A sintaxe Tamén a sintaxe cambiou . Como viamos no exemplo da páxina anterior, Puer equos videt, en latín a orde natural da oración era suxeito (puer) + obxecto directo (equos) + verbo (videt); en galego pasou a ser suxeito (o neno) + verbo (ve) + obxecto directo (os cabalos). Outra diferenza sintactica é a presenza do artigo definido en galego, inexistente en latín . A pronuncia Na pronuncia tamén se produciron cambios. O latín tiña dez vogais diferentes que se distinguían , entre outros trazos, pola súa duración : cinco vogais longas e cinco vogais breves. O galego eliminou esta diferenza e pasou a un sistema de sete vogais, con dúas parellas de vogais medias: pé [pɛ] e póla [pɔla] fronte a pe [pe] e pola [pola]. O galego tam n desenvolveu moitos ditongos que non exist an en lat n : aurum > ouro, caseum > quei xo. Unha importante fonte destes ditongos foi o cambio dos grupos de consoantes -ct- e -lt-: luctam > loita , multum > moito. Nas consoantes os cambios foron considerables. As consoantes oclusivas xordas latinas /p, t, k/ transformáronse en /b, d , g/ se an entre vogais: aetatem > idade. A consoante [g ] inicial seguida de [e] ou [i] pasou de ser unha consoante oclusiva velar (como a inicial de gato) a ser unha africada postalveolar [dʒ] (coma a do inglés jump 'saltar'): gentem > gente 'xente'. A consoante [n] situada entre dúas vogais desapareceu tras deixar nasalizada a vogal anterior : veranum > verão. A consoante [n :], que era longa , fíxose breve e pasou a durar menos: cannam > cana. A consoante [ l] situada entre dúas vogais perdeuse sen mais e produciu hiatos: animales > animaes. A consoante [ l:], que era longa , fíxose breve e pasou a durar menos: collum > colo. 2 Explica as diferenzas e semellanzas entre as formas latinas e as galegas das formas de pretérito dos verbos habere e haber, respectivamente. 3 Busca a orixe etimolóxica das seguintes palabras. azucre babor comité cuscús esquerda guillotina pallaso petróleo tabaco 4 Explica as diferenzas e semellanzas entre estas palabras latinas e as súas descendentes galegas. regem > rei amicam > amiga capsam > caixa clavem > chave populum > pobo paleam > palla illam > ela amavi > amei 5 Antonio é un nome de orixe latina; María, de orixe xudía; Alberte, de orixe xermánica. Investiga sobre a orixe lingüística dos nomes de sete compañeiros ou compañeiras da clase, e tamén sobre a orixe do teu. 6 Escribe as palabras patrimoniais que se relacionan cos seguintes cultismos. clerical cátedra vínculo acuífero filial pétreo fríxido auricular pleno íntegro lácteo secreto popular pectoral capilar noctámbulo pluviosidade solitario 7 Completa a seguinte táboa cos termos que cumpran. Ten en conta que poden quedar ocos. A C T I V I D A D E S habui habuisti habuit habuimus habuistis habuerunt houben houbeches houbo houbemos houbestes houberon polas [polas] pólas [pɔlas] 1 latín cultismo semicultismo patrimonial articulum claviculam fabulare ecclesiam lunam oculum apiculam dominum 19 A L I N G U A E O S S E U S F A L A N T E S
RkJQdWJsaXNoZXIy