correspondentes: coello. 18 A L I N G U A E O S S E U S F A L A N T E S
RkJQdWJsaXNoZXIy